Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito da acta de constitución e dos estatutos da organización sindical denominada Traballadores da Sanidade Pública.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da organización sindical denominada Traballadores da Sanidade Pública que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación todos/as os/as traballadores/as que presten ou prestasen servizos nunha empresa pública dedicada á actividade sanitaria.

Asinan a acta de constitución: María Elisa Bouzas Gómez, Cándido Sartier Boubeta e Enrique Márquez Cortizo.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais