Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar a resolución do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 17 de xaneiro de 2012.
José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador: ES.OU-04/11.
Responsable: José Miguel Romero Fuentefría.
Enderezo: avenida de Vigo, bloque II, portal 1-B, 4.º C - Grupo O Pino.
Feitos imputados: deixar a vivenda protexida desocupada sen xusta causa recoñecida pola Administración.
Infracción: grave.
Sanción: multa de seis mil un (6.001) euros.