Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa (expediente IN407A 2011/332-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Enderezo social: praza Dr. Carus, 7, 1.º C, edif. León XIII, 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Aguiúncho.

Situación: A Illa de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1. de 520 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Xufre e final na arqueta situada á altura do C.T. de Aguiúncho que se vai desmontar, unha vez entre e saia no novo C.T. proxectado Aguiúncho. Centro de transformación de 400 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado na rúa Aguiúncho, A Illa de Arousa. Rede de baixa tensión subterránea con orixe no C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra