Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (420/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 420/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carlos Dopacio López contra a empresa Talleres Unimar, S.L.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que admitindo a demanda formulada por Carlos Dopacio López, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante, con data do 12 de abril de 2011, e condeno a demandada Talleres Unimar, S.L.A. a que, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 44.885,29 euros e en ambos os dous casos, a aboar ao traballador os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de 42,27 euros diarios, debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión. Así como ao pagamento dos honorarios da letrada do demandante e unha multa de 100 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que non é firme, xa que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo, se é o caso, anunciar o propósito de facelo dentro dos cinco días seguintes á notificación desta, por conduto deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Unimar, S.L.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Lugo, 10 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial