Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación dos expedientes sancionadores PESAN1 2011/001216-5 e PESAN1 2011/001252-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as incoacións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura territorial as alegacións que xulguen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Vigo; r/ Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/001216-5.

Denunciada: María José Paredes Durán.

DNI: 35301181-E.

Enderezo: subida a Cardiña-Cobres, Vilaboa (Pontevedra).

N.º de expediente: PESAN1 2011/001252-5.

Denunciada: María Luz Vázquez Calvar.

DNI: 35303639-L

Enderezo: Cardiña 3, Cobres-Vilaboa (Pontevedra).

Vigo, 20 de xaneiro de 2012.

Manuel Lago Molares
Instrutor