Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5420

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 1 de febreiro de 2012 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez presentada a renuncia pola vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Perpetuo Socorro Martín Hierro como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Ana Fonte Bouza, funcionaria pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Terceiro. Nomear vogal suplente do dito tribunal a Luis Vázquez Caruncho, funcionario pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda