Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de decembro de 2011, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de comunal das Gándaras, a favor dos veciños da parroquia de Alais, San Pedro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar con data 2 de decembro de 2009, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a continuación se relacionan:

Concello: Castro Caldelas.

Denominación do monte: comunal das Gándaras.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Alais, San Pedro.

Superficie total: 3,95 ha.

– As Gándaras.

Superficie: 3,95 ha.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares pertencentes ao polígono n.º 98 (parcelas n.º 1370 de Jesús Rodríguez Quintela, n.º 1371 de José González Rodríguez, n.º 1372 de Priscila Costoya Quintela, n.º 1373 de José Costoya Pardo; n.º 1374 de Manuel Quintela Rodríguez; n.º 1375 de José Quintela Rodríguez, n.º 1376 de Manuel López Robleda, n.º 1377 de Edmundo Rodríguez González, n.º 1378 de Cándido Quintela Rodríguez, e n.º 1380 de Cándida Rodríguez Pérez.

Sur: propiedades particulares pertencentes ao polígono n.º 98 (parcelas n.º 1322 de Eliseo Pérez Valcárcel, n.º 1328 de Dionisio Sánchez Pérez, n.º 1329 de Melquíades Quintela Novoa, n.º 1331 de Irene Sánchez González, e n.º 1333 de José González Rodríguez).

Leste: propiedades particulares pertencentes ao polígono n.º 98 (parcelas n.º 1268 de José González Rodríguez, n.º 1274 de Alfonso Nóvoa Regodeseves, e Ramón Novoa Regodeseves, n.º 1276 de Socorro Pereiro Lamas, n.º 1277 de Socorro Pereiro Lamas, n.º 1341 de José González Rodríguez, n.º 1339 de Antonio González Pérez, n.º 1338 de Juan Rodríguez Regodeseves, n.º 1337 de Casto Buján Rodríguez, n.º 1336 de Perfecto Blanco Robleda, n.º 1335 de Cándido Quintela Rodríguez, n.º 1334 de José Robleda S-S e n.º 1302 de Dionisio Sánchez Pérez).

Oeste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 98 (parcelas n.º 1342 de Eladio Valcárcel Conde, n.º 1343 de Eva María Rodríguez Valcárcel, n.º 1344 de Carmen Nóvoa González, n.º 1345 de Enrique Rodríguez González, n.º 1346 de Dorinda Fernández S-S, n.º 1347 de Cándida Rodríguez Pérez, n.º 1348 de María Novoa Sotelo, n.º 1349 de Alfonso Novoa Regodeseves, e Ramón Nóvoa Regodeseves, n.º 1350 de Jaime Pérez Robleda, n.º 1351 de Amparo Rodríguez Quintela, n.º 1352 de Manuel Fernández Losada, n.º 1354 de Carmen Quintela Novoa, n.º 1357 de Dionisio Sánchez Pérez, n.º 1359 de Juan Rodríguez Regodeseves, n.º 1360 de José González Rodríguez, n.º 1362 de María Pérez Quintela, n.º 1363 de Juan Quintela Álvarez, n.º 1365 de Victorina Rodríguez Rodríguez, n.º 1366 de Eva María Rodríguez Valcárcel, n.º 1367 de Cándida Rodríguez Pérez e n.º 1368 de Eliseo Pérez Valcárcel.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 15 de decembro de 2011.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense