O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade á formalización da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: OH488312SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizos.
b) Descrición do obxecto: acondicionamento, mantemento e conservación do dominio público hidraúlico bacías Galicia-costa, zona centro, zonas de acceso e protección.
c) CPV: 71300000-1.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, n.º 139.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de xullo de 2011.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto suxeito á regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 964.075,47 euros.
5. Orzamento base de licitación. Importe base: 797.877,58 euros. Importe total: 797.877,58 euros+143.617,96 euros (IVE)= 941.495,54 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 2 de decembro de 2011.
b) Data de formalización do contrato: 17 de xaneiro de 2012.
c) Contratista: UTE Geseco-Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (UTE Concas Centro).
7. Importe ou canon de adxudicación. Importe base: 716.893 euros. Importe total: 845.933,74 euros (IVE incluído).
a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei de contratos do sector público, aprobada pola Lei 30/2007, do 30 de outubro.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.
Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia