Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4984

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crea e se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/rias con habilitación de carácter estatal na Mancomunidade de Concellos da Serra da Barbanza.

A Mancomunidade de Concellos da Serra da Barbanza formula proposta relativa á creación do posto de secretaría clase terceira da Mancomunidade de Concellos da Serra da Barbanza, reservado a funcionarios/rias con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de secretaría-intervención, conforme o acordo adoptado pola Asemblea da Mancomunidade de Concellos da Serra da Barbanza, do 28 de novembro de 2011, de aprobación provisional dos orzamentos xerais para o 2011 e o cadro de persoal, elevado a definitivo e publicado no BOP da Coruña n.º 247, do 29 do decembro de 2011.

O artigo 5.1 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/rias con habilitación de carácter estatal, establece que os postos de traballo reservados a funcionarios/rias con habilitación de carácter estatal en áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e consorcios locais se clasificarán en atención ao orzamento propio de que dispoña a dita entidade local como se indica a seguir:

Orzamento superior a 18.000.000 de euros: clase primeira.

Orzamento superior a 6.000.000 de euros: clase segunda.

Orzamento inferior a 6.000.000 de euros: clase terceira.

Na súa virtude, de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, nos artigos 3, 5 e 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/rias con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición transitoria sétima da Lei 7/2007 e demais normativa de aplicación, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Crear o posto de traballo de secretaría de clase terceira da Mancomunidade de Concellos da Serra da Barbanza, que se clasifica como se especifica no anexo que se xunta a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Entidade local: Mancomunidade de Concellos da Serra da Barbanza.

Posto de traballo: secretaría. Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención

Forma de provisión: concurso de méritos.