Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012 pola que se fai pública a formalización, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, do contrato do servizo para a realización do Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, marxe esquerda. Concellos de Meaño, Sanxenxo e O Grove.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade a formalización da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: OH366942SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: elaboración dun Plan de Saneamento Local para a Marxe Esquerda da Ría de Arousa, no ámbito xeográfico dos concellos de Meaño, Sanxenxo e O Grove que sirva de referencia de obrigado cumprimento para levar a cabo todos os investimentos en materia de saneamento e drenaxe que se realicen por calquera das administracións públicas con competencias neste ámbito e pase a ter a consideración de plan ou proxecto sectorial.

c) CPV: 71311000-1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, n.º 77.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de abril de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito á regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 726.138 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe base: 726.138 euros. Importe total: 726.138 euros + 130.704,85 euros (IVE) = 856.842,85 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 16 de xaneiro de 2012.

c) Contratista: UTE Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L. - Ingeniería del Noroeste, S.L. (UTE Riame).

7. Importe ou canon de adxudicación. Importe base: 598.991,25 euros. Importe total: 706.809,68 euros (IVE incluído).

a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei de contratos do sector público, aprobada pola Lei 30/2007, do 30 de outubro.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia