De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Vigo; r/ Concepción Arenal, 8.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000640-5.
Denunciado: Salvador García Barreiro.
DNI: 76816201-L.
Enderezo: Verducido-A Abelleira n.º 16, Pontevedra.
Precepto infrinxido: 137.B.2, 137.B.14.
Sanción: 355 euros.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000743-5.
Denunciado: José A. Iglesias Agra y Otro, S.C.
DNI: J15711765.
Enderezo: A Loxe-Barro (Sta. Cristina) n.º 40, Noia (A Coruña).
Precepto infrinxido: 137.A.1.
Sanción: 971 euros.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000764-5.
Denunciada: Alicia Barral Costado.
DNI: 77904979-T.
Enderezo: avda. da Porteliña n.º 66, Poio (Pontevedra).
Precepto infrinxido: 137.B.2.
Sanción: 151 euros.
De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na antedita xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.
Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.
Vigo, 20 de xaneiro de 2012.
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo