Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5421

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 13 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.

Por Orde desta consellería do 26 de outubro de 2011 (DOG n.º 218, do 15 de novembro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 26 de outubro de 2011 (DOG n.º 218, do 15 de novembro) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: xerente de Xestión Integrada.

Nome e apelidos: Alfredo García Iglesias.

Posto: director/a de Procesos Asistenciais. 

Nome e apelidos: María Jesús Rodríguez Abellón.

Posto: director/a de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: Antonio José Fernández Paniagua.

Posto: director/a de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: José Alberto Baz López.

Posto: xerente executivo de Cee.

Nome e apelidos: Ramón Ares Rico.