Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de padexeiro-operario de servizos múltiples.

Resolución do 20 de outubro de 2011, modificada por Resolución do 7 de decembro de 2011, referente á convocatoria para cobertura dunha praza de padexeiro-operario de servizos múltiples.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo n.º 267, do 22 de novembro de 2011, anúnciase o proceso selectivo para a cobertura, por persoal laboral fixo, polo sistema de concurso de méritos, dunha praza de padexeiro-operario de servizos múltiples do concello do Vicedo.

A praza, vacante no cadro de persoal do concello do Vicedo, encádrase en persoal laboral fixo, dotada coas retribucións correspondentes ao grupo E, C.D. 14, estando incluída na oferta pública de emprego de 2008.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de edictos da corporación e/ou periódicos de maior difusión da provincia de Lugo.

O Vicedo, 13 de xaneiro de 2012.

José Jesús Novo Martínez
Alcalde