Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamartín de Valdeorras

ANUNCIO de aprobación inicial e do trámite de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por Acordo do Pleno, con data do 29 de decembro de 2011, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, a disposición de calquera que queira examinalo nas dependencias do Concello de Vilamartín de Valdeorras, para que se presenten as alegacións que se estimen pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:

1. Obras de nova edificación, segregacións e parcelacións.

1.1. Respecto do novo planeamento.

Suspenderanse as licenzas nos seguintes ámbitos do novo PXOM:

VL-01, VL-02, VL-03, ZVX-06, ZVL-11b e SCX-06.

SUNC-01, SUNC-02 e SUNC-03.

S-01, S-02 e S-03.

1.2. Respecto do planeamento vixente.

Solo urbano: nos ámbitos nos que se amplía a delimitación do solo urbano deberán suspenderse licenzas por variacións nas clasificacións entre a DSU e o novo PXOM.

Solo rústico: nas zonas que se modifica a clasificación, de rústico a núcleo, de rústico a urbanizable ou de rústico a urbano, suspenderanse licenzas por cambio de clasificación.

2. Obras nas edificacións existentes.

Nas edificacións existentes nos ámbitos citados no punto 1.1. deste anuncio tan só se poderán levar a cabo obras de conservación e seguridade que ademais non supoñan un aumento do valor da edificación.

A duración da suspensión é dun ano e medio e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Vilamartín de Valdeorras, 16 de xaneiro de 2012.

Enrique Álvarez Barreiro
Alcalde