Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Concello de Silleda

ANUNCIO do acordo da Xunta de Goberno local de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial área 33.

A Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o 30 de decembro de 2011, en cumprimento da normativa exposta, segundo o procedemento regulado nos artigos 93, 94, 84 e 86 da Lei 9/2002, 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, por delegación da alcaldesa (Decreto 4.7.2011) aproba este acordo:

1.º Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial área 33: modificación puntual do Plan parcial área 33: «Modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial área 3... Volume 1 de 1. Novembro 2011» elaborado por EPTISA, asinado pola arquitecta Ana Bértalo Pérez (...).

2.º Proceder a realizar o trámite de información pública durante un prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos periódicos de mayor difusión na provincia.

Simultaneamente, serán notificadas individualmente a todas as persoas propietarias dos terreos afectados (...).

3.º Ao mesmo tempo que o trámite de información pública, solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos (...).

4.º Suspender a concesión de licenzas por un período de dous anos e contados desde a aprobación inicial e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento, no ámbito afectado por esta modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial área 33, suspensión a que se refire o artigo 77, 2.º e 3.º (parágrafo segundo) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (...).

Por tanto, sométese o documento da modificación puntual do Plan parcial área 33 de Silleda e o expediente de tramitación a información pública durante o prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da última publicación, mediante a publicación de anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión na provincia, e mediante notificación individualizada aos propietarios dos terreos, que a continuación se relacionan:

A Revolta 2005, S.L.

Aluminios Coego, S.L.

Arte Vitral, S.L.U.

Autocares Lázara, S.A.

Autocares Santiago, S.L.

Cajide Pérez, Juan Pablo

Canals Marsa, S.A.

Carballo Balado, Manuel

Centro Orientación de Estudios Comerciales, S.L.

Cero10 Promocións e Construccións, S.L.

Cidade Nova, S.L.

Coesco Deza, S.L.

Comercial Agro Silleda, S.L.

Cometal Laro, S.L.

Construcciones Areán, S.L.

Construcciones Estevo, S.L.

Construcciones Fdez. Sarmiento, S.A.

Construcciones J. Costoya, S.L.

Construcciones Pereiro & Campos, S.L.

Construcciones Roberto Vales, S.L.

Corral Brocos, Óscar

Cubiertas Gamallo, S.L.

Cuíña Pérez, Elena

De la Torre Roca, José Luis

Eiranova Fernández, Simplicio

Empresa Cuíña, S.L.

Empresa Lázara, S.A.

Fernández Costoya, José Antonio

Ferradas Rozas, S.L.

Ferreiro Lage, José

Fertaf Servicios y Obras, S.L.

Fiestras Rozados, Manuel

Fundiciones del Deza, S.L.

Galaica de Morteros, S.L.

García Frut Trans, S.L.

García González, Carlos

Hidroeléctrica Silleda, S.L.

Horaverde, S.L.

Industrias Pesadas de Galicia, S.L.

Instalvenpu, S.L.

Lar Taller de Arquitectura, S.L.

Lázara Failde, Jesús M.ª

Manufacturas Gallegas del Vidrio, S.L.

Manufacturas y Artesanías del Cuadro Bernabé, S.L.

Mármoles y Granitos A. Iglesias Pena, S.L.

Marstrada, S.L.

Mato Limia, Eusebio

Mella González, Luis J.

Mella Villamayor, M.ª José

Neumáticos Deza, S.L.

Novo Pérez, Celso

Nutrimentos Deza, S.A.

Otero Lorenzo, Juan

Pavimentos de Madera Recimil, S.L.

Pena Caramés, Fernando

Pérez Filloy, Alfonso

Perfís 2000 Servicios, S.L.

Porto Seijo, S.L.

Prieto Requeijo, Emilio

Ramos Filgueiras, Jorge

Rey González, Cesáreo

Senin 120, S.L.

Sinais 2000, S.L.

Sometal, S.L.U.

Sumicons González, S.L.

Talleres José Antonio

Talleres Unión Silleda, S.L.

Trujillo Souto, José

Ventilaciones Galicia, S.L.

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.

Xunta de Galicia. Consellería de Facenda.

Esta publicación servirá de notificación para os propietarios que non puidesen ser notificados, segundo o establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRJAP- PAC).

O expediente tramitado, estará á disposición dos interesados nas dependencias de Urbanismo do Concello de Silleda, sitas na rúa Alfonso Trabazo, 3, 1.º, das 9.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Silleda, 18 de xaneiro de 2012.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa