Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5512

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG do 13 de xuño), e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións que lle confire o artigo 36 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, esta reitoría

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral (rúa da Mestranza, n.º 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña e Doutor Vázquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol) ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo no que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela se derivaren, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

N.º de posto

Denominación

Centro

Tipo

Grupo

C. destino

C. específ.

F. provisión

2

Secretario/a do reitor

Secretaría do reitor

S

A2, C1

22

620.78

Libre
designación

3

Secretario/a

Secretaría do reitor

S

A2, C1

21

560.71

Libre
designación

60

Secretario/a

Vicerreitoría de Ferrol e responsabilidade social

S

A2, C1

21

560.71

Libre
designación

Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para cada posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña e os que pertenzan a corpos e a escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración Local, así como de escalas propias doutras universidades.

missing image file