Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.T. V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito:
Primeiro. Mediante escrito do 9.12.2011, Jesús Silva Vidal solicitou autorización para transmisión da concesión da batea J.T. V.
Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Fundamentos xurídicos:
Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 25 de novembro de 2009 de delegación de competencias nos xefes dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.
Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Acuicultura Mar de Arousa, S.L. (B-70314463), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: J.T. V.
Localización:
Cuadrícula n.º: 67.
Polígono: H.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde outorgamento: 29.2.1964.
Remate vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Jesús Silva Vidal e María del Carmen Hermo Mariño (33197478-Z; 33220413-H) 1/2 ganancial, Jesús Manuel Silva Hermo (76967652-S) 1/2 privativo.
Novo titular: Acuicultura Mar de Arousa, S.L. (B-70314463) 100%.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. O novo titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sin ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo da comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2012.
P.D. (Orde 10.1.2012; DOG n.º 8, do 12 de xaneiro)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña