Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2012 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R001-102-2011.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, avenida Gonzalo Torrente Ballester 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2012.

M.ª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-102-2011.

Interesada: Lúzete Gestión de Franquicias, S.L.

NIF: B-53822326.

Acto notificado: resolución do expediente.