Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (295-2011).

N.º de autos: procedemento ordinario 295/2011.

Demandante: Olga Gerashchenkova.

Graduado social: José Antonio Barros Rodríguez.

Demandados: Framepa, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 295/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Olga Gerashchenkova contra a empresa Framepa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Olga Gerashchenkova, contra Framepa, S.L., debo condenar e condeno a Framepa, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 3.635,09 euros brutos, polos salarios devengados e non pagados desde outubro ata o 23 de decembro de 2010, así como 1.138,71 euros por prestacións de incapacidade temporal, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, o mando e asino, a maxistrada-xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario, empresa Framepa, S.L, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial