Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número RR/U/2008/00190, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada, Purificación Taboada Docasar, co último domicilio coñecido na avenida da Estación 21, Os Peares, Ourense, a resolución que revoga a resolución interposta e acepta o recurso potestativo de reposición número RR/U/2008/00190, interposto por Dolores González González, formulado contra a Resolución do director xeral de Urbanismo do 15 de outubro de 2007, pola que se declara que as obras de construción de vivenda unifamiliar promovidas pola recorrente, no lugar da Granxa, no concello de Carballedo, son ilegalizables, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico, e se ordena a súa demolición e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, prohibindo definitivamente os usos a que desen lugar; a parte dispositiva daquela di:

«RESOLVO:

1. Revogar a resolución do secretario xeral técnico de la CMATI, do 19 de abril de 2011, pola que se rexeita o recurso potestativo de reposición número RR/U/2008/00190, interposto contra a Resolución do director xeral de Urbanismo do 15 de outubro de 2007, pola que se declara que as obras de construción da vivenda unifamiliar promovidas pola recorrente, no lugar da Granxa, no concello de Carballedo, son ilegalizables, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico, e se ordena a súa demolición e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, prohibindo definitivamente os usos a que desen lugar, para o cal se fixa un prazo de dous meses, co apercibimento de que no caso de incumprimento do ordenado se procederá á súa execución subsidiaria ou forzosa, neste último caso mediante a imposición das correspondentes multas coercitivas.

2. Aceptar o recurso potestativo de reposición número RR/U/2008/00190, interposto por Dolores González González, contra a Resolución do director xeral de Urbanismo do 15 de outubro de 2007, deixando sen efecto a dita resolución.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas