Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (33/11).

Rafael González Alio, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento ordinario 33/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Sánchez Casanova contra a empresa Talleres Unimar, S.L.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando a demanda formulada por Manuel Sánchez Casanova contra a empresa Talleres Unimar, S.L.A., debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 12.981,7 euros, máis os xuros moratorios do 10%.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado do social, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Unimar, S.L.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 10 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial