Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 15 de novembro de 2011, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña).

Interesada: M.ª Josefa Codesido Millán.