Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 17 de xaneiro de 2012 de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural de Francos-Penelas-A Barciela e a modificación de ordenanzas, disposicións de carácter xeral e o réxime de aplicación ás edificacións fóra de ordenación do Concello de Outeiro de Rei ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural de Francos-Penelas-A Barciela e a modificación de ordenanzas, disposicións de carácter xeral e o réxime de aplicación ás edificacións fóra de ordenación do Concello de Outeiro de Rei, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental