Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número RR/AU/2011/00006.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na avenida Gravanxa, 86, Sigueiro, concello de Oroso (A Coruña), a resolución que desestima o recurso de reposición número AU-2011/00006, formulado contra a resolución do director xeral de Urbanismo do 16 de xullo de 2007, pola que se impón unha multa coercitiva polo importe de 6.000 euros, como consecuencia do incumprimento da Resolución do 19 de marzo de 2007, da cal a súa parte dispositiva di:

«Resolvo desestimar o recurso de reposición número RR/AU/2011/00006, interposto por Severino Cándido Paz García, fronte á resolución do director xeral de Urbanismo do 16 de xullo de 2007, pola que se impón unha multa coercitiva polo importe de 6.000 euros, como consecuencia do incumprimento da Resolución do 19 de marzo de 2007, confirmando en todos os seus termos a resolución impugnada.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas