O 7 de febreiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia n.º 26 a Resolución do 30 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e regula para o ano 2012, o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residen no exterior, sen os anexos correspondentes.
Advertido este erro procédese á publicación dos anexos.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.
J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración