Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao expediente 90/77.

Na sesión realizada polo xurado provincial coa data do 14 de decembro de 2011, figura o acordo seguinte:

«3. Varios:

f) Monte de Barcia (expediente 90/77), pertencente aos veciños do lugar de Barcia, parroquia de Barcia, no termo municipal de Navia de Suarna, e clasificado como veciñal en man común por resolución do xurado provincial con data 19 de outubro de 1979. Con data 23 de maio de 2011 ten entrada copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada, con data 20 de setembro de 1974, ditada nos autos 13/73, na cal, estimando en parte a demanda interposta, se declara: “1.º que os montes de Barcia, que se describen no feito primeiro da demanda, pertencen en condominio (...) ás persoas que se relacionan no feito oitavo da mesma demanda, as cotas ou participacións desiguais que nel se sinalan, integrantes do fabeo de Barcia, procedentes dos casaríos que se relacionan, cos seus nomes e porcentaxes, no feito terceiro da repetida demanda (...) 4.º que debe levarse a efecto, en trámite de execución de sentenza, a división dos expresados montes de Barcia, conforme a norma específica do artigo 402 do Código civil, ata adxudicar a cada condono, segundo a súa participación no fabeo, a porción ou porcións que lle correspondan, facendo aboamento dos gastos que tal división ocasione (...)”. Examinada a dita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela, proceder a anular a clasificación e á cancelación da inscrición do monte no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común».

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio deste anuncio e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o dito acordo.

Lugo, 2 de xaneiro de 2012.

Ramón Carballo Páez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo