Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2011/00717 e dezasete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Caixa Galicia: cta. contable 840. Código 001.

– Caixanova: recadación Xunta.

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Feito sancionado

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

PO-01497-O-2008

RA/M/2011/00717

3322 GGT

Garda Civil

Butavigo, S.A.

Non incluír ou indicar inadecuadamente nos documentos datos que regulamentariamente deben figurar neles. Non levar na cabina do vehículo as instrucións correspondentes á mercadoría transportada, en caso de accidente.

11.9.2008; 8.29; A-55; 10,0

Art. 141.24.2 da LOTT

Art. 140.25.7 da LOTT

3.002 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01670-O-2006

REV/M/2011/00655

1192 DFH

Garda Civil

Quicelga-Químicos y Celulosas, S.L.

Non llevar a bordo do vehículo documentos de transporte ou acompañamento, ou non indicar nestes a mercadoría perigosa transportada.

5.10.2006; 17.40; N-651; 7,500

Art. 140.25.4 da LOTT

2.001 €

Inadmisión

LU-01218-O-2010

RA/M/2011/00648

9486 FNR/R-4867-BBR

Garda Civil

Transportes Riazor, S.A.

Circular transportando palla, conducindo un vehículo dotado de tacógrafo dixital sen efectuar os documentos impresos ao inicio da viaxe. Presenta documento de retirada de tarxeta condutor con data do 27.6.2009, sendo denunciado por motivo no aclarado ao xente denunciado.

17.7.2010; 13.00; AG-64; 54,500

Art. 140.22 da LOTT

3.301 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-01490-O-2009

RA/M/2011/00518

56-FF-40

Garda Civil

Transnos-Transportes, Lda.

Minoración superior ao 50% nos períodos de descanso obrigatorio.

23.7.2009; 10.15; AP-9F; 25,2

Art. 140.20 da LOTT

4.600 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-00029-O-2010

RA/M/2011/00274

22-CL-74

Garda Civil

Formar Trans Transportes, Sociedade Unipessoal, Lda.

Circular realizando transporte de material de refugallo non xustificado mediante CMR ou calquera documento a realización dun transporte internacional previo que autorice a realización da cabotaxe.

5.11.2009; 18.20; AP-9; 16

Art. 140.1 da LOTT

4.601 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

OU-01340-O-2008

RRO/M/2011/00368

4721 FZD / R-6249-BBP

Garda Civil

Transteam Ibérica TTE. y Logística Europea, S.L.

Minoración superior ao 20% e inferior ou igual ao 50% nos períodos de descanso obrigatorios

18.9.2008; 14.54; A-52; 241,0

Art. 141.6 da LOTT

400 €

Inadmisión da solicitude de revisión de oficio

XC-03202-O-2008

RA/M/2011/00334

6582-CTW/C-03867-R

Garda Civil

Pedro Marcos Permuy

Circular sen levar follas de rexistro do aparello de control da tarxeta de condutor desde o 13.8.2008 ata o 25.8.2008. Non presentar certificado das actividades.

2.9.2008; 11.10; AP-9; 25,2

Art. 140.24 da LOTT

2.001 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-02702-O-2008

RA/M/2011/00324

2475-DGT

Garda Civil

Arias Logística Transportes, S.L.

Prestación co servizo 2475 DGT dun transporte público de mercadorías practicando unha manipulación do tacógrafo.

28.5.2008; 17.00.06; N-634; 700,100

Art. 140.10 da LOTT

4.601 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

PO-01693-O-2009

RA/M/2011/00299

6767 FNC

Garda Civil

Jorge Solla Tilve

Incumprimento por parte do condutor das obrigas de realizar por si mesmo determinadas entradas manuais ou anotacións no aparello de control dos tempos de condución e descanso. Minoración superior ao 50% nos períodos de descanso obrigatorio.

17.7.2009; 11.50; AG-4.1; 5,5

Art. 141.8 da LOTT

Art. 140.20 da LOTT

4.802 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-01815-O-2009

RA/M/2011/00268

32-EE-09/L-1785429

Garda Civil

Laso Transportes, S.A.

Minoración superior ao 50% nos períodos de descanso obrigatorios (descanso diario).

8.10.2009; 11.45; AP-9F; 39,500

Art. 140.20 da LOTT

3.301 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-01826-O-2009

RA/M/2011/00188

7865-DTV/R-4517-BBW

Garda Civil

Logística Baylo, S.L.

Carencia de follas de rexistro do aparello de control dos tempos de condución e descanso que existe obriga de levar no vehículo.

3.10.2009; 9.40; AC-553; 1,5

Art. 140.24 da LOTT

2.001 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

PO-01119-O-2009

RA/M/2010/00231

Expedidor

Garda Civil

Rapidfood Distribución, S.L.

Circular con exceso de peso superior ao 25% en vehículos de ata 10 tm.

7.5.2009; 8.45; N-550; 127,200

Art. 140.19 da LOTT

4.600 €

Inadmisión e arquivo das actuacións

DX-00133-I-2009

RA/M/2009/01584

06-19-XR/VI-1633-R

Elvira Ligística y Factorin, S.L.

Negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección imposibilitando total ou parcialmente o exercio das súas funcións.

7.6.2007; 10.00

Art. 140.6 da LOTT

4.601 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-00136-O-2008

RA/T/2009/00714

0585-CFJ

Garda Civil

Importaciones Aerosport, S.L.

Carencia de follas de rexistro do aparello de control. Circular. Levar inserido un disco de data distinta. Non levar disco diagrama de data nin ningún outro disco.

16.10.2007; 9.00; CP-1503; 0,4

Art. 140.24 da LOTT

2.001 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

LU-00726-O-2008

RA/M/2009/1628

6216-FZK

Guardia Civil

Grupo Logia Espidco, S.L.

Circular con exceso de peso superior ao 15% en vehículos de máis de 20 tm.

Art. 140.19 da LOTT

4.600 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

XC-02828-O-2008

RA/M/2009/01787

9055-SE/R-9868-BBV

Garda Civil

Skytrans,Transportes Unipessoal, Lda.

Circular transportando peixe, realizando un servizo público amparado nunha licenza comunitaria, carecendo desta ao non ter valor legal a que presenta dado que o seu prazo de validez vencera.

4.6.2008; 12.15; AP-9; 79,500

Art. 140.1.8 da LOTT

4.601 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

PO-00667-I-2009

RA/M/2010/00712

0791-CVB

Inspectores PO/006 e PO/007

Aris Logística y Transporte, S.L.

O exceso sobre a masa máxima autorizada.

1.4.2009; 13.28.21; N120; 653,2

Art. 140.19 da LOTT

4.600 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta

PO-01913-O-2007

RA/M/2009/00909

4284-DDN

Garda Civil

José Manuel López Groba

Carencia de follas de rexistro do aparello de control de tempos de condución e descanso

Art. 140.24 da LOTT

2.001 €

Desestimatorio, confirmando a sanción imposta