Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia dos trámites de audiencia en recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2012.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Arzúa-A Coruña).

Interesados:

Monte veciñal da Mancomunidade dos Veciños de Dombrete, Amenedo e Lousado.

María Santamariña Martínez.

Ángel Miragalla Sánchez.

Luis Vázquez Vázquez.

José Antonio Fidalgo Santamarina.

María del Carmen Fidalgo Santamarina.

Emilio Vázquez Vázquez.

Flora Rodríguez Pardo.

Jesús Vázquez López.

Josefa Vázquez Río.

Acto notificado: trámite de audiencia.