Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Páramo (expediente IN407A 2011/6-2, 7845 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: José Antonio Vázquez Meilán.

Domicilio social: Escouprín, Friolfe, O Páramo.

Denominación: L.M.T.A. e C.T. intemperie para explotación agropecuaria e o seu anexo.

Situación: concello do Páramo.

Características técnicas:

• L.M.T.A. a 20 kV con orixe nun apoio que vai instalar a compañía distribuidora na liña que alimenta o C.T. (27ª776) e final no C.T. proxectado, cunha lonxitude de 25 metros en condutor LA-56.

• C.T.I. sobre apoio de formigón, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de xuño de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo