Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4318

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012.

I

No marco do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro de 2009, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as no marco da política agraria común e se instauran determinados réximes de axuda aos/ás agricultores/as e polo que se modifican os Regulamentos (CE) n.º 1290/2005, (CE) n.º 247/2006, (CE) n.º 278/2007 e se derroga o Regulamento (CE) n.º 1782/2003, que materializa as modificacións aprobadas no marco da reforma a medio prazo da Política Agrícola Común denominada «chequeo médico», publicouse o Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro, sobre a aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas agrícolas neles a partir do ano 2010.

Posteriormente, o Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, sobre a aplicación a partir de 2012 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría establece a normativa básica aplicable aos réximes de axudas directas no marco da Política Agrícola Común (PAC).

II

O Real decreto 1680/2009 establece as bases para a integración no réxime do pagamento único dos sectores que se desligan totalmente en 2012 en España e que son, entre outros, a prima ás proteaxinosas e a prima por sacrificio de gando vacún.

Así mesmo, o dito real decreto establece as condicións xerais que deben cumprir os/as agricultores/as para podérense acoller ao réxime de pagamento único, as normas de asignación dos dereitos da reserva nacional e as que regulan as cesións dos dereitos de pagamento único segundo o establecido no Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello.

Por outra banda, o Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, define as características básicas de superficies, parcelas e procedemento para a xustificación dos dereitos de pagamento único, polo que é necesario regular a aplicación e xestión deste réxime en Galicia.

III

Para a prima por vacas nutrices que aínda permanece ligada á produción, terase en conta tamén o establecido no Regulamento (CE) n.º 1121/2009 da Comisión, do 29 de outubro de 2009, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, respecto aos réximes de axuda aos/ás agricultores/as previstos no seu título IV.

IV

No Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro de 2009, establécense normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello no referido á condicionalidade, á modulación e ao sistema integrado de xestión e control nos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as establecidos por este último, e normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello, no referido á condicionalidade no réxime de axuda establecido para o sector vitivinícola.

Así mesmo o Real decreto 486/2009, do 3 de abril, establece os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os/as agricultores/as que reciban pagamentos directos no marco da política agrícola común, os/as beneficiarios/as de determinadas axudas de desenvolvemento rural, e os/as agricultores/as que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinque de viña. Ademais, o Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, modifica o dito real decreto para incluír, con carácter obrigatorio a partir de xaneiro de 2012, a norma de creación de franxas de protección nas marxes dos cursos de auga.

A todas as axudas recollidas nesta orde seranlles de aplicación as disposicións relacionadas coa condicionalidade, polo que é necesario definir os aspectos específicos relativos a Galicia.

V

O Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas no Estado Español, en diante Sixpac, establece os criterios básicos que deben garantir o seu correcto funcionamento como ferramenta de obrigada utilización na xestión de axudas comunitarias, xa que é a base identificativa de parcelas obxecto de calquera tipo de axuda baseada na superficie.

A orde da anteriormente denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 24 de xaneiro de 2005 regulou, entre outros temas, a implantación do Sixpac en Galicia, sendo o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) o organismo responsable da súa explotación e mantemento, polo que se precisa determinar para o ano 2012 o tipo, prazo, forma e lugar de presentación das alegacións e das solicitudes de modificación de determinada información contida nel.

VI

Por outra banda, o Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural de Galicia, para o período 2007 a 2013, establece axudas destinadas a indemnizar os/as agricultores/as polas dificultades naturais en zonas desfavorecidas de montaña e distintas das de montaña.

No que atinxe a estas axudas, denominadas xenericamente indemnizacións compensatorias, o antedito Regulamento (CE) n.º 1698/2005 exceptúa na súa derrogación do Regulamento (CE) n.º 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre a axuda ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola (Feoga), o artigo 13 letra a), o número 1 e os dous primeiros guións do número 2 do seu artigo 14, o artigo 15, os artigos 17 ao 20, o artigo 51 número 3 e o artigo 55 número 4, e a parte do anexo 1 que especifica os importes en virtude do artigo 15 número 3, é dicir, todas as disposicións relativas ás indemnizacións compensatorias.

Así mesmo, o Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, dentro do eixe n.º 2 de mellora do ambiente e do ámbito natural establece como unha das actuacións prioritarias o contrato de explotación sustentable (CES) para remunerar as funcións territoriais, sociais e ambientais que se derivan de determinados sistemas agrícolas e gandeiros.

No contrato de explotación sustentable intégranse as axudas agroambientais e as axudas relativas ao benestar animal e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos derivados do compromiso subscrito polo/a agricultor/a. No que respecta á aprobación de novas solicitudes destas axudas, cómpre ter en conta o indicado no parágrafo segundo do número 3 do artigo 39, e no parágrafo segundo do número 2 do artigo 40, ambos os dous do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, que establecen un prazo mínimo de cinco anos de cumprimento de compromisos aos beneficiarios delas, así como, por outra banda, o indicado no número 1 do artigo 71 do mesmo regulamento, que establece como condición para poder beneficiarse da contribución do Feader, o 31 de decembro de 2015 como prazo máximo do pagamento da axuda polo organismo pagador.

Por outra banda, o Regulamento (CE) n.º 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, establece disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de desenvolvemento rural.

No marco anterior, nesta orde estableceranse as bases e a convocatoria para acceder ás ditas axudas no ano 2012 en Galicia.

VII

Ao amparo da normativa comunitaria aplicable, constituída basicamente polo Regulamento (CE) n.º 1290/2005 do Consello, do 21 de xuño, desenvolvido polo Regulamento (CE) n.º 885/2006 da Comisión, do 1 de xuño, e os reais decretos 327/2003, do 14 de marzo, e 521/2006, do 28 de abril, que regulan o réxime dos organismos pagadores e de coordinación dos fondos europeos agrícolas, o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) é o organismo pagador dos gastos financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nesta comunidade autónoma, segundo o disposto no Decreto 155/2006, do 7 de setembro, e é autorizado pola autoridade competente mediante a orde da Consellería do Medio Rural do 4 de outubro de 2007 (DOG n.º 196, do 9 de outubro).

Ademais, o devandito organismo, creado pola Lei 7/1994, do 29 de decembro, coa denominación actual establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, ten atribuídas, entre outras, as competencias para a xestión das accións derivadas da política agrícola común (PAC), o que se desprende tamén do disposto no Decreto 128/1996, do 14 de marzo (DOG n.º 66, do 2 de abril), que desenvolve a Lei 7/1994.

VIII

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece no seu artigo 10, relativo aos requisitos para obter a condición de beneficiario/a, no número 2.c) que non poderán obter a dita condición, salvo que pola natureza da subvención se exceptúe pola súa normativa reguladora, entre outros, os que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou teñan pendente de pagamento algunha débeda coa Administración Pública da comunidade autónoma, nos termos en que regulamentariamente se determine.

Por outra banda, a Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, no seu artigo 51, relativo a obrigas dos/as beneficiarios/as das axudas e subvencións, no seu número 1, letra o), establece que quedan exentas das ditas obrigas as axudas que se conceden con carácter de compensación ou indemnización.

Os pagamentos á agricultura e á gandaría previstos no título II teñen o carácter de pagamentos compensatorios derivados da reforma da política agrícola común do ano 1992, en relación coas organizacións comúns de mercado de produtos agrícolas que, co obxectivo de aproximar os prezos comunitarios aos do mercado mundial e compensar as perdas de ingresos causadas pola redución dos prezos institucionais, estableceu un pagamento compensatorio para os/as agricultores/as en cada sector. Así, no caso dos cultivos herbáceos estableceuse mediante o Regulamento (CEE) n.º 1765/1992 do Consello, do 30 de xuño, polo que se establece un réxime de apoio aos/ás produtores/as de determinados cultivos herbáceos, e no da carne de vacún mediante o Regulamento (CEE) n.º 2066/1992 do Consello, do 30 de xuño, que modifica o Regulamento (CEE) n.º 805/1968, polo que establece a organización común de mercados no sector da carne de bovino.

Unha parte importante destas axudas, con base en criterios históricos por percepción de importes compensatorios por estes conceptos en campañas de referencia, integrouse no pagamento único por explotación, e unha pequena porcentaxe mantívose ligada á actividade produtiva.

Así mesmo, as axudas previstas no título III teñen o carácter de pagamentos compensatorios, ben pola zona en que exercen a actividade os/as agricultores/as no caso das indemnizacións compensatorias ou ben como compensación dos custos adicionais e das perdas de ingresos derivados do compromiso do/a agricultor/a en relación co contrato de explotación sustentable polo sistema de produción agrícola ou gandeiro adoptado para a mellora do ambiente e do ámbito natural.

Considérase, por tanto, que as subvencións reguladas por esta orde deben considerarse incluídas no número 1, letra o) do artigo 51 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, non tendo os/as beneficiarios/as obriga de achegar os xustificantes de estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou de non teren pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

IX

Para conseguir unha maior eficiencia nos controis da admisibilidade e condicionalidade das axudas e coa intención de facilitarlles aos/ás agricultores/as a tramitación das axudas recollidas nesta orde, establécese unha solicitude unificada de axudas que inclúe as axudas directas á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrarias.

Así mesmo, prevese a utilización das novas tecnoloxías da información e da comunicación e a colaboración de entidades financeiras e outras relacionadas cos servizos ao sector agrario que asinasen un convenio para o efecto, para que estas se encarguen da mecanización de diversos aspectos relacionados coas solicitudes de axuda, facilitándolles aos/ás interesados/as a súa presentación.

Para tal fin, o Decreto 191/2011, do 22 de septembro, de organización e funcionamiento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a posibilidade de empregar, para a tramitación dos procedementos administrativos, ademais dos rexistros presenciais, o rexistro electrónico establecido polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, que desenvolve o dereito recoñecido mediante a Ley 11/2007, do 22 de xuño, dos cidadáns a relacionárense coas administracións públicas por medios electrónicos, e regula tamén, entre outros asuntos, a tramitación dos procedementos administrativos incorporados á tramitación telemática, a creación e regulación da sede electrónica e a creación do Rexistro Electrónico.

Nesta liña de desenvolvemento da administración electrónica, a Orde do 15 de setembro de 2011 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aproba a posta en funcionamento da sede electrónica, regulada polo Decreto 198/2010, e o Rexistro Electrónico, a través dos cales os cidadáns poderán exercer o dereito de relación coas administracións públicas por medios electrónicos establecido mediante a Lei 11/2007, do 22 de xuño. A dita sede electrónica está accesible a través do enderezo da internet https://sede.xunta.es

Ademais, coa habilitación deste procedemento de tramitación electrónica preténdese dar cumprimento aos obxectivos establecidos polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia na internet.

Por outra parte, tamén é destacable a simplificación na xestión que supón o feito de que, para a solicitude dos pagamentos regulados por esta orde, coa presentación da solicitude de axuda non se exixa a fotocopia do documento nacional de identidade aos solicitantes que sexan persoas físicas.

X

De acordo co exposto, sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria e estatal correspondente, que se transcribe en parte para unha maior operatividade, a razón desta orde é definir o procedemento para a comunicación da asignación de dereitos de axuda provisionais e definitivos do réxime de pagamento único derivados das axudas que se incorporan ao pagamento único na campaña 2012, as normas para a solicitude destes dereitos da reserva nacional e a súa cesión, e para a tramitación e concesión das axudas directas á agricultura e á gandaría, das axudas de desenvolvemento rural para a utilización sustentable de terras agrarias, así como doutras primas gandeiras dentro dunha solicitude unificada no ano 2012. Determínase a súa imputación económica con cargo ao orzamento de gastos do Fogga para o ano 2012 e establécese o procedemento para a tramitación de solicitudes de modificacións puntuais ao Sixpac en Galicia no ano 2012.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confiren a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

TÍTULO I
Disposicións xerais

CAPÍTULO I
Obxecto, solicitudes de axuda e definicións

Artigo 1. Obxecto e ámbito.

1. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría.

De acordo co Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro de 2009, (DOUE n.º L 30/16, do 31 de xaneiro), polo que se establecen as disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axudas aos/ás agricultores/as e polo que se modifican os Regulamentos (CE) n.º 1290/2005, (CE) n.º 247/2006, (CE) n.º 378/2007 e se derroga o Regulamento (CE) n.º 1782/2003, e coas disposicións comunitarias e estatais de desenvolvemento e aplicación deste, esta orde regula os elementos e procedementos para a aplicación de determinados réximes de axuda comunitarios, así como as solicitudes dos/as agricultores/as da Comunidade Autónoma de Galicia das axudas que se indican a seguir:

1.1. Os procedementos para a xestión de dereitos do réxime do pagamento único (RPU), no marco do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro, que comprende:

a) A comunicación da asignación de dereitos de axuda dos sectores que se desligan.

b) A solicitude de dereitos da reserva nacional.

c) As comunicacións de cesión de dereitos.

1.2. O procedemento para a solicitude, tramitación e concesión aos/ás titulares de explotacións agrarias dos seguintes réximes de axuda comunitarios para o ano 2012, no marco do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, sobre a aplicación a partir de 2012 dos pagamentos directos á agricultura e á gandería:

a) Pagamento único para os/as titulares de dereitos segundo o establecido no artigo 3 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro, sobre aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas nel, de acordo co capítulo II do título II desta orde.

b) Réximes de axuda por gando vacún contidos no capítulo III do título II (prima por vaca nutriz).

c) Axudas específicas aos/ás produtores/as por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, contidos no capítulo IV do título II.

1.3. Así mesmo, esta orde regula a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, de acordo co previsto no Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, e co Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro.

2. Axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrarias.

No marco do eixo 2 para a mellora do ambiente e do medio rural do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013 regúlase, no título III desta orde a solicitude, tramitación e concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da indemnización compensatoria de zonas de montaña e outras zonas con dificultades, distintas das de montaña, conforme os artigos 36 letra a), incisos i) e ii) e 37, do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, así como os artigos 17 a 20 do Regulamento (CE) n.º 1257/1999.

Neste mesmo marco regúlase o pagamento no ano 2012 das axudas agroambientais e axudas relativas ao benestar dos animais establecidas nos incisos iv) e v) da letra a) do artigo 36, do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, con base no contrato de explotación sustentable (CES).

3. Tamén en relación co Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac), establécese o tipo, prazo, lugar e procedemento para a presentación das alegacións e solicitudes de modificacións de certa información contida nel.

4. Así mesmo, de acordo co previsto no Real decreto 486/2009, do 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais e de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os/as agricultores/as que reciban pagamentos directos no marco da política agrícola común, os/as beneficiarios/as de determinadas axudas de desenvolvemento rural e os/as agricultores/as que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinca de viña, establécense os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deberán cumprir os/as solicitantes das axudas con relación á condicionalidade, así como o sistema de control e aplicación de reducións e exclusións.

5. Para os efectos do disposto nesta orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación se atope nesta comunidade autónoma.

b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.

Artigo 2. Solicitudes.

Os/as agricultores/as que desexen obter no ano 2012 algunha ou algunhas das axudas citadas no artigo 1, número 1.2, xa sexan do réxime do pagamento único, dos restantes réximes de axuda ou de varios deles, ou as citadas no artigo 1, número 2, deberán presentar, conforme o previsto no artigo seguinte, unha solicitude unificada en que se relacionen a totalidade das parcelas agrícolas da explotación.

Artigo 3. Modelos de solicitude, documentación e lugar de presentación.

1. Solicitude unificada.

1.1. Os/as agricultores/as interesados/as en obter a axuda do réxime de pagamento único, a prima por vaca nutriz, as axudas específicas por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 ou as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrarias, deberán presentar unha solicitude de acordo cos modelos de impresos do anexo 1.

1.2. As solicitudes poderán presentarse telematicamente ou en papel e serán dirixidas ao director do Fogga. Os impresos para a realización de solicitudes en papel deberán obterse da páxina web do Fogga no enderezo da internet

http://mediorural.xunta.es/nc/fogga/politica_agraria_comun/pac/?mod

Tanto as solicitudes realizadas en papel como calquera documento complementario aos rexistrados telematicamente conforme ao punto seguinte poderán presentarse na oficina agraria comarcal correspondente ao enderezo do/a interesado/a, ou ben nas formas previstas e a través dos rexistros establecidos no Decreto 191/2011, do 13 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poderán ser presentadas mediante calquera dos sistemas de presentación previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1.3. As solicitudes de axudas integradas na solicitude unificada poderán ser formalizadas polos/as interesados/as utilizando o acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo da internet https://sede.xunta.es conforme o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica da Xunta de Galicia, e nas entidades dela dependentes de acordo co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 15 de setembro de 2011, pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.

1.4. Sen prexuízo do anterior, a presentación por vía telemática poderá efectuarse a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para o efecto co Fogga, sempre que se acredite no expediente a representación para a devandita presentación telemática.

Para estes efectos, o/a agricultor/a que o desexe facilitaralle á entidade colaboradora o seu NIF e a clave de acceso persoal que lles comunica o Fogga aos/ás interesados/as.

1.5. A solicitude deberá ser asinada en papel ou telematicamente polo/a titular da explotación ou polo/a representante acreditado/a e deberá ir acompañada da documentación que se requira en cada caso segundo se recolle no anexo 1.a).

Para os efectos do artigo 23.1.º do Regulamento (CE) n.º 1122/2009, considéranse contratos ou declaracións e outros documentos ou xustificantes constitutivos de admisibilidade da axuda de que se trate, segundo o previsto nos artigos 12 e 13 do citado regulamento, os especificados como tales no anexo 1.

O resto da documentación non considerada como elemento constitutivo da solicitude será exixible, de ser o caso, en aplicación do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. De acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, non será exixible aos solicitantes que sexan persoas físicas fotocopia do documento nacional de identidade nin do documento de identificación de estranxeiros/as, sempre que o/a solicitante preste o seu consentimento para que o órgano xestor poida realizar a consulta por medio telemático ao servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Administracións Públicas que para tal fin estableza o departamento competente en materia de xestión da Administración electrónica.

No caso de que o/a interesado/a non prestase o dito consentimento para a comprobación dos datos, poderáselle exixir que presente a fotocopia do documento de identidade correspondente.

3. Tampouco será exixible aos solicitantes que sexan persoas físicas a documentación xustificativa de teren a condición de profesional da agricultura se o/a solicitante ou as persoas físicas relacionadas coa explotación que deben acreditar tal condición autorizan o Fogga para solicitar directamente da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou da Tesouraría Xeral da Seguridade Social a certificación ou información suficiente que xustifique tal circunstancia.

Artigo 4. Contido da solicitude única no relativo á declaración de superficies.

1. Na parte correspondente á declaración de superficies da solicitude única deberán relacionarse a totalidade das parcelas agrícolas e das superficies forraxeiras da explotación, que incluirán todas as utilizacións presentes nela, incluso aquelas polas que non se solicite ningún réxime de axuda.

2. Para cada parcela agrícola deberá indicarse no impreso PA do anexo 1:

a) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes ao recinto ou recintos Sixpac (ou de concentración parcelaria, segundo o anexo 11, nos supostos previstos no número 2 do artigo 11 desta orde) que, en todo ou en parte, constitúen a correspondente parcela agrícola, formadas por provincia, concello, zona, polígono, parcela e recinto, así como a superficie total do recinto e a superficie sementada que corresponde á parcela agrícola, en hectáreas con dous decimais, e o nome do predio ou paraxe, se é o caso.

No que atinxe ás superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou semellantes utilizadas conxuntamente por varios/as produtores/as, anotaranse só as referencias catastrais de provincia e concello relativas á situación dos distintos recintos ou parcelas, con indicación expresa do nome e, se é o caso, do código do monte veciñal ou similar, a superficie forraxeira de uso en común total do monte e a superficie utilizada polo/a solicitante.

b) O produto cultivado e o grupo de cultivo a que pertence, indicando tamén a variedade cando se trate de pastos permanentes (segundo a definición dada no artigo 10.1.g) tal como se especifica no anexo 10 desta orde.

O/a solicitante diferenciará mediante o código de grupo de cultivo se a parcela agrícola debe ser tida en conta como superficie forraxeira para os efectos de carga gandeira ou a axuda específica do programa nacional para a calidade dos legumes ou se se trata doutras utilizacións.

c) O sistema de explotación: secaño ou regadío.

d) Se a parcela se debe ter en conta para xustificar dereitos de pagamento único.

e) Se a parcela se debe considerar para os efectos da solicitude de indemnización compensatoria.

f) Se a parcela se debe considerar para os efectos da solicitude das axudas agroambientais establecidas no CES.

3. O agricultor deberá facer unha declaración expresa en que dará a súa conformidade á delimitación, o uso e demais información contida no Sixpac para cada un dos recintos declarados e no caso contrario deberá facer as correspondentes alegacións segundo se especifica no artigo 12.

Artigo 5. Modificación das declaracións de superficies e os seus requisitos.

1. De acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, e sen prexuízo do disposto no parágrafo 3 deste artigo, unha vez finalizado o prazo para a presentación das solicitudes de axudas por superficie, as parcelas agrícolas que aínda non se declarasen na solicitude poderán engadirse a esta e poderán introducirse cambios relativos á utilización ou ao réxime de axuda, sempre que se cumpran os requisitos fixados nas normas sectoriais aplicables ao réxime de axuda correspondente.

2. A adición de parcelas agrícolas ou as modificacións introducidas de conformidade co parágrafo 1 comunicaránselle por escrito ao servizo territorial do Fogga, como moi tarde, o 31 de maio de 2012.

3. Non obstante, cando o Fogga informe o/a produtor/a da existencia de irregularidades na súa solicitude de axuda ou cando lle manifeste a súa intención de levar a cabo un control sobre o terreo e este control poña de manifesto a existencia de irregularidades, non se autorizarán as adicións nin os cambios recollidos nos parágrafos 1 e 2 respecto das parcelas agrícolas afectadas pola irregularidade.

4. As modificacións das solicitudes recollidas neste artigo presentaranse de acordo co modelo de impreso indicado no anexo 4.

Artigo 6. Límites mínimos por solicitude.

1. Para o réxime de pagamento único a superficie mínima será de 0,1 hectáreas.

2. Non se concederán pagamentos directos aos/ás agricultores/as cuxo importe total de pagamentos directos solicitados ou resultantes antes de aplicar reducións ou exclusións sexa inferior a 100 euros.

3. A base para o cálculo deste importe serán a superficie e os animais determinados axustados, se for o caso, á superficie máxima garantida e o límite máximo de animais, respectivamente.

Artigo 7. Compatibilidade do réxime de axuda por superficie.

1. As parcelas declaradas para xustificar os dereitos de axuda do réxime de pagamento único poden utilizarse para as actividades agrarias expresadas no artigo 41, relativo á utilización agraria das terras. Por tanto, o pagamento do dito réxime é compatible cos pagamentos ligados derivados dos réximes correspondentes ás utilizacións permitidas.

2. Nun ano dado non poderá presentarse respecto a unha parcela agrícola máis dunha solicitude de pagamento por superficie en virtude dun réxime financiado de conformidade coa letra c) do número 1, do artigo 3 do Regulamento (CE) n.º 1290/2005 do Consello, do 21 de xuño de 2005, sobre o financiamento da política agrícola común e o artigo 3 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 xaneiro de 2009.

Artigo 8. Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación da solicitude unificada de axudas PAC/DR 2012 empezará o día 1 de febreiro e finalizará o día 30 de abril de 2012, inclusive.

2. Non obstante o disposto no número anterior, admitiranse solicitudes de axuda ata 25 días naturais seguintes á data de finalización do prazo establecido, caso en que, a excepción dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes reduciranse un 1 por cento por cada día hábil en que se supere a dita data. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.

3. Para a consideración dos prazos para a presentación e admisión de solicitudes terase en conta o indicado no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (CEE, Euratom) n.º 1182/71 do Consello, do 3 de xuño de 1971 (DOUE do 8 de xuño de 1971), polo que se determinan as normas aplicables aos prazos, datas e termos; para a aplicación da presente orde entenderanse por días hábiles todos os días menos os días festivos, os domingos e os sábados.

4. No caso de que a finalización do prazo de presentación dunha solicitude de pagamento ou de xustificantes, contratos ou declaracións en relación coa dita solicitude ou de que a finalización do prazo para modificar a solicitude coincida cun día festivo, un sábado ou un domingo, considerarase que a finalización do prazo é o primeiro día hábil seguinte.

Artigo 9. Cláusula de antielusión.

Sen prexuízo de calquera disposición específica contida en réximes de axuda concretos, non se efectuará pagamento ningún a un/unha beneficiario/a cando se demostre que este/a creou artificialmente as condicións requiridas para a concesión de tales pagamentos para obter unha vantaxe contraria aos obxectivos do réxime de axuda.

Artigo 10. Definicións.

Ademais doutras definicións establecidas na normativa estatal e comunitaria, serán de aplicación á presente orde as seguintes:

1. Definicións relativas ao réxime do pagamento único e outros réximes de axuda directa á agricultura e á gandaría:

a) Pagamento ligado: pagamento directo subordinado á produción dun produto específico.

b) Agricultor/a: a persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, cuxa explotación se atope no territorio español e que exerza unha actividade agraria.

c) Explotación: o conxunto de unidades de produción administradas por un/unha mesmo/a agricultor/a, en cada campaña, que se atopen no territorio español.

d) Superficie agraria: calquera superficie dedicada a terras de cultivo, pastos permanentes ou cultivos permanentes.

e) Utilización: a que se faga da superficie en termos de tipo de cultivo, cuberta vexetal ou a ausencia destes.

f) Cultivos permanentes: os cultivos non sometidos á rotación de cultivo distintos dos pastos permanentes que ocupen as terras durante un período de cinco anos ou máis e produzan colleitas repetidas, incluídos viveiros e árbores forestais de ciclo curto.

g) Pastos permanentes: as terras utilizadas para o cultivo de gramíneas ou outras forraxes herbáceas, xa sexan naturais (espontáneas) ou cultivadas (sementadas), e non incluídas na rotación de cultivos da explotación durante cinco anos ou máis, excluídas as terras retiradas de conformidade coa normativa comunitaria.

h) Parcela agrícola ou plantación: superficie de terra continua en que un/unha só/soa agricultor/a cultiva un único produto.

i) Sixpac: Sistema de Información Xeográfica das parcelas agrícolas, de acordo co establecido no artigo 17 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 e no Real decreto 2128/2004.

j) Parcela Sixpac: superficie continua de terreo cunha referencia alfanumérica única representada graficamente no Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas.

k) Recinto Sixpac: cada unha das superficies continuas de terreo dentro dunha parcela Sixpac cun uso agrícola único dos definidos no anexo II do Real decreto 2128/2004.

l) Superficie forraxeira: a superficie da explotación, incluídas as superficies utilizadas en común e as que estean dedicadas a un cultivo mixto, dispoñible durante todo o ano natural para a cría de bovinos, ovinos e cabrúns, en relación ao disposto no sistema integrado de xestión e control previsto no Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro. Non se contabilizarán nesta superficie:

– As construcións, os bosques, os corgos e os camiños.

– As superficies que se empreguen para cultivos beneficiarios dun réxime de axuda comunitario ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas.

– As superficies a que se aplique o réxime de apoio fixado para os produtores de cultivos herbáceos, utilizadas para o réxime de axuda ás forraxes desecadas ou obxecto dun programa nacional ou comunitario de retirada de terras.

m) Período de retención: o período durante o cal un animal polo cal se presentou unha solicitude de axuda debe manterse na explotación.

n) Vaca nutriz: a vaca que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de xatos para a produción de carne.

o) Xovenca: o bovino femia a partir de oito meses de idade que non pariu aínda.

p) Ovella: toda femia de especie ovina que pariu polo menos unha vez, ou que ten como mínimo un ano na data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude unificada.

q) Cabra: toda femia da especie cabrúa que pariu polo menos unha vez, ou que ten como mínimo un ano na data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude unificada.

r) Actividade agraria: a produción, a cría ou o cultivo de produtos agrarios con inclusión da colleita, a muxidura, a cría de animais e o mantemento de animais para efectos agrícolas, ou o mantemento da terra en boas condicións agrarias e ambientais de acordo co disposto no artigo 6 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

s) Código NC: código de nomenclatura combinada establecido no Regulamento (CEE) n.º 2658/1987 do Consello, do 23 de xullo, relativo á nomenclatura arancelaria e estatística e ao arancel aduaneiro común.

t) Profesional da agricultura: tal e como se define no artigo 16 da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, é a persoa física titular dunha explotación agrícola gandeira ou forestal que requira un volume de emprego de, polo menos, media unidade de traballo agrario e que obteña, como mínimo, o 25 por cento da súa renda de actividades agrarias ou complementarias. Así mesmo, presumirase que ten a condición de profesional da agricultura o/a titular dunha explotación agrícola, gandeira ou forestal dado/a de alta no sistema especial dos/as traballadores/as por conta propia agrarios/as do réxime especial dos/as traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, así como os/as encadrados/as no dito réxime pola súa actividade agraria. Tamén terán a consideración de profesional da agricultura as entidades asociativas agrarias titulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais que requiran un volume de traballo de, polo menos, unha unidade de traballo anual.

v) Razas bovinas de aptitude eminentemente láctea: son razas bovinas de aptitude eminentemente láctea as relacionadas no anexo 13. Ademais, en Galicia considérase razas bovinas de aptitude láctea as razas fleckvieh, montebeliard, parda alpina e os animais da especie bovina que figuren no conxunto mestizo dunha explotación bovina de produción de leite ou mixta que dispoña de cota láctea, nun número máximo que non supere a ratio de cota láctea entre o rendemento medio de 6.500 kg, menos os animais de razas do anexo 13, e das razas fleckiveh, montebeliard e parda alpina.

2. Definicións correspondentes ás axudas ao desenvolvemento rural.

Ademais das definicións das letras b), e), g), h), i), j), k), l), u) e v) do punto 1, teranse en conta as seguintes:

a) Titular de explotación: a persoa física, xurídica ou grupo de persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo o risco e responsabilidade civil, social e fiscal que poida derivar da xestión da explotación.

b) Agricultor/a a título principal: o/a agricultor/a profesional que obteña, polo menos, o 50 por cento da súa renda da actividade agraria exercida na súa explotación e cuxo tempo de traballo dedicado a actividades non relacionadas coa explotación sexa inferior á metade do seu tempo de traballo total.

c) Agricultor/a mozo/a: para os efectos destas axudas, entenderase por agricultor/a mozo/a a persoa que teña unha idade comprendida entre os dezaoito e os corenta anos e exerza ou pretenda exercer a actividade agraria, no momento da solicitude.

d) Agricultor profesional: a persoa física que, sendo titular dunha explotación agraria obteña polo menos o 50 por cento da súa renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria non sexa inferior ao 25 por cento da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario.

e) Carga gandeira: relación entre o número de UGM e as hectáreas de superficie con aproveitamento forraxeiro da explotación, incluídas as de aproveitamento comunal a que teña dereito.

Dentro das axudas a produtores/as agrarios/as que establezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe só se comprobará que a carga gandeira non supera o valor máximo establecido naquelas solicitudes que conteñan algunha axuda das subseccións gandeiras.

f) Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente polo/a seu/súa titular no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fin de mercado e que constitúe, en si mesma, unha unidade técnico-económica.

g) Explotacións agrarias prioritarias: as explotacións agrarias familiares e as asociativas que estean cualificadas como prioritarias, conforme a Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias.

h) Módulo base: a cantidade que haberá que pagar na indemnización compensatoria por hectárea de superficie indemnizable.

i) Pastos comunais: parcelas de pasto permanente que son aproveitadas en común polos/as gandeiros/as con dereitos de uso para os/as cales a declaración na solicitude única de axudas só se pode realizar a partir das superficies teóricas resultantes da súa adxudicación.

j) Renda de referencia: indicador relativo aos salarios brutos non agrarios en España. A súa contía establécese anualmente en función dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

k) Solicitude de pagamento: a solicitude anual que contén a definición dos elementos que dan dereito ao pagamento da axuda correspondente a unha campaña determinada.

l) Superficie agrícola útil (SAU): de acordo coa definición establecida na Decisión 2000/115/CE da Comisión, do 24 de novembro de 1999, enténdese como tal o conxunto da superficie de terras arables, as pradarías e pastos permanentes, as terras dedicadas a cultivos permanentes e as hortas familiares utilizadas pola explotación en réxime de propiedade, arrendamento, parzaría ou título gratuíto. As superficies con nogueiras e castiñeiros destinados principalmente á produción frutícola terán a consideración de SAU, non así as sebes nin as cortinas cortaventos de arboredo, que serán consideradas superficies forestais.

m) Superficie indemnizable: a superficie resultante da aplicación dos coeficientes redutores a cada categoría de aproveitamento nas superficies declaradas en zona desfavorecida.

n) Unidade de gando maior (UGM): os touros, vacas e outros animais da especie bovina de máis de dous anos e os équidos de máis de seis meses. Para outras idades ou especies de gando establécese a seguinte equivalencia:

1. Os bovinos de seis meses a dous anos equivalen a 0,6 UGM.

2. Os bovinos de menos de seis meses equivalen a 0,4 UGM.

3. Cada animal da especie ovina e cabrúa, excepto años e cabritos, equivale a 0,15 UGM.

4. Gando porcino:

• Unha porca de cría equivale a 0,5 UGM.

• Outros animais da especie porcina equivalen a 0,3 UGM.

5. Avicultura: outras aves de curral distintas das poñedoras: 0,003 UGM.

p) Unidade de traballo agrario (UTA): de acordo coa Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, unha UTA é o traballo efectuado por unha persoa dedicada a tempo completo durante un ano á actividade agraria.

q) Aves de curral para a produción de carne: animais de especie Gallus domesticus criados ou mantidos en cativerio como aves de cría ou de explotación para a produción de carne.

r) Explotación avícola de carne: calquera instalación, construción ou, no caso das explotacións ao aire libre, calquera lugar utilizado para a cría ou tenza de aves de curral para produción de carne.

s) Unidade mínima de cultivo agroambiental (UMCA): a referencia para determinar a superficie agroambiental a partir da cal os custos totais unitarios tenden a diminuír conforme medra o número de hectáreas cultivadas. A superficie agraria da UMCA será de 20 hectáreas para os efectos de calcular o importe da prima, agás para a apicultura ecolóxica, en que será de 25 ha, e para a apicultura para a mellora da biodiversidade en zonas fráxiles, que será de 300 hectáreas.

3. Definicións relativas á condicionalidade.

a) Solo saturado: aquel solo en que todos os seus poros están cheos de auga.

b) Socalco de retención: muro de pedra seca, os ribanzos provistos de vexetación herbácea, arbustiva ou arbórea, os socalcos ou gabias de contorno no caso de labra a nivel e as barreiras vivas vexetais perpendiculares á pendente que, mediante o control do escorremento, protexen o solo da erosión.

c) Labrar a terra: remover o terreo de cultivo mediante útiles mecánicos.

d) Pendente: a inclinación media do terreo calculada nun recinto Sixpac a partir dun modelo dixital de elevacións, composto por unha malla de puntos cunha equidistancia entre estes dun máximo de 20 metros e unha precisión similar á da cartografía 1:10.000.

e) Carga gandeira efectiva: o gando calculado en unidades de gando maior (UGM) que, por hectárea de superficie forraxeira, se mantén principalmente a base de recursos naturais propios.

f) Vexetación espontánea non desexada: aquelas especies vexetais que, aínda que non poñan en risco a capacidade produtiva dos solos agrícolas a medio e longo prazo, ameacen coa súa proliferación, con romper o tradicional equilibrio agroecolóxico dun predio ou zona de cultivo determinada e con afectar por extensión os campos de cultivo circundantes.

g) Refinación de terras: aquelas operacións de acondicionamento da superficie do solo dos socalcos e terras de regadío destinadas a mellorar a eficiencia do uso da auga e facilitar a práctica da rega realizadas sobre parcelas de cultivo en que se utilizan métodos de rega por gravidade, por superficie ou por inundación.

h) Zonas con elevado risco de erosión: as zonas que, para tal efecto, sexan establecidas polo organismo competente da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, as definidas no Inventario nacional de erosión de solos (2002-2012) do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, ou no Mapa de estados erosivos (1986-1990) do Ministerio de Medio Ambiente nas zonas onde non se editase o dito inventario.

i) Elemento estrutural: aquelas características do terreo tales como as marxes das parcelas con características singulares, socalcos de retención, camallóns, illas e enclaves de vexetación natural ou rocha, sebes e soutos que se encontren no interior da parcela, pozas, lagoas, estanques e bebedoiros naturais e árbores de barreira en liña, en grupo ou illados. Así mesmo, considéranse elementos estruturais pequenas construcións, como muretes de pedra seca, antigos pombais ou outros elementos de arquitectura tradicional que poidan servir de abeiro para a flora e a fauna.

CAPÍTULO II
Do sistema de información xeográfica de parcelas

Artigo 11. Utilización do Sixpac.

1. O sistema de identificación de parcelas agrarias previsto no artigo 17 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos/ás agricultores/as e polo que se modifican determinados regulamentos, é o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac), de acordo co Real decreto 2128/2004, e tamén para os efectos da xestión e control dos réximes de axuda establecidos nesta orde cando sexa preciso identificar as parcelas.

Os recintos do Sixpac están definidos polos parámetros de provincia, concello catastral, agregado, zona, polígono, parcela e recinto, a superficie destes e o uso asignado a cada un, entre os indicados no anexo 6, de acordo coa metodoloxía de constitución do sistema.

2. Non obstante, de forma excepcional e para o ano natural 2012, nas áreas indicadas no anexo 11, por razóns da existencia de modificacións territoriais aínda non reflectidas no Sixpac, utilizaranse as referencias oficiais identificativas de concentración parcelaria indicadas no dito anexo.

Artigo 12. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac.

1. As persoas interesadas poderán acceder á información contida no Sixpac na forma establecida no artigo 10 da orde da anteriormente denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 24 de xaneiro de 2005 (DOG do 28 de xaneiro), pola que, entre outros, se establece o Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas en Galicia. Os/as interesados/as poderán, así, verificar os datos relativos aos recintos e poderán presentar ben alegacións á dita información, porque non se corresponde coa realidade debido a un erro, ou ben solicitudes de modificación porque cambiase con posterioridade respecto á utilizada na execución dos traballos de creación do Sixpac.

2. Tendo en conta a finalidade do Sixpac, as ditas alegacións ou solicitudes de modificación corresponderán en xeral ás seguintes causas:

a) Desconformidade do/a agricultor/a co uso asignado a un recinto completo.

b) Desconformidade do/a agricultor/a co coeficiente de regadío (secaño/regadío) nun recinto completo.

c) Desconformidade do/a agricultor/a co uso de parte dun recinto.

d) Desconformidade do/a agricultor/a co coeficiente de regadío (secaño/regadío) en parte dun recinto.

e) Existencia dunha parcela situada en zona urbana que ten un uso agrícola.

3. As persoas interesadas na presentación de alegacións e solicitudes de modificación ao Sixpac deberán presentar o modelo que figura no anexo 5 xunto coa documentación indicada neste dirixido ao director do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Artigo 13. Lugar e prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac.

As alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac presentaranse na oficina agraria comarcal en que estea situado o recinto ou parcela ou a maior parte dos recintos/parcelas que afecten ou mediante calquera das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo de presentación será ata o 31 de maio de 2012, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas das solicitudes de axuda tramitadas coa solicitude unificada no ano 2012. As solicitudes de modificación do Sixpac presentadas despois do 31 de maio de 2012 non serán tidas en conta para efectos das axudas contidas na solicitude unificada para a campaña 2012, pero si para outros efectos, entre outros o relativo á actualización do uso e a súa coordinación co rexistro vitícola.

Artigo 14. Tramitación e resolución de alegacións e solicitudes de modificación.

1. As oficinas agrarias comarcais revisarán a documentación e, cando se presenten deficiencias, comunicaranllo ao/á interesado/a para que as emende nun prazo de 10 días de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A comprobación polos servizos territoriais do Fogga da información subministrada polo/a interesado/a coa información reflectida no Sixpac poderá dar lugar ás seguintes propostas:

a) Proposta de resolución favorable da alegación ou solicitude de modificación se se comproba a veracidade dos datos que o/a agricultor/a proporciona sen necesidade doutras actuacións.

b) Proposta de resolución desestimatoria, que significará que a alegación ou solicitude de modificación non se pode aceptar.

c) Necesidade de información complementaria que se lle debe solicitar ao/á interesado/a ou de visita ao recinto/parcela da explotación.

3. Elevadas as propostas correspondentes, as alegacións e solicitudes de modificación serán resoltas polo director do Fogga e procederase á súa comunicación persoal aos/ás interesados/as.

4. O prazo para resolver as alegacións ou solicitudes de modificación é de seis meses desde a súa presentación.

Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, poderanse entender desestimadas.

5. Contra a resolución do director do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada perante o presidente do citado organismo no prazo dun mes, contado desde a notificación da resolución que se impugna.

Artigo 15. Integración dos cambios no sistema.

1. Os cambios na base de datos do Sixpac derivados das modificacións ou das alegacións referidas aos usos, sistema de explotación ou de unións ou divisións de recintos realizaraos o Fogga unha vez resoltas estas. Estes cambios quedarán así actualizados e integrados na base de datos Sixpac.

2. Os datos que se integren no Sixpac e resulten dun falseamento nas propostas de modificación non terán eficacia xurídica para os efectos da súa consideración como dato na xestión de axudas financiadas total ou parcialmente con cargo ao Feaga e ao Feader, polo que en ningún caso xerarán dereitos para as axudas afectadas polo Sixpac, sen prexuízo doutras responsabilidades en que se puider incorrer.

CAPÍTULO III
Da condicionalidade

Artigo 16. Obxecto e ámbito de aplicación.

Este capítulo ten por obxecto definir na Comunidade Autónoma de Galicia as boas condicións agrarias e ambientais e os requisitos legais de xestión que deberá cumprir o/a agricultor/a no ano 2012 de acordo coa condicionalidade, de conformidade co Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

Tamén se define un sistema para a aplicación dos controis e as reducións, no relativo á condicionalidade, nos pagamentos, de conformidade co Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro, polo que se establecen disposicións para a aplicación da condicionalidade, a modulación e o sistema integrado de xestión e control previstos no Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, co Regulamento (UE) n.º 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e da condicionalidade en relación coas medidas de desenvolvemento rural, co Real decreto 486/2009, do 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais e de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os/as agricultores/as que reciban pagamentos directos no marco da política agrícola común, os/as beneficiarios/as de determinadas axudas ao desenvolvemento rural e os/as agricultores/as que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinca da viña, co Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, sobre a aplicación a partir de 2012 dos pagamentos directos á agricultura e a gandería, e co Decreto 106/2007, da Xunta de Galicia, do 21 de maio, sobre a distribución de competencias na aplicación e control da condicionalidade en relación co desenvolvemento rural e coas axudas directas da política agrícola común.

Artigo 17. Obriga de cumprir os requisitos da condicionalidade.

Todo/a agricultor/a que reciba pagamentos directos dos previstos nos títulos II e III desta orde deberá observar os requisitos legais de xestión a que se refire o anexo 20 desta orde, así como as boas condicións agrarias e agroambientais indicadas no anexo 21.

Cando non se respecten os requisitos legais de xestión e/ou as boas condicións agrarias ou ambientais en calquera momento do ano natural en que o/a agricultor/a presente a solicitude unificada, as posibles reducións ou exclusións recaerán sobre o/a agricultor/a que reciba os pagamentos directos derivados da dita solicitude, incluso cando no caso de transferencia parcial ou total da explotación os incumprimentos poidan atribuírse a quen recibe na dita transferencia a parcela agrícola en que se detectasen as irregularidades.

Artigo 18. Pastos permanentes.

O/a agricultor/a titular de superficies dedicadas a pastos permanentes aterase ás exixencias previstas na normativa comunitaria, así como ás que estableza a Consellería do Medio Rural e do Mar, co obxecto de previr que a superficie total de pastos permanentes sufra unha redución significativa segundo o previsto no artigo 6 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, e no artigo 3 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009, en que se recollen as marxes de redución anual admisibles respecto á proporción de referencia para 2003.

No suposto de superación nacional das citadas marxes e de acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009, e no caso de que se produza tamén exceso na Comunidade Autónoma de Galicia, o director do Fogga establecerá as obrigas de carácter individual que sexan necesarias, sen prexuízo das competencias de coordinación que lle correspondan ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Artigo 19. Órganos especializados de control de condicionalidade.

1. O Fogga será o órgano de control especializado das boas condicións agrarias e ambientais establecidas no anexo 21 desta orde e dos requisitos legais de xestión que se indican no anexo II do Decreto 106/2007, do 21 de maio.

2. A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria a través dos servizos de Sanidade Animal, de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras e de Produción e Sanidade Vexetal, será o órgano de control especializado para os requisitos legais de xestión que se indican no anexo I do Decreto 106/2007, da Xunta de Galicia.

Artigo 20. Control da condicionalidade e redución ou exclusión dos pagamentos.

1. O Fogga realizará as seguintes funcións, no marco do establecido no artigo 3 do Decreto 106/2007:

a) Elaboración do plan de controis de condicionalidade para a Comunidade Autónoma de Galicia no marco do plan de controis da condicionalidade elaborado polo Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) para o ano 2012.

b) Remitirlles aos órganos especializados de control indicados no artigo 19.2 a relación de solicitantes de axudas establecidas nos títulos II e III desta orde.

c) Seleccionar as explotacións agrarias obxecto de control en ámbitos en que é órgano especializado, efectuar os controis e remitirlles os informes específicos de control resultantes das inspeccións de condicionalidade aos servizos xestores das axudas.

d) Aplicar as reducións e exclusións dos importes totais de pagamentos de axudas correspondentes aos títulos II e III a partir do indicado nos informes específicos de control da condicionalidade propios e dos remitidos por outros organismos de control especializados, consonte o disposto nos artigos 70, 71, 72, 73, 77 e 78 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009.

2. Os órganos especializados da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria indicados no artigo 19.2 realizarán as seguintes funcións no marco do establecido no artigo 2 do Decreto 106/2007, do 21 de maio:

a) Recibir do Fogga a relación de solicitantes das axudas establecidas nos títulos II e III desta orde.

b) Seleccionar as explotacións agrarias obxecto de control nos ámbitos en que son órganos especializados de control, efectuar os controis e remitirlle os informes específicos de control resultantes das inspeccións de condicionalidade ao Fogga.

3. Para os efectos do artigo 24.2.º, parágrafo segundo, do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, non se aplicarán reducións a un/unha agricultor/a cando todos os incumprimentos que se detectasen sexan menores, entendendo como tales os avaliados con gravidade leve, que non teñan repercusión fóra da explotación e dos cales non derivan efectos ou o seu tempo de permanencia dos mesmos sexa menor dun ano. Os casos que entrañen riscos directos para a saúde pública ou a sanidade animal non se considerarán incumprimentos menores. Unha vez informado/a o/a agricultor/a das medidas correctoras que debe adoptar, se non corrixe a situación dentro dun prazo que non poderá ser posterior ao 30 de xuño do ano seguinte a aquel en que se observou o incumprimento, este non se considerará menor e aplicarase, como mínimo, unha redución do 1 por cento. No caso de adoptar as medidas correctoras dentro do prazo previsto non se considerará incumprimento.

TÍTULO II
Dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría

CAPÍTULO I
Dos límites máximos orzamentarios e modulación

Artigo 21. Superación dos límites orzamentarios.

Os pagamentos directos non poderán superar os límites máximos orzamentarios indicados no artigo 3 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, para cada liña de axudas.

Artigo 22. Modulación.

1. A todo/a agricultor/a ao/á que se lle deba conceder un montante total de pagamentos directos por un importe superior a 5.000 euros aplicaráselle unha redución do 10 por cento soamente sobre o importe que supere os ditos 5.000 euros.

2. A porcentaxe de redución prevista no número 1 incrementarase en catro puntos porcentuais para montantes de pagamentos directos que excedan un importe de 300.000 euros, non sendo de aplicación este incremento para os primeiros 300.000 euros.

CAPÍTULO II
Do réxime de pagamento único

Sección 1.ª Disposicións xerais

Artigo 23. Beneficiarios/as e requisitos.

Terán dereito a percibir o pagamento único os/as agricultores/as que posúan en propiedade ou en réxime de arrendamento dereitos de pagamento único conforme o establecido no artigo 3 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro.

Poderase conceder a axuda derivada do réxime do pagamento único prevista no capítulo I do título III do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, PU, DPU, RS, PA e RG do anexo 1, dispoñan dos correspondentes dereitos do réxime de pagamento único e xustifiquen a súa utilización.

1. Os dereitos de axuda do pagamento único xustificaranse de acordo co establecido na sección 5.ª deste capítulo.

Sección 2.ª Integración dos distintos sectores no réxime do pagamento único.
Publicación de datos da asignación

Artigo 24. Incorporación ao réxime de pagamento único dos réximes que se desligan na campaña 2012.

1. Na campaña 2012 incorporaranse ao réxime de pagamento único a prima ás protexinosas, a prima por sacrificio de gando bovino e as demais axudas indicadas no artigo 8 do Real decreto 1680/2009.

Para a prima ás proteaxinosas o período de referencia son as campañas 2007-2008 e 2008-2009, a porcentaxe que se desligará o 100 por cento e o limite orzamentario nacional é de 10.905.000 euros.

Para a prima por sacrificio de bovino o período de referencia son as campañas 2007-2008 e 2008-2009 a porcentaxe que se desligará é o 33 por cento e o límite orzamentario nacional de 47.735.000 euros.

2. Os/as beneficiarios/as que se incorporarán ao réxime de pagamento único na campaña 2012 serán os/as agricultores/as para os/as cales durante o período de referencia se establecesen, como mínimo, superficies ou animais determinados nalgunha das axudas indicadas no número 1.

3. Se os/as beneficiarios/as xa tivesen dereitos de pagamento único, incrementarase o seu valor engadindo aos/ás mesmos/as o importe de referencia calculado como consecuencia da integración deste sector no réxime de pagamento único.

4. Se os/as beneficiarios/as non tivesen dereitos de pagamento único, asignaráselles un número de dereitos igual ao número de hectáreas, do ano 2012, admisibles para o pagamento único e que resulten determinadas no proceso de control. Neste caso, o valor de cada dereito establecerase dividindo o importe de referencia entre o número de dereitos establecido.

5. No caso dos/as produtores/as de bovino para sacrificio se o/a produtor/a non dispuxese de dereitos normais de pagamento único ou de hectáreas admisibles declaradas na solicitude única 2012, ou cando o seu dereito de pagamento por hectárea resulte superior a 5.000 euros, asignaránselle dereitos especiais que non superarán os 5.000 euros por dereito, tal e como establece o artigo 65 do Regulamento (CE) n.º 73/2009, do 19 de xaneiro.

Sección 3.ª Asignación de dereitos

Artigo 25. Asignación de dereitos de axuda provisionais e definitivos e solicitudes de admisión ao réxime do pagamento único.

1. De acordo co disposto no artigo 14 do Real decreto 1680/2009, os dereitos provisionais correspondentes ao ano 2012 asignaranse antes do 30 de novembro de 2011 e a asignación comunicarase aos interesados antes do 31 de xaneiro de 2012, para efectos de que os interesados poidan presentar alegacións.

2. Se un/unha produtor/a non posuír dereitos de pagamento único no momento da asignación dos dereitos provisionais indicados no parágrafo anterior, comunicaránselle unicamente os importes provisionais de referencia que se terán en conta na asignación de dereitos definitivos de pagamento único que se realizarán unha vez que se determine a superficie admisible da campaña 2012.

3. Os dereitos definitivos de pagamento único para establecer no ano 2012 calcularanse despois de finalizar o período de valoración de alegacións e asignaranse de maneira definitiva, o máis tardar, o 31 de decembro de 2012, sempre que o/a produtor/a se atope nalgunha das circunstancias recollidas no artigo 3.1 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro.

4. Todos/as aqueles/as agricultores/as aos/ás cales se vaian asignar dereitos que non sexan titulares ou propietarios/as de dereitos de pagamento único ao inicio do ano deberán solicitar, na comunidade autónoma onde presentan a solicitude única para o ano 2012, a admisión ao réxime de pagamento único para poderen participar nel e recibiren a asignación de dereitos definitivos que lles corresponda.

Artigo 26. Comunicacións e actualización.

1. O Fogga comunicará, antes do 31 de xaneiro de 2012, aos/ás beneficiarios/as do réxime de pagamento único que obteñan dereitos provisionais derivados do desligamento total de axudas na campaña 2012, información dos dereitos provisionais asignados, na Oficina Agraria Virtual (OAV) da Consellería do Medio Rural e do Mar mediante o DNI/NIF e o contrasinal OAV, no enderezo da internet http://mediorural.xunta.es/ e na oficina agraria comarcal da zona da explotación, facilitando polo menos os seguintes datos:

a) O importe de referencia establecido para a incorporación das axudas de cada un dos sectores en réxime de pagamento único.

b) O número de hectáreas, se procede, establecido para a incorporación das axudas dos sectores en réxime de pagamento único.

c) O número e valor dos dereitos de axuda provisionais que se determinen, se procede, tendo en conta o establecido no Regulamento (CE) n.º 795/2004 da Comisión, do 21 de abril.

O Fogga tamén poderá remitir a dita información de importes e hectáreas, xunto cos datos previos para a presentación da solicitude unificada PAC 2012.

2. Aqueles/as agricultores/as que estean en desacordo cos datos correspondentes aos dereitos provisionais que se lles comuniquen ou que, sendo beneficiarios/as, non tivesen asignación, poderán presentar, ante o director do Fogga, ata o último día do prazo de presentación da solicitude unificada 2012, alegacións segundo os anexos 2.a) a 2.d), mediante as cales se xustifiquen os motivos para un novo cálculo dos dereitos de axuda.

3. Para os efectos de poder calcular os dereitos definitivos, os/as agricultores/as que se acollan ao establecido no artigo 26.2 deberán comunicar ao Fogga, a través das oficinas agrarias comarcais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os datos e documentos que se relacionan nos anexos 2.a) a 2.d) ata o último día do prazo de presentación da solicitude unificada 2012.

4. As comunicacións de modificacións propostas polos/as agricultores/as serán verificadas polo Fogga e, no caso de seren aceptadas, efectuaranse as oportunas correccións.

Artigo 27. Condicións xerais das alegacións.

1. Os/as agricultores/as aos/ás cales no ano 2012 se lles comunique a concesión de dereitos provisionais de pagamento único como consecuencia da incorporación nel dos réximes de axudas relacionados nesta orde, poderán presentar alegacións a esta concesión ata o último día do prazo de presentación da solicitude unificada 2012.

2. As alegacións aos dereitos provisionais comunicados poderán ser de catro tipos:

a) Inicio de actividade durante o período de referencia;

b) Causa de forza maior ou dificultades excepcionais no período de referencia;

c) Cambios de titularidade da explotación;

d) Solicitude de corrección de erros.

Artigo 28. Alegacións á comunicación de dereitos provisionais por agricultores/as que iniciaron a actividade durante o período de referencia.

1. Os/as agricultores/as que iniciasen a actividade nalgún dos sectores que se incorporan ao réxime de pagamento único relacionados no artigo 25.1 durante o período de referencia correspondente, deberán realizar a comunicación establecida no artigo 27.3, de xeito que poida establecerse o importe de referencia e/ou o número de hectáreas correspondentes, con base unicamente ano ano ou anos naturais en que exerceu a actividade agraria durante o período de referencia.

2. Para verificar a autenticidade do inicio de actividade, comprobarase que estes/as produtores/as non exerceron a actividade agraria nin recibiron axudas agrarias nos cinco anos anteriores á data de incorporación alegada.

3. A actividade agraria deberá terse exercido con continuidade desde aquela, agás que sexa de aplicación algunha das causas de forza maior establecidas no artigo 29.1.

Artigo 29. Alegación á comunicación de dereitos provisionais por agricultores/as afectados/as por causa de forza maior ou dificultades excepcionais no período de referencia.

1. Poderán acollerse ao réxime de pagamento único todos/as aqueles/as agricultores/as cuxa produción, durante algún ano do período de referencia, se vise afectada por causa de forza maior ou dificultades excepcionais, conforme o disposto no artigo 31 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

Para os ditos efectos, soamente serán consideradas causas de forza maior e circunstancias excepcionais as seguintes:

a) Falecemento ou desaparición do/a agricultor/a.

b) Incapacidade laboral de longa duración do/a agricultor/a.

c) Catástrofe natural grave que afectase seriamente as terras agrarias da explotación. Para poder acollerse a este apartado deberá existir declaración de zona catastrófica por parte da autoridade competente na rexión onde estea situada a explotación, establecida mediante a publicación dunha norma legal, estatal ou autonómica que cualifique, en primeiro lugar, o suceso destrutivo acontecido como catástrofe natural ou fenómeno climatolóxico asimilable a catástrofe natural, delimitándose a seguir a zona afectada pola catástrofe ben nesa norma legal ou noutra norma complementaria posterior.

d) Destrución accidental de naves gandeiras da explotación.

e) Epizootia que afectase a unha parte ou a totalidade do gando do/a produtor/a.

2. Os/as agricultores/as cuxa produción, durante o período de referencia, se vise afectada por algún dos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais, ocorridos antes do citado período ou durante o mesmo, deberán realizar a comunicación establecida no artigo 26.3, co fin de calcular o importe de referencia e o número de hectáreas que lles correspondan en función do ano dentro do período de referencia non afectados por estes acontecementos. Non se poderán ter en conta causas de forza maior ou circunstancias excepcionais, cando outro/a titular acadase produción no sector considerado ou solicitase e acadase outras axudas directas para a mesma explotación e período.

3. No caso de que as situacións alegadas cubran todo o período de referencia, establecerase un importe de referencia de acordo con criterios obxectivos, de modo que quede garantida a igualdade de trato entre os/as agricultores/as e se evite o falseamento da competencia e do mercado.

Artigo 30. Alegacións á comunicación de dereitos provisionais por agricultores/as que realizaron cambios de titularidade.

1. Os/as agricultores/as que, cumprindo os demais requisitos e condicións previstos no réxime de pagamento único, recibiron a explotación ou parte dela dun/ha agricultor/a dos sectores incorporados contemplados no artigo 25.1 por algunha das circunstancias indicadas no numero seguinte, deberán realizar a comunicación establecida no artigo 26.3.

2. As circunstancias as que fai referencia o número anterior son as seguintes:

a) Por herdanza real ou anticipada. Terán consideración de herdanza anticipada, para estes efectos, as xubilacións da actividade agraria en que o/a herdeiro/a inter vivos sexa un/unha familiar de primeiro grao do/a titular dos dereitos provisionais, así como os programas aprobados de cesamento anticipado da actividade agraria.

O/a herdeiro/a ten os mesmos dereitos e obrigas que o/a agricultor/a ao/á que sucede na explotación. Non é posible herdar unicamente dereitos provisionais, senón que estes se reciben como consecuencia da herdanza da explotación e a actividade agraria. Esta situación inclúe os/as herdeiros/as ou sucesores/as de arrendatarios/as de terras con dereitos de pagamento único que reciben o contrato de arrendamento xunto cos dereitos na herdanza.

b) Por cambio da personalidade xurídica ou da denominación do/a agricultor/a.

c) Por fusión ou escisión de agricultores/as.

d) Por compravenda con cesión dos dereitos provisionais de axuda.

Todos aqueles contratos de venda ou cesións gratuítas liquidadas de impostos, celebrados ou modificados antes da data límite da presentación das solicitudes de pagamento único no primeiro ano de solicitude única do sector incorporado, que estipulen que se cede a totalidade ou parte da explotación, cos dereitos provisionais de axuda xerados polas unidades de produción correspondentes, terán carácter de cesión dos dereitos de axuda con terras, pero non se aplicará a peaxe correspondente ao tratarse de dereitos provisionais e non definitivos.

Inclúense neste suposto as finalizacións de arrendamentos onde o/a arrendatario/a cede ao/á arrendador/a os dereitos provisionais xunto á devolución das terras.

3. Para os/as produtores/as que presentaron unha cesión de dereitos de pagamento único, con posterioridade ao 1 de novembro de 2007, por algún dos casos a, b e c do número anterior, concederáselle de oficio a alegación de cambio de titularidade dos dereitos provisionais correspondentes a favor do/a receptor/a da cesión de dereitos previamente presentada e aprobada pola autoridade competente.

Artigo 31. Corrección de erros.

Se un/ha agricultor/a non estiver de acordo cos datos do período de referencia recibidos xunto á asignación dos dereitos provisionais, presentará a correspondente alegación indicando un ou varios supostos recollidos no anexo 2.a), para que se proceda á corrección dos erros detectados. Para isto observarase o disposto no artigo 27.2 relativo ás comunicacións e actualizacións de datos da presente orde.

Artigo 32. Contratos de arrendamento no ano de asignación dos dereitos de pagamento único procedentes dos sectores relacionados no artigo 25.1.

1. De acordo co disposto no artigo 27 do Regulamento (CE) n.º 795/2004 da Comisión, do 21 de abril, os arrendamentos de terras vixentes no ano de asignación dos novos dereitos de axuda consecuencia da incorporación de novos sectores ao réxime de pagamento único poderán considerarse arrendamentos con terras sempre que exista algunha cláusula nun contrato de arrendamento que prevexa a cesión dun número de dereitos que non supere o número de hectáreas arrendadas e cumpra co establecido no número 1 do dito artigo.

2. Os dereitos de axuda e as hectáreas arrendaranse polo mesmo período de tempo. O/a arrendador/a solicitará o establecemento dos dereitos de axuda do xeito previsto no artigo 27.2 do Regulamento (CE) n.º 795/2004 da Comisión, do 21 de abril. O/a arrendatario/a solicitará o pagamento segundo o previsto no artigo 27.3 do Regulamento (CE) n.º 795/2004 da Comisión, do 21 de abril.

3. As solicitudes de arrendador/a e arrendatario/a presentaranse simultaneamente sempre que ambos/as teñan que presentala na mesma comunidade autónoma. No caso contrario, a solicitude do/a arrendatario/a incluirá unha referencia á do/a arrendador/a en canto ao nome e apelidos, NIF ou CIF e número de dereitos arrendados.

Artigo 33. Comunicacións da asignación definitiva de dereitos.

1. O Fogga dará publicidade aos datos relativos ás asignacións definitivas aos agricultores da Comunidade Autónoma de Galicia, dos dereitos de pagamento único por explotación no marco da política agraria común procedentes da integración no réxime dos sectores especificados no artigo 25.1

2. Os lugares onde os interesados poderán comparecer ou acceder para coñecer o contido íntegro de cada resolución individualizada serán a oficina agraria comarcal da zona correspondente á localidade onde está a explotación, e a Oficina Agraria Virtual da Consellería do Medio Rural e do Mar na páxina web con enderezo: http//mediorural.xunta.es.

3. A data para o acceso aos ditos datos será a partir do 31 de xaneiro de 2012. No prazo dun mes a partir desa data os interesados poderán presentar recurso de alzada ante o presidente do Fondo Galego de Garantía Agraria, contra a asignación provisional ou a non asignación de dereitos de pagamento único.

Sección 4.ª Reserva nacional

Artigo 34. Reserva nacional.

Incorporaranse en diante á reserva nacional, constituída con base no artigo 41 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, os importes contemplados no devandito artigo e, ademais:

a) Os dereitos non utilizados segundo o artigo 45.

b) Todos os importes retidos pola aplicación das porcentaxes deducidas como consecuencia das vendas e cesións a que se refire o artigo 43.3.º do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, realizadas de acordo co establecido nesta orde.

Artigo 35. Acceso á reserva nacional.

1. Os/as agricultores/as que desexen solicitar dereitos de pagamento único con cargo á reserva nacional no ano 2012, de acordo co establecido neste artigo, deberán presentar a devandita solicitude de acordo cos modelos DP1, DA, PA, RS, PU, DPU e RN do anexo 1 ao director do Fogga, xunto coa documentación establecida na letra b.8 do dito anexo, entre o 1 de febreiro e o último día do prazo de presentación da solicitude unificada 2012.

2. Obterán dereitos de pagamento único de reserva nacional, sempre que cumpran as condicións establecidas:

a) Os/as agricultores/as lexitimados/as para recibiren dereitos de axuda ou para aumentaren o valor dos dereitos existentes por sentenzas xudiciais firmes ou actos administrativos firmes de acordo co disposto no artigo 41.4.º do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

b) Os/as novos/as agricultores/as segundo o disposto no artigo 41.2.º do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, que realizasen a súa primeira instalación no ámbito dun programa de desenvolvemento rural establecido con base no Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), iniciando a súa actividade nalgún dos sectores que xa estean incorporados no réxime do pagamento único.

Cando a incorporación se produza no sector vitivinícola, só poderán solicitar dereitos á reserva nacional aqueles novos/as agricultores/as que, cumprindo a condición anterior relativa á instalación no ámbito dun programa de desenvolvemento rural, realizaron entregas de uva, directa o indirectamente, a produtores/as que elaboraron mosto non destinado á vinificación ou ben a produtores/as con algún contrato autorizado para a destilación de alcohol de uso de boca.

c) Co obxecto de evitar o abandono de terras ou para compensar desvantaxes específicas para determinados/as agricultores/as, conforme o previsto no artigo 41.3.º do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, poderán solicitar dereitos á reserva nacional os/as agricultores/as cuxas explotacións se encontren situadas en zonas suxeitas a programas de reestruturación ou de desenvolvemento relativos a algún tipo de intervención pública tal como transformacións en regadío para cultivos herbáceos, concentracións parcelarias, e beneficiarios/as de dereitos da reserva nacional de programas gandeiros, que os recibisen de maneira previa ao final do prazo de presentación da solicitude á reserva nacional e, ademais, que non recibisen xa dereitos de pagamento único da reserva nacional polas mesmas unidades de produción e que manteñan a actividade gandeira.

Artigo 36. Condicións xerais da reserva nacional.

1. Os/as solicitantes de dereitos da reserva nacional dos supostos contemplados nas letras b) e c) do número 2 do artigo anterior deberán, en todos os casos, ser agricultores que exercen a actividade agraria e dispoñer de hectáreas admisibles para efectos do pagamento único para que estes dereitos se lles poidan asignar con base nas devanditas hectáreas. En ningún caso o número de dereitos normais de axuda concedidos, procedentes da reserva nacional poderá exceder o número de hectáreas que o/a agricultor/a podería utilizar para xustificar os seus dereitos de pagamento único e respecto das cales non ten ningún dereito de axuda.

Entenderase que un agricultor exerce a actividade agraria cando presente na campaña 2012 ou, se é o caso, en campañas anteriores, a correspondente solicitude de axudas ou mediante a xustificación de estar dado de alta na Seguridade Social pola súa actividade agraria, ou ben a través da declaración da renda en que figuren ingresos da actividade agraria.

2. As unidades de produción polas cales se solicitan dereitos á reserva nacional deben estar en poder do solicitante no momento de presentaren a solicitude única da campaña que corresponda coa solicitude de dereitos da reserva nacional realizada e, por tanto, deben figurar nela. No caso do sector ovino-cabrún, as unidades de produción polas cales se solicita á reserva nacional poderán non figurar na solicitude única pero sí deberán constar no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) na data de finalización do prazo da solicitude única.

3. Se un/ha agricultor/a cumpre á vez todas ou algunhas das condicións requiridas para recibir dereitos da reserva nacional por diferentes causas sobre as mesmas unidades de produción recibirá un número de dereitos igual ou menor que o número de hectáreas que declara e cuxo valor sexa o máis elevado que poida obter por cada unha das condicións que satisfaga.

4. No caso de que o/a agricultor/a estea lexitimado/a para recibir dereitos de axuda ou para aumentar o valor dos dereitos existentes en virtude dunha sentenza ou dun acto administrativo firme, recibirá dereitos no número e valor que corresponda con base na sentenza ou no acto administrativo firme.

5. Os dereitos da reserva nacional asignaranse en función das unidades de produción admisibles e determinadas respecto das cales o beneficiario non tivese xa dereitos de axuda e que, se for o caso, figuran na súa solicitude única.

Artigo 37. Condicións específicas da reserva nacional.

Poderán acceder á reserva nacional os agricultores que se atopen nalgún dos supostos recollidos no artigo 35.2 que cumpran as condicións xerais establecidas no artigo 36, e sempre que cumpran, en cada caso, as seguintes condicións:

1. Novos agricultores, segundo o especificado no artigo 35.2.b).

a) Para ser considerado novo agricultor, o solicitante non poderá ter exercido a actividade agraria nas cinco campañas anteriores á da súa incorporación a ela.

b) A primeira instalación no ámbito dun Programa de Desenvolvemento Rural, establecido de acordo co Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, entenderase realizada cando exista un expediente favorable de concesión da axuda de primeira instalación, na data de finalización do prazo de presentación da solicitude única nos sectores que xa estean incorporados no réxime de pagamento único. As unidades de produción polas cales se solicita á reserva nacional non poden superar as contidas na resolución aprobatoria do devandito expediente.

c) O agricultor non pode ter recibido dereitos da reserva nacional en anteriores asignacións de dereitos de pagamento único da reserva nacional.

d) O agricultor debe terse incorporado á actividade agraria e estar dado de alta na Seguridade Social na actividade agraria, tal e como estableza a lexislación vixente, a partires da súa primeira instalación e, en todo caso, na data de remate do prazo de presentación da solicitude de dereitos de pagamento único da reserva nacional.

e) O agricultor, na solicitude única do ano correspondente á solicitude á reserva nacional, deberá realizar a declaración da explotación onde exerce a actividade agraria e da cal posúe a titularidade ou cotitularidade en réxime de propiedade ou arrendamento.

f) No caso de sociedades todos os socios deberán cumprir as condicións anteriores.

2. Agricultores cuxas explotacións se atopen situadas en zonas suxeitas a programas de reestruturación ou de desenvolvemento, segundo o especificado no artigo 35.2.c).

a) Será necesaria a realización efectiva da intervención pública na explotación.

b) No caso de concentración parcelaria o agricultor deberá presentar ao menos o 50 por cento da superficie da explotación que posuía (en arrendamento ou en propiedade) durante o período de referencia.

c) As unidades de produción polas cales se solicitan dereitos á reserva nacional con base no suposto relativo a programas de reestruturación públicos non terán xerado dereitos de pagamento en anteriores asignacións da reserva nacional, co fin de evitar duplicidades de dereitos de pagamento.

Artigo 38. Criterios para o cálculo e asignación de dereitos da reserva nacional.

Para o cálculo e asignación de dereito da reserva nacional aplicarase o disposto no artigo 25 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro, sobre a aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas agrícolas nel a partir do ano 2010.

Sección 5.ª Utilización dos dereitos de axuda

Artigo 39. Utilización dos dereitos de axuda.

Cada dereito de axuda polo cal se solicite o pagamento único deberá xustificarse cunha hectárea admisible. Non obstante o anterior, os/as agricultores/as que soliciten o cobramento de dereitos especiais de pagamento único quedan exentos/as da obriga de xustificalos con hectáreas admisibles, a condición de que manteñan polo menos o 50 por cento da actividade exercida no período de referencia expresada en UGM.

Artigo 40. Hectáreas admisibles para os efectos da xustificación de dereitos de axuda normais.

1. Consideraranse hectáreas admisibles para os efectos da xustificación dos dereitos de axudas normais as superficies agrarias da explotación, incluídas as superficies de froitas e hortalizas, superficies de patacas e superficies de viña para vinificación e as superficies plantadas de plantas forestais de rotación curta, que se utilicen para unha actividade agraria ou, cando a superficie se utilice igualmente para actividades non agrarias, se utilice predominantemente para actividades agrarias. No anexo 7 especifícanse os tipos de plantas forestais de rotación curta, a súa densidade e ciclo máximo de colleita.

Tamén se considerarán hectáreas admisibles as superficies utilizadas para xustificar dereitos de pagamento único no ano 2008, e que:

a) Deixasen de cumprir a definición de admisible como consecuencia da aplicación das directivas 79/409/CEE do Consello, do 2 de abril, relativa á conservación das aves silvestres, e 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e da Directiva 2000/60/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas, ou que

b) Durante o transcurso do correspondente compromiso de cada agricultor/a, sexan forestadas de conformidade co artigo 31 do Regulamento (CE) n.º 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, sobre a axuda ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola (Feoga), ou o artigo 43 do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, ou conforme un réxime nacional cuxas condicións se axusten ao disposto no artigo 43, números 1, 2 e 3 do dito regulamento, ou que

c) Durante o transcurso do correspondente compromiso de cada agricultor/a, sexa unha superficie que se retirase da produción conforme os artigos 22 a 24 do Regulamento (CE) n.º 1257/1999 ou o artigo 39 do Regulamento (CE) n.º 1698/2005.

2. Agás no caso de forza maior ou en circunstancias excepcionais, as hectáreas cumprirán os criterios de admisibilidade en todo momento ao longo do ano natural en que se presenta a solicitude.

3. Toda hectárea admisible deberá cumprir os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais en todo momento ao longo do ano natural en que se presenta a solicitude, agás no caso de forza maior ou en circunstancias excepcionais. Para estes efectos, no caso de pastos permanentes deberán manterse en condicións axeitadas evitando a súa degradación e invasión polas matogueiras, de acordo co establecido na norma 4 do anexo II do Real decreto 486/2009, xa sexa mediante o mantemento dun nivel mínimo de carga gandeira efectiva ou mediante a realización dun labor de mantemento axeitado, que evite a degradación do pasto de que se trate e a súa invasión pola matogueiras.

4. As superficies de pastos permanentes que presenten características que impidan un aproveitamento total delas, pola súa elevada densidade arbórea ou arbustiva, afloramentos rochosos ou pendentes moi elevadas, asignaráselles no Sixpac un coeficiente que reflicta a porcentaxe de admisibilidade a nivel de recinto do Sixpac.

Artigo 41. Utilización agraria das terras.

Os/as agricultores/as poderán utilizar as parcelas declaradas correspondentes ás hectáreas admisibles para xustificar o pagamento dos dereitos de pagamento único en calquera actividade agraria conforme a definición establecida no artigo 10.1.r).

Non obstante o anterior, tamén serán admisibles as parcelas utilizadas para actividades non agrícolas sempre que a utilización predominante sexa a agrícola, de modo que a actividade poida exercerse sen estar obstaculizada pola intensidade, natureza, duración e calendario da actividade non agrícola.

Artigo 42. Parcelas á disposición do agricultor/a.

As parcelas de hectáreas admisibles utilizadas para xustificar dereitos de axuda deberán estar ao dispor do/a agricultor/a o 31 de maio do ano 2012.

Artigo 43. Xustificación de dereitos especiais con superficie. Cambio de tipoloxía.

Os/as agricultores/as con dereitos especiais que decidan declarar un ou varios dereitos cun número de hectáreas admisibles correspondente, deberán indicalo expresamente na súa solicitude o que implica un cambio de tipoloxía dos seus dereitos, que pasarán desde ese momento a considerarse dereitos de axuda normais, non podéndose solicitar o restablecemento das condicións especiais para estes dereitos.

Artigo 44. Consideracións sobre a xustificación dos dereitos de axuda especiais.

1. Para determinar a utilización dos dereitos especiais xustificados con actividade gandeira empregarase a información contida na base de datos informatizada creada de conformidade co Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais. No caso de gando ovino e cabrún, utilizarase a información contida na dita base de datos.

Para calcular a actividade exercida no período actual e comparala coa do período de referencia, deben terse en conta o total de animais presentes na explotación excluíndo os años. O cálculo efectuarase con seguintes coeficientes de conversión:

1º. Vacúns de máis de 24 meses: 1,0 UGM.

2º. Vacúns entre 6 e 24 meses: 0,6 UGM.

3º. Vacúns ata 6 meses: 0,2 UGM.

4º. Ovinos e cabrúns de máis de 4 meses: 0,15 UGM.

5º. Vaca de leite: 1,0 UGM.

Segundo esa información:

a) Considerarase que se respectou o requisito relativo á actividade agraria mínima se cumpre, polo menos, ese 50 por cento de actividade gandeira de media durante o período de retención da axuda ligada por vaca nutriz, ou da axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan os agricultores que manteñen vacas nutrices.

b) No caso de non solicitar a prima por vaca nutriz ou a axuda para compensar desvantaxes específicas aos agricultores que manteñen vacas nutrices, determinarase a media ponderada de animais presentes na explotación durante un período de 12 meses que vai do 1 de novembro de 2011 ao 31 de outubro de 2012.

c) Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, o Fogga poderá determinar que se cumpriu o requisito, comparando a actividade gandeira do ano en curso coa exercida durante o período de referencia.

3. Para considerar utilizados os dereitos especiais deberá cumprirse o requisito de manter o 50 por cento da actividade do período de referencia; de non alcanzarse a dita porcentaxe, o dereito considerarase como non utilizado na súa totalidade, e non se admitirá a utilización de fraccións sen que sexa posible considerar as UGM que manteña o/a agricultor/a para calcular un número teórico de dereitos especiais utilizados. Para estes efectos, consideraranse dereitos de axuda especiais utilizados unicamente aqueles polos cales se concedeu o pagamento.

Artigo 45. Dereitos de axuda utilizados.

1. Consideraranse dereitos de axuda utilizados aqueles xustificados na solicitude única cuxa superficie resulte determinada no sentido do sistema integrado de xestión e control previsto nos Regulamentos (CE) n.º 1782/2003 e (CE) n.º 73/2009 do Consello, e para a aplicación da condicionalidade prevista no Regulamento (CE) n.º 479/2008 do Consello, do 29 de abril de 2008, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, se modifican os Regulamentos (CE) n.º 1493/1999, (CE) n.º 1782/2003, (CE) n.º 1290/2005 e (CE) n.º 3/2008 e se derrogan os Regulamentos (CEE) n.º 2392/86 e (CE) n.º 1493/1999.

2. Para os efectos da utilización dos dereitos de axuda, considerarase que se utilizaron en primeiro lugar os dereitos de axuda normais de maior importe. Entre os dereitos de axuda de idéntico valor considerarase a súa utilización segundo a orde de numeración que posúan.

3. Cando un/ha agricultor/a, despois de utilizar todos os dereitos de axuda completos posibles, necesite utilizar un dereito de axuda unido a unha parcela que represente unha fracción de hectárea, estará lexitimado por este último dereito para recibir una axuda calculada proporcionalmente ao tamaño da parcela e considerarase completamente utilizado.

Artigo 46. Dereitos de axuda non utilizados.

Todo dereito de axuda do cal non se fixese uso durante un período de dous anos consecutivos incorporarase á reserva nacional.

Sección 6.ª Cesión de dereitos de axuda

Artigo 47. Cesión de dereitos de axuda.

1. Os dereitos de axuda poderán ser obxecto de cesión entre agricultores/as establecidos/as en todo o territorio nacional, a excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, ben en venda, arrendamento ou mediante outras formas admitidas en dereito.

2. A venda dos dereitos de axuda pode realizarse con ou sen terras. Nos casos de arrendamento de dereitos irá acompañada da cesión dun número equivalente de hectáreas admisibles polo mesmo período de tempo.

3. Poderanse ceder voluntariamente á reserva nacional todos os dereitos de axuda que non se vaian utilizar.

4. No caso de cesións de fraccións de dereitos, con ou sen terras, realizarase o cálculo e asignación do valor do dereito de acordo con criterios proporcionais.

5. No caso de cesión dos dereitos especiais, a exención da obriga de declarar un número de hectáreas admisibles equivalente ao número de dereitos de axuda establecida no real decreto que regule a solicitude única en cada campaña, só se manterá se se ceden todos os dereitos de axuda obxecto da exención e se trata dunha transferencia inter vivos ou mortis causa, considerándose neste caso unha cesión de dereitos de axuda con terras.

6. No caso de que a cesión de dereitos especiais sexa parcial, os dereitos cedidos pasarán a normais, e non se poderá solicitar o restablecemento das condicións especiais para estes.

Artigo 48. Retencións.

As retencións aplicables nas vendas ou outras cesións definitivas son as seguintes:

1. No caso de venda ou cesión definitiva de dereitos de axuda sen terras restituirase á reserva nacional o 30 por cento do valor de cada dereito de axuda. A porcentaxe anterior será do 3 por cento se o/a cesionario/a é un/unha profesional da agricultura segundo o artigo 10.1.u) ou titular dunha explotación agraria prioritaria segundo o artigo 10.2.g).

2. No caso de venda ou cesión definitiva de dereitos de axuda con terras restituirase á reserva nacional o 3 por cento do valor de cada dereito de axuda.

3. No caso de venda ou cesión definitiva de dereitos asociada a unha finalización dun arrendamento de terras en que se devolven as terras ao/á propietario/a destas, ao/á cal se lle venden tamén os dereitos en cuestión, restituirase á reserva nacional o 3 por cento do valor de cada dereito de axuda. O número de dereitos vendidos ou cedidos deberá ser sempre menor ou igual ao número de hectáreas admisibles implicadas na operación de finalización do arrendamento.

4. No caso de venda ou cesión definitiva de dereitos de axuda con toda a explotación, restituirase á reserva nacional o 3 por cento do valor de cada dereito de axuda.

5. Non se aplicará ningunha retención nos seguintes supostos:

a) No caso de venda ou cesión definitiva dos dereitos de axuda con ou sen terras a un/ha agricultor/a que inicia a actividade agraria.

b) Nos casos de substitución do/a titular con motivo de herdanzas, xubilacións nos cales o/a cesionario/a dos dereitos sexa un/unha familiar de primeiro grao do/a cedente, programas aprobados de cesamento anticipado, incapacidade laboral permanente, cambios de personalidade xurídica, agrupacións de varias persoas físicas ou xurídicas noutra persoa xurídica ou ente sen personalidade xurídica e escisións de persoas xurídicas ou de agrupacións de persoas físicas. Todas estas circunstancias deberán ser probadas mediante documento público fidedigno.

Artigo 49. Notificación á administración das cesións de dereitos.

1. As cesións poderanse realizar en calquera momento do ano.

2. O/a cedente notificará a cesión dos dereitos de axuda ao director do Fogga ou autoridade competente ante a cal presentase a súa última solicitude única, e preferentemente na oficina agraria comarcal a que pertenza a súa explotación, entregando xunto con esta comunicación os documentos necesarios, en función do tipo de cesión elixida, para acreditar esta. O período de comunicación iniciarase o 1 de novembro e finalizará seis semanas antes da data límite para a presentación da solicitude única do ano seguinte.

Entenderase que a cesión foi aceptada se ás seis semanas desde a comunicación a autoridade competente non notificou motivadamente a súa oposición. Non obstante, para efectos de aplicación das distintas porcentaxes de retención recollidos no artigo 48, o director do Fogga poderá aceptar a comunicación atendendo ao tipo de cesión que sexa acreditada mediante a documentación presentada polo cedente. Únicamente se poderá opoñer á cesión cando esta non se axuste ás disposicións do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

3. Todos os cambios de titularidade por motivo de herdanzas, xubilacións nos cales o/a cesionario/a dos dereitos sexa un/unha familiar de primeiro grao do/a cedente, programas aprobados de cesamento anticipado, incapacidade laboral permanente, fusións ou escisións e cambios de personalidade xurídica, así como as modificacións dos arrendamentos debidos a cambios de titularidade, notificaranse ao director do Fogga, achegando como mínimo a información que figura no anexo 3 antes da data límite do prazo de presentación das solicitudes de axuda de pagamento único, e preferentemente na oficina agraria comarcal á que pertenza a explotación.

CAPÍTULO III
Dos réximes de axuda por gando vacún

Sección 1.ª Primas por vaca nutriz

Artigo 50. Identificación e rexistro dos animais.

Cada animal polo cal se solicite unha axuda descrita neste capítulo deberá estar identificado e rexistrado conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro de animais da especie bovina. A explotación a que pertencen os animais obxecto de axuda deberá cumprir as disposicións establecidas no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.

Artigo 51. Uso ou tenza de substancias prohibidas.

1. Cando, en aplicación do Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos, se detecten substancias prohibidas en virtude do Real decreto 2178/2004, do 12 de novembro, polo que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias betagonistas de uso na cría do gando, ou substancias utilizadas ilegalmente nun animal pertencente ao gando bovino dun/dunha produtor/a, ou cando se encontre unha substancia ou un produto autorizado pero posuído de forma ilegal na explotación deste/a agricultor/a, en calquera forma, este/a quedará excluído/a, durante o ano natural en que se efectúe a comprobación, do beneficio dos importes de axuda previstos nas disposicións deste capítulo, sen prexuízo das responsabilidades de toda índole que puider derivarse, especialmente as previstas na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

En caso de reincidencia, o período de exclusión prorrogarase, en función da gravidade da infracción, ata cinco anos a partir do ano en que se detectou.

2. En caso de obstrución por parte do/a propietario/a ou do/a posuidor/a dos animais das inspeccións e das tomas de mostras necesarias para a aplicación dos plans nacionais de control de residuos, así como das investigacións e controis previstos no Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, aplicaranse as exclusións previstas no número 1 deste artigo.

3. Calquera autoridade que no exercicio das súas competencias detecte algunha das anomalías establecidas nos números 1 e 2 en explotacións da Comunidade Autónoma de Galicia deberá comunicarllo ao Fogga.

Artigo 52. Tipos de prima, contía e límites da prima por vaca nutriz.

As axudas por vaca nutriz, establecidas no artigo 111 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, son de dous tipos, prima por vaca nutriz cun importe unitario base de 186,00 euros/cabeza e prima complementaria por vaca nutriz cun importe unitario de 22,46 euros/cabeza.

Os límites nacionais determinaranse atendendo ao establecido no artigo 53 e na sección 11 do título IV do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro.

Artigo 53. Prima por vaca nutriz.

1. Poderán obter a prima prevista no artigo 111 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, os/as produtores/as que manteñan vacas nutrices que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RG e VN do anexo 1, xuntando a documentación indicada neste, cando reúnan as seguintes condicións:

a) Que teñan asignado un límite individual de dereitos de prima, de acordo co establecido no Real decreto 1839/1997, do 5 de decembro, polo que se establecen as normas para a realización de transferencias e cesións de dereitos de prima e para o acceso ás reservas nacionais respecto aos produtores de ovino e cabrún e dos que manteñen vacas nutrices.

b) Que non vendan leite ou produtos lácteos da súa explotación durante os doce meses seguintes á presentación da solicitude ou, se a venden, que teñan unha cantidade de referencia individual dispoñible o día 31 de marzo do ano 2012 igual ou inferior a 120.000 kg.

c) Que manteñan na súa explotación, durante un período de retención mínimo de seis meses consecutivos, a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude, un número de vacas nutrices polo menos igual ao 60 por cento do número total de animais polo cal solicita a axuda e un número de xovencas que non supere o 40 por cento do citado número total.

No caso de que o cálculo do número máximo de xovencas, expresado en forma de porcentaxe, dea como resultado un número fraccionario de animais, o dito número arredondarase á unidade inferior se é inferior a 0,5 e ao número enteiro superior se é igual ou superior a 0,5.

d) Calquera variación do número de animais obxecto de solicitude, incluído o seu traslado a lugares non indicados na solicitude, deberá ser comunicado ao servizo territorial do Fogga. A notificación efectuada á base de datos de identificación e rexistro nos prazos previstos polo Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, considérase suficiente para estes efectos.

e) De acordo co establecido no artigo 16.3.º b) do Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro, os animais dos cales se comprobase que non están correctamente identificados ou rexistrados no sistema de identificación e rexistro de animais da especie bovina contarán como animais respecto aos que se detectasen irregularidades segundo se prevé no artigo 65 do mesmo regulamento.

2. Serán obxecto de axuda as vacas nutrices e as xovencas que pertenzan a unha raza cárnica ou procedan dun cruzamento cunha destas razas e que formen parte dun rabaño destinado á cría de xatos para a produción de carne. Para estes efectos, non se considerarán vacas ou xovencas de raza cárnica as das razas bovinas enumeradas no anexo 13 desta orde.

3. Cando na explotación se venda leite, para determinar o número de cabezas con dereito a prima, a pertenza dos animais ao censo de vacas leiteiras ou ao de nutrices establecerase mediante a relación entre a cantidade de referencia do/a beneficiario/a e 6.500 quilos, rendemento leiteiro medio para España establecido no anexo V do Regulamento (CE) n.º 1121/2009 da Comisión, do 29 de outubro.

Non obstante, os/as produtores/as que acrediten oficialmente un rendemento leiteiro superior poderán utilizar este último para a realización do cálculo.

Para estes efectos, por pedimento do Servizo de Axudas Gandeiras da PAC, do Fogga, o Servizo de Producións Gandeiras da Consellería do Medio Rural e do Mar remitiralle información sobre o rendemento leiteiro oficial medio das vacas destas explotacións entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2011.

4. Os/as solicitantes de prima a produtores/as con vacas nutrices que entreguen leite a compradores/as deberán comprometerse a non incrementar a súa cantidade de referencia individual de leite asignada por encima dos 120.000 kg durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 54. Prima complementaria.

Os/as beneficiarios/as da prima por vacas nutrices regulada no artigo anterior poderán obter unha prima complementaria para o mesmo número de cabezas.

CAPÍTULO IV
Axudas específicas por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro

Sección 1.ª Axuda aos agricultores que exerzan a actividade agricola
Programa nacional para o fomento da calidade das legumes

Artigo 55. Obxecto e dotación.

No marco do previsto no número 1, letra a) inciso ii) do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, poderá concederse unha axuda específica, en forma de pagamento por explotación, aos/ás agricultores/as que produzan, conforme o establecido nesta sección, leguminosas de consumo humano das establecidas na parte I do anexo 8.

Esta axuda específica cumpre as disposicións establecidas no Regulamento (CE) n.º 1120/2009, do 29 de outubro, que establece disposicións de aplicación do réxime de pagamento único previsto no título III do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos agricultores no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores.

O programa ten por obxecto o fomento e defensa dunha produción de calidade no sector dos legumes.

Poderá acollerse a esta axuda a superficie dedicada á produción de leguminosas de gran de consumo humano e rexistrada ou en trámite de rexistro en denominacións de orixe protexidas, en diante DOP, indicacións xeográficas protexidas, en diante IXP, que se producen no marco regulamentario da agricultura ecolóxica ou en denominacións de calidade diferenciada recoñecidas a nivel nacional ou privado e enumeradas, a data 1 de febreiro de 2012, na parte II do anexo 8.

A dotación orzamentaria desta axuda é dun millón de euros para o ano 2012.

Artigo 56. Beneficiarios/as.

Esta axuda ou pagamento por explotación concederáselle aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RS e PA do anexo 1, que achegarán a documentación indicada neste. Terase en conta a superficie da explotación sempre que cumpra o establecido no artigo 55 e os agricultores/as deberán estar inscritos ou en proceso de inscrición, o 1 de febreiro de 2012, nalgunha denominación de calidade das relacionadas.

Para estes efectos, cada consello regulador ou entidade acreditativa da produción agrícola ecolóxica ou outras denominacións de calidade diferenciada das incluídas na parte II do anexo 8, antes do 30 de xuño de 2012 deberán remitir ao Fogga, os NIF dos agricultores inscritos ou en trámite de inscrición en denominacións de calidade diferenciada para as legumes así como a superficie rexistrada por cada un deles.

Artigo 57. Requisitos.

Os/as beneficiarios/as desta axuda ou pagamento por explotación deberán cumprir os seguintes requisitos obrigatorios:

a) Solicitar a axuda segundo se indica no artigo 56.

b) Cultivar con leguminosas de gran pertencentes a algunha das denominacións de calidade recollidas na parte II do anexo 8 a totalidade da superficie para a cal solicita axuda.

Permitiranse sistemas de produción asociados se o prego de condicións da denominación de calidade diferenciada así o exixe nos seus métodos de produción.

Ademais para que os/as agricultores/as pertencentes a unha denominación de calidade diferenciada recoñecida a nivel nacional poidan acollerse a estas axudas, as ditas denominacións de calidade deberán cumprir o establecido nos dous derradeiros parágrafos do artigo 38 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro.

Artigo 58. Importe da axuda base por hectárea.

1. A axuda base por hectárea será de 100 euros.

2. A superficie de base total será de 10.000 ha dividida en tres subsuperficies:

a) Subsuperficie de base 1: DOP, IXP: 4.000 ha.

b) Subsuperficie de base 2: agricultura ecolóxica: 5.500 ha.

c) Subsuperficie de base 3: outras denominacións de calidade diferenciada distintas das anteriores: 500 ha.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo 21, no caso de que a superficie determinada para a axuda supere a superficie de base total, efectuarase unha redución linear en cada un dos tramos de subsuperficie de base proporcional ao seu exceso unha vez compensados, se for o caso, con posible déficit de superficie determinada nalgún tramo de subsuperficie, os excesos de superficie determinada no outro. Compensaranse prioritariamente os excesos na superficie de base 1.

4. Se, froito da aplicación do parágrafo anterior, o factor de redución linear de superficie baixo DOP e IXP resultar superior ao obtido para as de agricultura ecolóxica, ambos factores se igualarían. De igual maneira procederase se o factor de redución linear de superficie para as superficies de agricultura ecolóxica resultar superior ao obtido para as doutras denominacións de calidade diferenciada.

Artigo 59. Complemento para DOP e IXP.

1. Se a superficie determinada para a axuda base é menor á superficie base total, concederase un complemento da axuda ás superficies determinadas, rexistradas ou en trámite de rexistro baixo DOP e IXP.

2. O dito complemento será o resultado de multiplicar a axuda base por hectárea polo cociente entre a superficie de base unha vez deducida a superficie determinada e o número de hectáreas determinadas correspondentes á subsuperficie de base 1.

3. O montante por hectárea do complemento non superará os 50 euros/ha igualándose ao dito importe se o resultado dos cálculos establecidos no número anterior der como resultado un importe superior. Neste caso concederase un complemento adicional ao resto de superficies determinadas baixo outras denominacións de calidade diferenciada de igual contía por hectárea para todas elas por importe máximo de 50 euros/ha.

Artigo 60. Pagamento por explotación.

O pagamento por explotación calcularase como o produto da axuda base por hectárea polo número de hectáreas determinadas para o cobramento da axuda máis, se for o caso, o importe por hectárea do complemento para DOP e IXP polo número de hectáreas determinadas, rexistradas ou en proceso de rexistro baixo as ditas denominacións e/ouse é o caso, o importe por hectárea do complemento para o resto das denominacións de calidade polo número de hectáreas determinadas, rexistradas ou en proceso de rexistro baixo as ditas denominacións.

O importe máximo anual por explotación será de 3.000 euros.

Sección 2.ª Axudas aos/ás agricultores/as que exerzan a actividade gandeira

Artigo 61. Disposicións comúns.

1. Para poder obter os pagamentos correspondentes a esta sección os/as solicitantes deberán cumprir:

a) O establecido no Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, no momento da solicitude.

b) O establecido no artigo 44 sobre uso e tenza de substancias prohibidas.

Ademais, para poder percibir algunha das axudas descritas na presente sección, cada animal deberá estar identificado e rexistrado conforme as disposicións do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, no caso dos animais da especie bovina ou conforme as disposicións do Real decreto 947/2005, do 29 de xullo, para as especies ovina e cabrúa.

2. No caso das axudas establecidas para o sector vacún de leite, deberanse cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter sido sancionado/a por incumprimento da normativa vixente en materia de calidade do leite cru nos anos 2009, 2010, 2011.

b) Non ter sido sancionado/a, no ano 2011, con motivo dun control destinado a comprobar a coherencia entre a capacidade de produción da explotación e as entregas declaradas, no marco do establecido no Real decreto 754/2005, do 24 de xuño, e no capítulo IV do Regulamento (CE) n.º 595/2004 da Comisión.

c) A explotación deberá dispor de cota láctea asignada e realizar entregas de leite ou venda directa conforme as definicións do Real decreto 347/2003, do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión de cota láctea, no período de taxa 2012-2013

d) Ter subscrito e en vigor para o ano 2012 un contrato de subministración de leite de vaca nos termos e condicións establecidas no Real decreto 460/2011, do 1 de abril, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e se explicitan as decisións de España sobre a contratación no sector lácteo en relación á normativa europea que modificará para o sector lácteo o Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello. Este requisito estará supeditado á aprobación e publicación do citado regulamento comunitario.

3. As accións obxecto das axudas establecidas no presente capítulo serán susceptibles de ser incluidas en contratos territoriais de explotación celebrados entre as administraciones públicas e os titulares das explotacións, aos cales se refire o Real decreto 1336/2011, do 3 de outubro, polo que se regula o contrato territorial como instrumento para promover o desenvolvemento sustentable do medio rural, e que se derivan do establecido na Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural.

Subsección 1.ª Axuda para a mellora da calidade da carne de vacún

Artigo 62. Obxecto e dotación.

1. En virtude do punto 1.a) ii) do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica aos agricultores de carne de vacún para incentivar a mellora da calidade e a comercialización da carne de vacún.

2. A dotación orzamentaria nacional para esta axuda para España é de 7 millóns de euros ao ano.

Artigo 63. Beneficiarios e requisitos.

1. Este pagamento concederáselles aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RG e VC do anexo 1 desta orde e cumpran as condicións establecidas nela e na normativa estatal e comunitaria aplicables.

2. A axuda concederáselles aos/ás agricultores/as de carne de vacún polas cabezas sacrificadas dentro dalgún dos seguintes sistemas de calidade recoñecidos oficialmente mediante a correspondente norma legal:

De ámbito comunitario:

a) Indicacións xeográficas protexidas.

b) Denominacións de orixe protexidas.

c) Gandaría ecolóxica.

De ámbito nacional:

a) Gandaría integrada.

b) Etiquetaxe facultativa da carne que implique uns requisitos superiores aos exixidos na normativa xeral. Neste caso, soamente poderán aceptarse os que cumpran o establecido no artigo 62.1.e) do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro.

3. Soamente se admitirán animais cebados e sacrificados en España dentro dalgún sistema de calidade de carne recoñecido oficialmente en España.

4. Para a realización do pagamento, os/as responsables dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas, das entidades que acrediten a produción gandeira ecolóxica, gandaría integrada e os/as responsables dos pregos de etiquetaxe facultativa comunicaranlle ao Fogga, antes do 1 de febreiro de 2013, a información necesaria sobre os animais sacrificados durante o período do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2012 dentro destes programas de calidade, segundo os datos mínimos do anexo 14.

Artigo 64. Importe unitario da axuda.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente establecerá anualmente a contía do pagamento adicional por cabeza dividindo o montante global dos fondos entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión do artigo 63, cun máximo de 200 cabezas por explotación.

Subsección 2.ª Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan os agricultores que manteñen vacas nutrices

Artigo 65. Obxecto e dotación.

1. En virtude da letra b) do número 1 do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica aos agricultores que manteñan vacas nutrices, coa finalidade de compensar as desvantaxes específicas que afectan a estas explotacións.

2. A dotación orzamentaria nacional para España para esta axuda é de 47.966.000 euros/ano.

Artigo 66. Beneficiarios e requisitos.

1. Este pagamento concederáselles aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RS, PA, RG e VC do anexo 1 desta orde e cumpran as condicións establecidas nela e na normativa estatal e comunitaria aplicable. A axuda concederase polas vacas nutrices que manteñan, teñan ou non dereitos de prima, durante un período mínimo de seis meses consecutivos a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude. Non se admitirá un número de xovencas superior ao 40 por cento do número total de animais obxecto de subvención.

2. A concesión deste pagamento estará supeditada a que a carga gandeira da explotación do/a solicitante non exceda de 1.5 unidades de gando maior (UGM) por hectárea dedicada á alimentación dos animais nela mantidos, de acordo coa declaración de superficie forraxeira realizada polo/a solicitante e calculada segundo o establecido no punto 3 deste artigo.

Non obstante, os/as produtores/as quedarán exentos da aplicación da carga gandeira cando o número de animais que manteña na súa explotación e que deba tomarse en consideración para a determinación da dita carga non supere as 15 UGM.

3. A determinación da carga gandeira da explotación realizarase tendo en conta a media de seis días, considerando o primeiro día de cada mes do período de retención e:

a) O número de animais que se converterá en UGM de acordo coas seguintes equivalencias:

I. Bovinos machos e xovencas de máis de 24 meses, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,00 UGM.

II. Bovinos machos e xovencas de 6 a 24 meses de idade: 0,6 UGM.

III. Ovinos e cabrúns: 0,15 UGM.

b) A superficie forraxeira da explotación segundo a definición do artigo 10.1.l).

4. Para os efectos desta axuda, as comunicacións á base de datos de identificación e rexistro, nos prazos establecidos, de substitucións, baixas e renuncias de animais solicitados consideraranse válidas e producirán os mesmos efectos que a comunicación ao servizo territorial do Fogga.

Artigo 67. Importe unitario da axuda.

1. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente establecerá, en función da información facilitada polas comunidades autónomas, o importe unitario para cada tramo de modulación do pagamento adicional por estratos nas explotacións que manteñan vacas nutrices, segundo o indicado no punto seguinte.

2. O importe por cabeza modularase proporcionalmente aos efectivos do rabaño da forma seguinte:

– Polas primeiras 40 cabezas cobrarase o pagamento adicional completo.

– De 41 a 70 cabezas percibiranse dous terzos de pagamento adicional.

– De 71 a 100 cabezas percibirase un terzo do pagamento adicional.

– En cada rabaño só se recibirá axuda polas 100 primeiras cabezas.

3. No caso de explotacións asociativas, esta modulación aplicarase por cada profesional da agricultura na data de finalización do prazo de solicitude.

En ningún caso computará para os efectos de modulación se algún/algunha dos/as socios/as da explotación, aínda que sexa profesional da agricultura, percibe xa unha axuda das previstas por esta mesma axuda específica.

4. No caso de explotacións agrarias de «titularidade compartida», inscrita conforme se establece na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida nas explotacións agrarias, esta modulación aplicarase por cada persoa titular da explotación agraria en réxime de titularidade compartida.

5. Para os efectos de aplicar esta modulación, no caso de que o titular das explotacións sexa unha persoa física, poderanse considerar os familiares de primeiro grao tanto por consanguinidade como por afinidade do titular, sempre que estes sexan profesionais da agricultura. En explotacións familiares, en ningún caso computará para efectos de modulación se algún destes profesionais da agricultura percibe xa unha axuda das previstas por esta mesma axuda específica.

Subsección 3.ª Axuda para a mellora da calidade das producións de ovino e cabrún

Artigo 68. Obxecto, ámbito de aplicación e dotación.

1. En virtude do número 1.a).ii) do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica aos/ás agricultores/as de ovino e cabrún que comercialicen polo menos unha parte da súa produción de leite e/ou carne ao amparo dunha denominación de calidade.

Terán a consideración de denominación de calidade para estes efectos os seguintes sistemas de calidade recoñecidos oficialmente no sector ovino e cabrún mediante a correspondente normal legal:

De ámbito comunitario:

a) Indicacións xeográficas protexidas.

b) Denominacións de orixe protexidas.

c) Especialidades tradicionais garantidas.

d) Gandaría ecolóxica.

De ámbito nacional:

a) Gandaría integrada.

b) Etiquetaxe facultativa de acordo co establecido na alínea 1.f) do artigo 67 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro.

Para estes efectos, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente elaborará e fará publica antes do 1 de febreiro de 2012 unha relación nacional de pregos de etiquetaxe facultativa que cumpran coas condicións establecidas.

2. A dotación orzamentaria que se destinará en España a estes pagamentos é de 7.200.000 euros ao ano.

Artigo 69. Beneficiarios e requisitos.

1. Este pagamento concederáselles aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RG e OC do anexo 1, xunten a documentación indicada neste e cumpran os requisitos e condicións establecidos.

2. A axuda aboarase por animal elixible, que será toda ovella ou cabra, tal e como foi definida no artigo 10.1.p) e 10.1.q), respectivamente, que ademais se atope correctamente identificada e rexistrada conforme se establece no Regulamento (CE) n.º 21/2004 do Consello, do 17 de decembro de 2003, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e caprina, o 1 de xaneiro de 2012, nas explotacións que cumpran os requisitos establecidos na presente subsección.

3. Os/as agricultores/as que queiran optar a estas axudas deberán comercializar baixo os programas de produción de calidade dos que se trate a produción de, polo menos, un 25 por cento das femias elixibles en 2012, distinguindo por especie, da explotación. No caso de explotacións con ambas as especies, ovella e cabra, comprobarase se se cumpre este requisito en cada unha das especies independentemente. No caso de explotacións con distintas orientacións produtivas para unha mesma especie, para considerar cumprido este requisito, deberase acadar a dita porcentaxe nalgunha das orientacións produtivas. En todo caso, para unha mesma especie, a axuda percibirase por unha das orientacións produtivas. Para todas as denominacións de calidade, o cómputo das cantidades comercializadas para o cumprimento desta porcentaxe mínima exixida, comezará a realizarse a partir da data de obtención do primeiro certificado de conformidade emitido pola entidade certificadora, logo da autorización da autoridade competente. Non obstante, cando proceda a renovación do dito certificado, para o cómputo das cantidades comercializadas considerarase o ano natural.

4. Para a determinación destas porcentaxes mínimas aplicaranse os coeficientes de conversión das cantidades de leite ou número de años e/ou cabritos comercializados, durante o ano 2012, ao número de reprodutoras, conforme se establece no anexo 16.

Artigo 70. Importe unitario da axuda.

1. O importe unitario das axudas por animal elixible será:

a) No caso de denominacións de calidade de ámbito comunitario: o importe completo da axuda.

b) No caso de denominación de calidade de ámbito nacional: o 80 por cento do importe completo da axuda.

No caso de que nunha explotación se comercialicen simultaneamente producións de ambos os ámbitos, comunitario e nacional, o cálculo dos importes da axuda realizarase contabilizando as femias elixibles de cada ámbito de calidade por separado.

Para a realización do pagamento, os/as responsables dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas, das entidades que acrediten a produción gandeira ecolóxica, gandaría integrada e os/as responsables dos pregos de etiquetaxe facultativa comunicaranlle ao Fogga, antes do 1 de febreiro de 2013, a información necesaria sobre as explotacións e titulares que comercializasen a súa produción durante o período do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2012 ao amparo destes programas de calidade dos que sexan responsables, segundo os datos mínimos do anexo 15.

2. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente establecerá anualmente a contía da axuda específica por cabeza dividindo o montante global dos fondos entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión desta subsección.

Subsección 4.ª Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan os/as agricultores/as do sector ovino

Artigo 71. Obxecto, ámbito de aplicación e dotación.

1. En virtude da letra b) do número 1 do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica ás explotacións de ovino que se agrupen entre si en entidades asociativas co fin de que, a través do fomento da mellora da súa competitividade ou da ordenación da oferta ou do incremento do valor da súa produción, se poida garantir a súa permanencia na actividade.

2. A dotación orzamentaria anual para España que se destinará a estas axudas é de 28.200.000 de euros.

Artigo 72. Beneficiarios e requisitos.

1. Este pagamento concederáselles aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RG e OVC do anexo 1, xunten a documentación indicada neste e cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta subsección.

2. A axuda aboarase polos animais elixibles presentes nas explotacións, que será toda ovella, tal e como foi definida no artigo 10.1.p) e 10.1.q), respectivamente, que, ademais, se atope correctamente identificada e rexistrada conforme se establece no Regulamento (CE) n.º 21/2004 do Consello, do 17 de decembro de 2003, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa, o 1 de xaneiro de 2012.

3. As axudas limitaranse a titulares de explotacións de ovino agrupados en entidades asociativas constituídas antes do último día de prazo de presentación da solicitude unificada 2012 nalgunha das entidades asociativas que define o artigo 6, letras a) e b) da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, cuns censos mínimos de reprodutoras elixibles, propiedade dos/as titulares de explotación asociados/as, de 5.000 reprodutoras e que levasen a cabo actuacións antes do último día do prazo de presentación da solicitude unificada 2012, recollidas nos seus estatutos, para a consecución dalgún dos seguintes obxectivos:

a) A dotación de infraestruturas para a ceba e tipificación de años, cabritos e/ou a comercialización en común de carne e/ou la.

b) Emprender accións comúns para mellora da rastrexabilidade e/ou a etiquetaxe da produción.

c) Dotación de servizos comúns e de substitución (por exemplo, para o pastoreo, rapa ...).

d) Levar a cabo accións comúns de formación, mellora tecnolóxica ou innovación, no ámbito da produción e/ou da comercialización.

Un titular de explotación de ovino só poderá presentar unha única solicitude de axuda ligada á entidade asociativa da súa escolla que deberá indicar na solicitude.

4. Pola súa vez, as agrupacións comprometeranse a:

a) Manter a súa actividade e polo menos o 90 por cento do censo indicativo asociado durante os tres anos seguintes á data de solicitude da primeira axuda, é dicir, durante o ano da solicitude e os dous seguintes. Para os efectos dos compromisos derivados do mantemento do censo indicativo da entidade asociativa, só se considerarán os animais elixibles dos solicitantes.

b) Achegar compromiso individual dos/as produtores/as integrantes de permanecer polo menos 3 anos na agrupación e de comunicar a súa baixa cunha anticipación mínima de 6 meses á súa data efectiva.

O feito de que un socio solicitante se dea de baixa inxustificadamente, será suficiente para consideralo como incumprimento do seu compromiso individual de permanencia, independentemente do que suceda co censo indicativo mínimo da entidade asociativa. Neste caso poderase exixir a devolución dos importes xa percibidos en anos anteriores aos ditos solicitantes, ademais de proceder á denegación da axuda específica do ano en curso no caso de que se tivese presentado solicitude para pertenza a outra entidade asociativa.

Se, ademais, como consecuencia desta baixa dun socio solicitante, o censo indicativo da entidade asociativa diminuíse dun ano a outro por debaixo do 90 por cento do censo indicativo inicial, ou o censo mínimo descendese por debaixo de 5.000, consideraríase como incumprimento da entidade asociativa e afectaría a todos os integrantes. Neste suposto, non se exixiría a devolución dos importes percibidos en anos anteriores polos socios que mantivesen individualmente o seu compromiso. En todo caso, teranse en conta os casos de xubilación dun solicitante, as situacións excepcionais e as causas de forza maior.

5. O censo indicativo correspondente ao conxunto de femias reprodutoras elixibles da entidade asociativa referirase ao 1 de xaneiro de 2012.

Artigo 73. Importe unitario da axuda.

1. O importe unitario da axuda modularase proporcionalmente, de forma que:

a) Nas explotacións en que os titulares non comercialicen leite ou produtos lácteos conforme o Real decreto 61/2011, do 21 de xaneiro, sobre declaracións que efectuarán os compradores de leite e produtos lácteos de ovella e cabra, o importe unitario por femia elixible na explotación será o importe completo da axuda.

b) Nas explotacións en que os titulares comercialicen leite ou produtos lácteos independentemente da especie produtora conforme o Real decreto 61/2011, do 21 de xaneiro, o importe unitario por femia elixible na explotación será do 70 por cento do importe completo da axuda.

2. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente establecerá anualmente a contía da axuda específica por cabeza dividindo o montante global dos fondos entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión da presente subsección.

3. As entidades asociativas elaborarán unha lista en que figure a relación de socios solicitantes, indicando o seu DNI/CIF, censo de femias elixibles e código REGA das explotacións. A dita lista será posta ao dispor do Fogga antes da data de finalización do prazo de presentación da solicitude única.

Subsección 5.ª Axuda para compensar as desvantaxes especificas que afectan aos/ás agricultores/as do sector cabrún

Artigo 74. Obxecto, ámbito de aplicación e dotación.

1. En virtude da letra b) do número 1 do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica aos titulares de explotacións de cabrún que se atopen en zonas desfavorecidas, segundo a relación que recolle o anexo 9.1.1 (Lista de zonas desfavorecidas de España do programa de desenvolvemento rural das medidas de acompañamento do período de programación 2000-2006), aprobado por Decisión C(2000) 3549, do 24 de novembro e modificado por Decisión C(2006) 607, do 22 de febreiro, así como as modificacións desta relación definidas polo procedemento establecido no artigo 90, número 2, do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, do 20 de setembro, e que para a Comunidade Autónoma de Galicia se corresponden coas indicadas no anexo 18 desta orde.

2. A dotación orzamentaria anual para este programa para España é de 4.700.000 euros.

Artigo 75. Beneficiarios e requisitos.

1. Este pagamento concederáselles aos/ás agricultores/as que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, RG e OC do anexo 1, xunten a documentación indicada neste e cumpran os requisitos e condicións establecidos.

2. Só recibirán esta axuda os titulares de explotacións cun censo de cabras elixibles igual ou superior a 10.

3. A axuda aboarase por animal elixible que será toda cabra, tal como se define no artigo 10.1.q), que, ademais, se atope correctamente identificada e rexistrada conforme a normativa vixente, a 1 de xaneiro de 2012, nas explotacións que cumpran os requisitos desta subsección.

4. Poderán optar a estas axudas os titulares de explotacións de cabrún localizadas nas zonas desfavorecidas conforme se establece no artigo anterior.

Nos casos en que a explotación teña mais dunha unidade de produción situada en diferentes zonas, para determinar se a explotación do solicitante se sita en zona desfavorecida, atenderase ao censo de cabras conforme a definición do artigo 10.1.q) presentes en cada unha das unidades de produción. A explotación entenderase situada en zona desfavorecida se a unidade ou unidades de produción situadas nalgunha das zonas desfavorecidas conforme se establece no artigo anterior reúnen máis do 50 por cento do censo total de cabezas da explotación. Igualmente, nestes casos, só se considerarán elixibles os animais que, ademais de cumpriren o establecido, se atopen nas unidades de produción situadas en zonas desfavorecidas.

Artigo 76. Importe unitario da axuda.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segundo a información facilitada polas comunidades autónomas, establecerá anualmente a contía da axuda específica por cabeza dividindo o montante global dos fondos entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión establecidas nesta subsección.

Subsección 6.ª Axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan
os/as agricultores/as do sector de vacún de leite

Artigo 77. Obxecto, ámbito de aplicación e dotación.

1. En virtude do número 1.b) do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica ás explotacións de vacún de leite para facilitar a súa adaptación á eliminación progresiva do réxime de cotas.

2. A dotación orzamentaria para este programa para toda España é de 56.010.400 euros ao ano distribuídos da seguinte forma:

a) 51.210.400 euros para unha axuda ás explotacións situadas en zonas desfavorecidas, segundo se recolle no anexo 18, coa seguinte desagregación:

i. 18.200.000 euros para unha axuda ás explotacións situadas en zona de montaña y zonas con dificultades específicas.

ii. 19.600.000 euros para unha axuda ás explotacións situadas noutras zonas desfavorecidas distintas ás de montaña afectadas por desvantaxes naturais.

iii. 13.410.400 euros para unha axuda complementaria ás explotacións situadas nas zonas anteriores que ademais dispoñan da base territorial para a alimentación do gando produtor de leite segundo se establece no artigo 78.

b) 4.800.000 euros para una axuda ás explotacións situadas no resto de zonas do territorio distintas das determinadas anteriormente.

Artigo 78. Beneficiario e requisitos.

1. As axudas concederanse por animal elixible e ano. Serán animais elixibles as femias das razas bovinas de aptitude eminentemente láctea, segundo se definen no artigo 10.1.v) e que teñan unha idade igual ou maior a 24 meses e que se atopen inscritas no Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais (RIIA), conforme se establece no Real decreto 728/2007, localizadas na explotación o último día do prazo de presentación da solicitude unificada.

2. O Fogga determinará o número de animais elixibles de cada explotación que cumpran os requisitos establecidos na presente subsección en cada tipo de zona desfavorecida e en cada tramo de modulación.

3. Poderán optar a estas axudas os titulares de explotacións de gando vacún de leite sempre que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, PA, RS, RG e VL do anexo 1, xunten a documentación indicada neste e cumpran os requisitos e condicións comúns establecidos no artigo 61.

Nos casos en que a explotación se compoña de máis dunha unidade de produción situadas en diferentes zonas, para determinar o tipo de zona en que se ubica a explotación do solicitante, atenderase ao número de animais elixibles presentes o último día de prazo de presentación da solicitude unificada 2012 en cada unha das unidades de produción. A explotación entenderase situada na zona onde radiquen as unidades de produción que sumen maior número de animais elixibles.

Para os efectos da modulación prevista no punto 2 do artigo 72, o cómputo dos animais que recibirán axuda iniciarase polos presentes nas unidades de produción da zona en que se determinase que pertence á explotación. O cómputo continuará, se for o caso, coa seguinte ou as seguintes zonas, ordenadas en función do maior número de animais elixibles presentes nelas.

4. Os agricultores con explotación situada nas zonas incluídas no anexo 18 que posúan unha superficie forraxeira dispoñible na súa explotación para alimentación do gando produtor de leite, poderán percibir unha axuda complementaria sempre e cando a dita superficie sexa superior a 0,40 hectáreas por vaca elixible, conforme se define no número 1.

Para os efectos desta axuda entenderase por superficie forraxeira aquela que, ademais de responder á definición do artigo 10.1. l), teña uso PS (pasteiro) ou TA (terra arable) no Sixpac e estea situada no termo municipal onde se atope a explotación ou en municipios limítrofes.

Artigo 79. Importe unitario da axuda.

1. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segundo a información ofrecida polas comunidades autónomas, establecerá anualmente as contías das axudas por cabeza, dividindo os montantes dos fondos correspondentes descritos no número 2 do artigo 77 entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión do artigo 78, e tendo en conta a modulación prevista no número seguinte.

2. O importe das axudas por animal elixible será:

a) O importe completo da axuda para os 40 primeiros animais é o 80 por cento do importe completo para os seguintes, ata un máximo de 100 animais por explotación.

b) No caso de explotacións situadas nas zonas indicadas no anexo 18 con superficie forraxeira e destinada á alimentación do gando produtor de leite superior a 0,40 hectáreas por animal elixible, o importe completo da axuda complementaria para os 40 primeiros animais e o 70 por cento do importe completo para os seguintes, ata un máximo de 100 animais por explotación.

Subsección 7.ª Axuda para a mellora da calidade do leite e os produtos lácteos de vaca

Artigo 80. Obxecto e dotación.

1. En virtude da alínea a) ii do apartado 1 do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, concederase unha axuda específica aos/ás titulares de explotacións de vacún de leite que comercialicen a súa produción ao amparo dalgunha das seguintes liñas:

a) Una denominación de calidade das contempladas no artigo 81.

b) A etiquetaxe facultativa co logotipo Letra Q, que deberá cumprir o establecido no Real decreto 405/2010, do 31 de marzo, polo que se regula o uso do logotipo Letra Q na etiquetaxe do leite e dos produtos lácteos.

Para iso, cando cumpran os requisitos e condicións establecidas, deberán presentar coa solicitude unificada unha solicitude de acordo cos modelos DP1, DA, RG e VL do anexo 1, e xuntar a documentación indicada no mesmo anexo.

2. A dotación orzamentaria anual que se destinará a estes pagamentos en España é de 3.952.600 euros.

Artigo 81. Sistemas de calidade recoñecidos.

1. Terán a consideración de denominación de calidade para estes efectos os seguintes sistemas de calidade recoñecidos oficialmente no sector vacún leiteiro:

De ámbito comunitario:

a) Indicacións xeográficas protexidas.

b) Denominacións de orixe protexidas.

c) Especialidades tradicionais garantidas.

d) Gandaría ecolóxica.

De ámbito nacional:

e) Gandaría integrada.

f) Esquemas de certificación de calidade que impliquen uns requisitos superiores aos exixidos na normativa xeral. Neste caso, soamente poderán aceptarse os que inclúan como elementos que fornezan valor engadido algún dos que se relacionan a seguir:

I. Características de produción: produción en réxime extensivo.

II. Alimentación: sistemas de alimentación que inclúan porcentaxes ou cantidades mínimas no penso de cereais, vitaminas, ácidos graxos ou outros compoñentes que melloren a calidade organoléptica ou nutritiva do leite.

III. Ambiente: utilización de enerxías renovables na explotación, programas de aforro enerxético ou de recursos (auga), redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

IV. Calidade hixiénico sanitaria do leite alén aló dos requisitos legais obrigatorios:

a) Os esquemas de certificación de calidade que se baseen neste último elemento valorizante deberán incluír, entre os seus requisitos, unha exixencia de calidade hixiénica referida ao leite cru de vaca compatible cos seguintes criterios:

i. Colonias de xermes a 30º (por ml) menor ou igual a 50.000.

ii. Contido de células somáticas (por ml), menor ou igual a 350.000.

b) O cumprimento deste requisito verificarase tendo en conta as medias xeométricas móbiles obtidas da análise das mostras tomadas nos tanques de almacenamento do leite e rexistradas na base de datos Letra Q en aplicación do Real decreto 1728/2007, do 21 de decembro, ou en calquera outro rexistro equivalente autorizado pola autoridade competente.

Para estes efectos, un produtor que comercialice o seu leite e produtos lácteos baixo estes sistemas de calidade, ademais de cumprir co resto de requisitos establecidos na presente sección, só poderá beneficiarse desta axuda se todos os resultados analíticos correspondentes ás mostras tomadas na súa explotación durante todo o ano 2012 cumpren os criterios anteriormente indicados

Artigo 82. Recoñecemento oficial dos sistemas de calidade de ámbito nacional.

A autorización provisional, recoñecemento e control dos sistemas de calidade realizarase de acordo co establecido no artigo 81 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro.

Artigo 83. Beneficiarios e requisitos.

1. A axuda aboarase por animal elixible e ano. Serán animais elixibles as femias da especie bovina de idade igual ou maior de 24 meses e que se atopen inscritas no Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais (RIIA), conforme se establece no Real decreto 728/2007, localizadas na explotación o último día do prazo de presentación da solicitude unificada, cuxa produción sexa comercializada ao abeiro dunha denominación de calidade establecida no artigo 81.1.

2. Ademais do establecido nas disposicións comúns do artigo 61, os/as agricultores/as que queiran optar a estas axudas en calquera das dúas liñas establecidas no artigo 80.1 deberán comercializar baixo os requirimentos exixibles en cada caso, a produción de polo menos un 25 por cento das femias de aptitude láctea da explotación. O cómputo das cantidades comercializadas para o cumprimento desta porcentaxe mínima exixida comezará a realizarse a partir da data de obtención do primeiro certificado de conformidade emitido pola entidade certificadora, logo de autorización da autoridade competente. Non obstante, cando proceda a renovación do dito certificado, para o cómputo das cantidades comercializadas considerarase o ano natural.

3. Os/as responsables dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas, denominacións de orixe protexidas ou especialidades tradicionais garantidas, así como os/as da produción gandeira ecolóxica, integrada, esquemas de certificación de calidade e do logotipo Letra Q, comunicarán ao Fogga, para estes efectos, antes do 1 de febreiro de 2013, a información establecida no anexo 17.

No caso de esquemas de certificación mencionados na alínea f) do artigo 81.1, nos cales a certificación do cumprimento dos requisitos dos ditos esquemas por parte do organismo independente de control non se realice a nivel de explotación, se non nunha fase posterior, así como no caso da etiquetaxe co logotipo Letra Q da alínea 1.b) do artigo 80, a suma do total de quilogramos de leite comercializados polas explotacións expresados na parte B) do anexo 17 deberá coincidir co volume total de leite comercializado polo responsable do esquema ou polo usuario do logotipo Letra Q baixo o mesmo.

Co obxectivo de realizar a dita comprobación, o organismo independente de control deberá certificar o volume total de leite que os responsables dos ditos esquemas e etiquetaxe comercializasen baixo a marca ou logotipo en cuestión. A dita cantidade consignarase na parte C) do anexo 17 de forma que a asuma das cantidades consignadas na parte B) do dito anexo non poderá ser superior en mais dun 10 por cento a esta cantidade consignada na parte C).

4. Para determinar o número de femias elixibles por cada explotación que cumpra os requisitos da alínea 2, dividirase a cantidade en quilogramos comercializados durante o ano 2012 baixo as distintas denominacións de calidade e logotipo Letra Q entre o rendemento lácteo medio recoñecido para España no anexo V do Regulamento (CE) n.º 1121/2009 da Comisión, do 29 de outubro.

Cando o Fogga poida comprobar que a totalidade da produción dunha explotación é destinada a unha ou varias producións de calidade, poderase entender que todas as femias de idade igual ou maior a 24 meses que se atopen inscritas no RIIA, conforme se establece no Real decreto 728/2007, localizadas na explotación o último día do prazo de presentación da solicitude unificada, son elixibles para os efectos desta axuda, sen necesidade de realizar cálculos con base no rendemento lácteo.

Artigo 84. Importe das axudas.

1. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, segundo a información fornecida polas comunidades autónomas, establecerá anualmente a contía da axuda específica por animal elixible dividindo o montante global dos fondos entre o número de animais elixibles que cumpran as condicións para a concesión da axuda.

O importe das axudas por animal elixible será:

a) No caso de denominacións de calidade de ámbito comunitario, o importe completo da axuda.

b) No caso do resto das denominacións de calidade e etiquetaxe facultativa co logotipo Letra Q, o 80 por cento do importe completo da axuda.

No caso de que unha explotación comercialice a súa produción baixo as dúas alíneas a) e b) anteriores, o cálculo dos importes da axuda realizarase contabilizando os animais elixibles de cada alínea por separado.

CAPÍTULO V
Dos controis, reducións e exclusións

Artigo 85. Plan de control de admisibilidade.

O Fogga, no marco dos plans nacionais de control establecidos polo Fega, establecerá os plans de control tanto administrativos como sobre o terreo, de conformidade cos criterios especificados no Regulamento (CE) n.º 1120/2009 da Comisión, do 29 de outubro de 2009, que establece disposicións de aplicación do réxime de pagamento único previsto no título III do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, no Regulamento (CE) n.º 1121/2009 da Comisión, do 29 de outubro de 2009, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello con respecto aos réximes de axuda aos/ás agricultores/as previstos nos seus títulos IV e V, e no Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro de 2009, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello no referente á condicionalidade, a modulación e ao sistema integrado de xestión e control nos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as establecidos por ese regulamento.

Artigo 86. Reducións e exclusións.

1. Os pagamentos directos determinados neste título estarán suxeitos ás reducións e exclusións previstas no título IV do Regulamento (CE) n.º 1122/2009.

2. Para os efectos do cálculo das penalizacións previstas no artigo 55 do dito regulamento, por declaración incompleta das superficies de todas as parcelas da explotación na solicitude única, calcularase a diferenza entre, por unha parte, a superficie global declarada na solicitude única e, por outra, esta superficie global declarada mais a superficie global das parcelas non declaradas.

Se esta diferenza supón unha porcentaxe superior ao 3 por cento sobre a superficie global declarada, o importe global dos pagamentos directos ao agricultor reducirase segundo os niveis de redución seguintes:

a) Se a porcentaxe é superior ao 3 por cento pero inferior ou igual ao 25 por cento, aplicarase unha redución do 1 por cento do total dos pagamentos directos.

b) Se a porcentaxe é superior ao 25 por cento pero inferior ou igual ao 50 por cento, aplicarase unha redución do 2 por cento do total dos pagamentos directos.

c) Se a porcentaxe é superior ao 50 por cento, aplicarase unha redución do 3 por cento do total dos pagamentos directos.

Artigo 87. Superficies e animais con dereito a pagamento.

1. Para os efectos do establecemento das superficies e animais con dereito a pagamento teranse en conta as disposición aplicables a cada réxime de axuda incluído no artigo 1.1.2, así como o artigo 21 e as establecidas no Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro, e normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) n.º 1234/2007 do Consello no referido á condicionalidade no réxime de axuda establecido para o sector vitivinícola.

2. Os pagamentos correspondentes estarán sometidos, cando for o caso, ás reducións como consecuencia dos límites orzamentarios e da modulación de acordo co establecido nos artigos 21 e 22.

Artigo 88. Circunstancias naturais do rabaño.

As redución e exclusións determinadas nos artigos 65 e 66 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro, non se aplicarán cando, por motivos imputables a circunstancias naturais da vida do rabaño, o/a produtor/a non poida cumprir o seu compromiso de manter os animais obxecto de solicitude de axuda durante todo o período de retención, sempre e cando teña notificado ese aspecto por escrito ao servizo territorial do Fogga nun prazo de dez días hábiles desde a comprobación da redución do número de animais.

Os servizos territoriais do Fogga poderán admitir, sen prexuízo das circunstancias concretas que poidan terse en conta en cada caso, como casos de circunstancias naturais da vida do rabaño os seguintes supostos:

a) A morte dun animal como consecuencia dunha enfermidade.

b) A morte dun animal como consecuencia dun accidente do que non poida considerarse responsable ao/á gandeiro/a.

Artigo 89. Forza maior e circunstancias excepcionais.

1. Cando un/unha produtor/a non poida cumprir as súas obrigas por un caso de forza maior ou circunstancias excepcionais, conservará o dereito á axuda pola superficie ou os animais admisibles no momento en que se teña producido o caso de forza maior ou a circunstancia excepcional. Ademais, se o incumprimento derivado dos motivos da forza maior ou das circunstancias excepcionais está relacionado coa condicionalidade, non se aplicará a redución correspondente.

2. Os casos de forza maior e de circunstancias excepcionais, coa presentación das probas pertinentes á enteira satisfacción do Fogga, deberán notificarse por escrito nun prazo de 10 días hábiles a partir do momento en que o/a produtor/a se encontre en situación de facelo.

3. Para tal efecto, o Fogga poderá recoñecer como circunstancias excepcionais os supostos seguintes:

a) A morte do/da produtor/a.

b) Unha longa incapacidade profesional do/da produtor/a, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social.

c) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agrícola da explotación.

d) A destrución accidental dos edificios da explotación destinados ao gando.

e) Unha epizootia que afecte todo ou parte do gando do/da produtor/a.

TÍTULO III
Das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras

CAPÍTULO I
Das axudas integradas no contrato de explotación sustentable

Artigo 90. Obxecto e ámbito de aplicación do contrato de explotación sustentable.

Co obxecto de reforzar o carácter multifuncional da actividade agraria, mellorar a sustentabilidade das explotacións e apoiar o desenvolvemento sustentable das áreas rurais, establécese o contrato de explotación sustentable (CES), previsto no Programa de desenvolvemento rural de 2007-2013 de Galicia.

A través do CES xestiónanse dúas medidas previstas no dito programa e reguladas na presente orde:

a) Axudas agroambientais, previstas no artigo 36.a), iv) do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, para os/as produtores/as que establezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe e que correspondan ás seguintes submedidas ou liñas de axuda.

1. Variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

2. Control integrado e produción integrada.

3. Agricultura e gandaría ecolóxicas.

4. Loita contra a erosión en medios fráxiles.

5. Mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción.

6. Utilización racional de recursos forraxeiros.

7. Apicultura para a mellora da diversidade en zonas fráxiles.

8. Mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos incluídos na Rede Natura 2000.

b) Axudas relativas ao benestar dos animais, previstas no art. 36.a) v) do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, para os/as produtores/as que adopten sistemas de cría de animais en avicultura e produción porcina que, superando as normas obrigatorias de aplicación, garantan o seu benestar e sanidade e permitan ademais o mantemento dunha explotación viable. Recóllense as seguintes submedidas ou liñas de axuda:

1. Avicultura de curral para produción de carne.

2. Porcino ao aire libre para a cría e ceba.

Artigo 91. Beneficiarios/as, requisitos e compromisos.

1. Poderán solicitar o pagamento no ano 2012 das axudas recollidas no artigo anterior os agricultores/as que as solicitasen e as teñan aprobadas no marco das ordes seguintes:

a) Orde da Consellería do Medio Rural, do 22 de febreiro de 2010, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2010.

b) Orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de xaneiro de 2009, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009.

c) Orde da Consellería do Medio Rural, do 31 de xaneiro de 2008, polo que se regula a aplicación de pagamentos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2008.

2. Para a solicitude do pagamento correspondente ao ano 2012 deberán presentar os modelos DP1, DA e DP2 e os demais impresos indicados no cadro 1 do anexo 1, para cada unha das liñas integradas no contrato de explotación sustentable e na solicitude unificada 2012, achegando a documentación indicada no punto b.9 do anexo.

3. Cumprir, salvo causa de forza maior, durante un período mínimo de 5 anos desde a data da concesión da axuda ou do inicio do cumprimento das obrigas que deron lugar á subvención, os seguintes requisitos xerais, ademais dos específicos de cada axuda:

a) Manter a actividade agraria.

b) Manter e actualizar o caderno de explotación que deberá incluír un resumo da contabilidade e a elaboración dunha conta de explotación.

c) Recibir o servizo dunha entidade inscrita no Rexistro de Entidades de Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia.

d) Cumprir coa normativa correspondente á condicionalidade e que inclúe os requisitos legais de xestión relativos aos ámbitos de ambiente, saúde pública, zoosanidade e fitosanidade, e benestar dos animais e as cuestións relativas ás boas condicións agrarias e ambientais indicadas nos anexos 20 e 21 respectivamente desta orde.

e) No caso de produtores/as agrarios/as beneficiarios/as de axudas para o establecemento de métodos de produción respectuosos co ambiente e a conservación da paisaxe, deberán cumprir ademais as normas mínimas sobre a utilización de fertilizantes e fitosanitarios do anexo 22 en toda a explotación.

f) Durante a vixencia do CES, no caso de pagamentos por superficie, non se poderán intercambiar as parcelas polas que se lle concedeu a axuda, agás nos casos seguintes:

• Concentración parcelaria, expropiación ou calquera outro tipo de intervención pública.

• Relacións contractuais que deveñan imposibles.

• Variación na superficie comunal adxudicada.

4. Se un/unha beneficiario/a cede ou traspasa parcial ou totalmente a súa explotación, outro/a agricultor/a ou cesionario/a poderá continuar cos compromisos do contrato de explotación durante o período restante do contrato inicial, mediante a formalización da transferencia de compromiso segundo o modelo dos impresos TC do anexo 1, subscrito polo/a antigo/a e polo/a novo/a titular, agás no caso de falecemento do/da primeiro/a. Neste caso será subscrito unicamente polo/a novo/a titular xustificando debidamente a dita circunstancia. O documento acreditativo da transferencia de compromisos presentarase, xunto coa solicitude unificada PAC do/da cesionario/a da explotación, ata o último día do prazo de presentación da solicitude unificada, agás no caso de traspaso de compromisos por causa de forza maior. Neste último caso poderase presentar en calquera momento.

Artigo 92. Xustificación do cumprimento dos compromisos.

1. Os/as solicitantes con axudas aprobadas incluídas no marco do CES comunicarán ao Fogga o cumprimento dos compromisos asumidos para o ano natural antes do 28 de febreiro do ano seguinte. Esta comunicación consistirá na presentación do caderno de explotación, actualizado, como mínimo, o 31 de decembro no servizo territorial do Fogga correspondente á provincia da explotación.

2. Os/as solicitantes deberán conservar, á disposición dos/das inspectores/as do Fogga, as facturas, boletíns de análises e demais documentación xustificativa das anotacións feitas no caderno de explotación.

3. O Fogga solicitará calquera outra documentación que considere necesaria para xustificar o cumprimento dos compromisos asumidos.

Artigo 93. Contía das axudas.

A contía unitaria máxima das axudas para cada unha das submedidas integradas no CES será a recollida no anexo 23, tendo en conta ademais as limitacións establecidas na orde das convocatorias das axudas do ano en que fosen solicitadas e aprobadas.

Artigo 94. Comité técnico.

1. O comité técnico encargado de coordinar, verificar e fixar os criterios que se van a considerar para o mellor cumprimento dos compromisos de cada unha das submedidas do CES, está integrado polos seguintes membros:

a) Presidente: director do Fogga, que poderá delegar no subdirector xeral de Xestión da PAC.

b) Vogais: os/as xefes/as dos seguintes servizos:

1.º Servizo de Axudas Complementarias.

2.º Servizo de Sanidade e Produción Vexetal.

3.º Servizo de Producións Gandeiras.

4.º Servizo de Axudas Agrícolas da PAC.

5.º Servizo de Axudas Gandeiras da PAC.

2. Son funcións do comité:

a) Definir, en xeral, as características técnicas dos compromisos que afectan a cada unha das submedidas que integran o CES e, en particular:

– Coordinar os criterios técnicos determinantes da UMCA para cada submedida.

– Determinar o tipo de análises adicionais que se realizarán en relación coa utilización de fertilizantes.

– Definir as labores autorizadas no caso de loita contra a erosión en medios fráxiles.

– Determinar a largura mínima de bandas de cuberta vexetal e as densidades de plantacións en cultivos leñosos en pendente ou socalcos.

– Autorización de produtos de baixa toxicidade en tratamentos químicos localizados para roza en terreos en pendente.

– Autorización de produtos químicos de síntese na loita contra a varroase e enfermidades asociadas.

– Autorización de zonas específicas con biodiversidade fráxil e vexetación autóctona.

b) Harmonizar as actuacións que levan consigo un mellor cumprimento dos compromisos.

3. Ás reunións do comité técnico poderán asistir como convidados/as, con voz pero sen voto, cantos/as expertos/as sexan convocados polo presidente.

CAPÍTULO II
Da indemnización compensatoria

Artigo 95. Ámbito de aplicación.

Poderáselles conceder unha indemnización compensatoria anual aos/ás agricultores/as que reúnan os requisitos que se establecen no seguinte artigo polas superficies das explotacións que radiquen nos municipios incluídos na lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, cualificadas como zonas de montaña ou distintas das de montaña, conforme os artigos 18 e 19, respectivamente, do Regulamento (CE) n.º 1257/1999 do Consello, do 17 de maio, e que se indican no anexo 18 desta orde.

Artigo 96. Beneficiarios/as.

Poderán ser beneficiarios/as das axudas indicadas na presente sección as persoas físicas que o soliciten de acordo cos modelos DP1, DA, DP2, RS, PA, IC e, de ser o caso, RG e ICC do anexo 1 desta orde que reúnan as seguintes condicións:

a) Ser agricultor/a a título principal, a título individual ou como socio/a dunha entidade asociativa. Cada socio/a poderá percibir a indemnización correspondente á súa cota de participación que, se é o caso, deberá acumularse á da súa explotación individual para os efectos de cálculo dunha indemnización compensatoria única. No caso de ser membro dunha entidade asociativa, esta deberá ter realizado, previamente á solicitude dos socios, a solicitude unificada de axudas PAC DR 2012 na que se inclúa, segundo o modelo do impreso ICC do anexo 1, unha relación dos socios da entidade coa súa cota de participación nela.

b) Comprometerse formalmente a manter a actividade agraria en zonas desfavorecidas polo menos durante os cinco anos seguintes á data en que cobre a indemnización, salvo xubilación ou causa de forza maior.

c) Comprometerse formalmente a exercer a agricultura sustentable empregando métodos de prácticas agrícolas que permitan manter boas condicións agrarias e agroambientais, de acordo co establecido no anexo 21, adecuadas ás características agrarias da localidade e compatibles co ambiente e o mantemento do campo e da paisaxe.

Artigo 97. Requisitos das explotacións.

1. As explotacións obxecto da axuda deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Ter a súa superficie declarada, en parte ou totalmente, sobre as zonas desfavorecidas indicadas no anexo 18 desta orde.

b) De tratarse de explotacións gandeiras de vacún, ovino-cabrún ou equino, a carga gandeira máxima será de 2,00 UGM/ha de superficie forraxeira e a mínima de 0,40 UGM/ha en zonas desfavorecidas de montaña e 0,70 UGM/ha en zonas desfavorecidas distintas ás anteriores, en calquera día do ano. Para o resto de explotacións gandeiras e para as estritamente agrícolas non se determina nin se establece límite de carga gandeira.

c) Ter unha superficie agrícola superior a 2 ha en zonas desfavorecidas.

d) Cumprir os requisitos da condicionalidade definidos no Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, que aparecen recollidos nos anexos 20 e 21 desta orde.

Artigo 98. Carga gandeira.

O cálculo de carga gandeira indicada na alínea b) do artigo 97.1.b) anterior realizarase tendo en conta:

a) Para a determinación das UGM, en cada día do período comprendido entre o 1 de outubro de 2011 e o 31 de setembro de 2012, os censos de machos e femias de bovino de seis ou máis meses de idade, máis o número de machos e femias de ovino e cabrún, agás os años e cabritos, e os équidos presentes na explotación, que se converterán en UGM de acordo coas equivalencias establecidas no artigo 10.2.n).

b) Para a determinación da superficie forraxeira teranse en conta as superficies indicadas no artigo 10.1.l) desta orde.

As explotacións para as que se solicite indemnización compensatoria quedarán inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias, da Consellería do Medio Rural e do Mar, como perceptoras deste tipo de axuda.

Artigo 99. Importe da axuda.

1. A modulación da axuda establécese no marco do previsto no artigo 93 do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, e en función do artigo 37 deste e do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

2. A contía mínima de indemnización compensatoria que pode recibir un/unha titular é de 300 euros e a máxima de 2.500 euros por explotación.

3. Establécense dous módulos base como límite das axudas:

a) En zonas desfavorecidas de montaña (artigo 36 a, inciso i) do Regulamento (CE) n.º 1698/2005): 94 euros/ha de superficie indemnizable.

b) En zonas desfavorecidas distintas das de montaña (artigo 36 a inciso ii) do Regulamento (CE) n.º 1698/2005): 57 euros/ha de superficie indemnizable.

4. Os módulos incrementaranse nun 20 por cento no caso de que o/a solicitante teña, como titular exclusivo ou como cotitular da explotación no 30 de abril de 2012, aprobada unha axuda no marco do contrato de explotación sustentable.

5. En ningún caso o pagamento mínimo será inferior a 25 euros/ha de superficie indemnizable ata un máximo de 100 ha, nin superior a 250 euros/ha de acordo co establecido no Regulamento (CE) n.º 1698/2005.

6. Ao módulo base aplicaránselle coeficientes corretores en función da superficie indemnizable da explotación, da base impoñible xeral declarada polo/a titular da explotación na declaración da renda exixible de acordo co punto b.9.b) do anexo 1, relacionada coa renda de referencia determinada para o ano 2012 e das condicións socioeconómicas do concello en que está situada a explotación, segundo se establece no anexo 19.

Artigo 100. Incompatibilidades.

A indemnización compensatoria será incompatible coa percepción polo/a beneficiario/a dunha pensión de xubilación, de subsidio de desemprego ou calquera outra prestación pública análoga.

CAPÍTULO III
Dos controis, reducións e exclusións

Artigo 101. Plans de control de admisibilidade.

O Fogga, no marco do Regulamento 1122/2009, do 30 de novembro, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, no referido á condicionalidade, modulación e ao sistema integrado de xestión e control nos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as establecidos por ese regulamento e do Regulamento (UE) n.º 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de desenvolvemento rural, elaborará os plans de control de admisibilidade das solicitudes, tanto administrativos como sobre o terreo, para as axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras, en coordinación cos correspondentes aos pagamentos á agricultura e á gandaría establecidos no título II, e no marco do Plan nacional de controis das medidas ao desenvolvemento rural do período 2007/2013 establecido polo FEGA para o ano 2010 e seguintes.

Artigo 102. Controis administrativos.

Recibidas as solicitudes, os servizos territoriais do Fogga revisarán a documentación e, no suposto de que non cumpra algún dos requisitos exixidos pola normativa reguladora, requirirase o/a solicitante para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos necesarios. Se non o fixese, considerarase que desiste da súa solicitude, logo de resolución en tal sentido.

Efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento, con respecto a todos os seus elementos.

Os controis administrativos incluirán controis cruzados cos datos do sistema integrado de xestión e control para as parcelas e animais obxecto das medidas de axuda para evitar pagamentos indebidos das axudas.

Os controis administrativos sobre admisibilidade terán en conta os resultados das comprobacións efectuadas por outros servizos, organismos ou organizacións.

As irregularidades detectadas nos controis cruzados darán lugar a un procedemento administrativo apropiado e, en caso necesario, a un control sobre o terreo.

Sen prexuízo do disposto anteriormente, poderáselle requirir ao/á solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 103. Controis sobre o terreo.

1. Realizarase un número de controis sobre o terreo relacionados coas solicitudes de pagamento presentadas durante 2012 que inclúa cando menos o 5 por cento de todos/as os/as beneficiarios/as que teñan subscrito un compromiso en virtude dunha ou varias das medidas no ámbito de aplicación deste título III.

Non obstante, con respecto á medida de axudas agroambientais este requisito mínimo do 5 por cento lograrase a nivel de medida.

2. O artigo 30, números 3 e 4, do Regulamento (CE) n.º 1122/09 aplicarase aos controis sobre o terreo deste artigo e a mostra de control do punto 1 seleccionarase de acordo cos criterios establecidos no artigo 31 deste.

3. Cando sexa posible, o Fogga realizará os controis sobre o terreo previstos neste título ao mesmo tempo que os relativos ao título II.

4. No que respecta aos controis das medidas relacionadas coa superficie, os controis sobre o terreo realizaranse de acordo cos artigos 33 e 34 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009. No que respecta aos controis das medidas relacionadas con animais, os controis sobre o terreo realizaranse de acordo co artigo 42 do mesmo regulamento.

Artigo 104. Reducións e exclusións en medidas relacionadas coa superficie.

1. A base de cálculo da axuda correspondente ás medidas relacionadas coa superficie establecerase de acordo co artigo 57, números 1 e 3, e artigo 75, número 1, do Regulamento (CE) n.º 1122/2009. Para os efectos do presente artigo, considerarase que as superficies declaradas polo/a beneficiario/a ás que se lle aplique a mesma axuda constitúen un grupo de cultivo.

2. Para a aplicación de reducións e exclusións relacionadas coa superficie, terase en conta o establecido no artigo 16 do Regulamento (UE) n.º 65/2011 e na circular de coordinación do FEGA relativa aos criterios para a aplicación das reducións e exclusións ás axudas ao desenvolvemento rural do período 2007/2013 para o ano 2010 e seguintes.

Artigo 105. Reducións e exclusións en medidas relacionadas cos animais.

1. A base de cálculo da axuda correspondente ás medidas relacionadas cos animais establecerase de acordo co artigo 63, números 2, 3 e 4 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009.

2. Para os efectos de reducións e exclusións relacionadas con animais terase en conta o establecido no artigo 17 do Regulamento (UE) n.º 65/2011 e na circular de coordinación do FEGA relativa a criterios para a aplicación das reducións e exclusións ás axudas ao desenvolvemento rural 2007/2013 para o ano 2010 e seguintes.

Artigo 106. Reducións e exclusións en caso de incumprimento dos criterios de admisibilidade.

Cando non se cumpran todos os compromisos ligados á concesión de axuda, agás os relativos ao tamaño da superficie e o número de animais declarados, reducirase ou denegarase a axuda solicitada.

Para os efectos das reducións ou exclusións indicadas no artigo 18 do Regulamento (UE) n.º 65/2011, diferéncianse os seguintes tipos:

– Requisitos de acceso á axuda e de incorporación ao réxime que son intrínsecos á admisibilidade da axuda.

– Compromisos excluíntes (CE), en que o incumprimento implica a non concesión da axuda para o ano en que se solicita e no caso de reiteración, a exclusión da actuación en cuestión e, se for o caso, o reembolso das cantidades percibidas.

– Compromisos valorables (CV) en función da gravidade, alcance e persistencia do incumprimento observado:

• A gravidade dun incumprimento dependerá da importancia das súas consecuencias, tendo en conta os obxectivos perseguidos polos criterios que non se cumprisen.

• O alcance dun incumprimento dependerá da súa repercusión no conxunto da operación.

• A persistencia dun incumprimento dependerá do tempo que duren as repercusións ou da posibilidade de poñer fin a estas con medios aceptables.

Os compromisos valorables (CV) clasifícanse como:

– Compromiso básico (CB): aquel compromiso cuxo incumprimento comporta graves consecuencias para os obxectivos perseguidos pola medida en cuestión, repercuten en toda a operación e estas repercusións duran máis dun ano ou é difícil poñerlles fin con medios aceptables.

– Compromiso principal (CP): aquel compromiso cuxo incumprimento comporta consecuencias importantes para os obxectivos perseguidos pola medida en cuestión, repercuten en toda a operación e estas repercusións duran menos dun ano ou é posible poñerlles fin con medios aceptables.

– Compromiso secundario (CS): aquel que non se axusta ás definicións anteriores.

O plan de controis das medidas ao desenvolvemento rural que establecerá o Fogga para o ano 2012 recollerá a tipificación dos compromisos para as medidas e submedidas incluídas no contrato de explotación sustentable.

Artigo 107. Casos de forza maior.

No suposto de que un/unha beneficiario/a non poida seguir asumindo os compromisos subscritos por causas de forza maior, de acordo cos supostos que establece o artigo 39 do Regulamento (CE) n.º 817/2004, adoptaranse as medidas necesarias para adaptarse aos compromisos. O compromiso darase por finalizado sen que se estableza ningún reembolso polo período de compromiso efectivo. Os supostos de forza maior son os seguintes:

a) Falecemento do/da produtor/a.

b) Longa incapacidade profesional do/da produtor/a.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación se a expropiación non fose previsible o día que asinou o compromiso.

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente a superficie agraria da explotación.

e) Destrución accidental dos edificios para o gando da explotación.

f) Epizootia que afecte todo o gando do/da produtor/a ou unha parte deste.

TÍTULO IV
Da resolución e pagamento

Artigo 108. Resolución de solicitudes de pagamentos directos á agricultura e gandaría.

1. Para as solicitudes de pagamentos directos á agricultura e gandaría establecidos no título II, una vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo e as reducións e exclusións establecidos nos artigos 85 a 87 e comunicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os coeficientes previstos, se é o caso, o Fogga establecerá, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies, o número de animais con dereito a recibir as axudas e os importes que lles corresponden.

Ao mesmo tempo, o dito organismo establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiran ao sistema integrado de xestión e control, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

Os servizos territoriais do Fogga, calculados os importes de axuda que correspondan, elevarán a oportuna proposta de aprobación sobre as solicitudes presentadas, a través do subdirector xeral de Xestión da PAC, ao director do organismo.

O director do Fogga será competente para resolver as solicitudes de axudas recollidas no título II.

2. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta notificación especificarase a convocatoria, o/a beneficiario/a, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará ademais os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial perante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

3. As axudas reguladas no título II desta orde financiaranse con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).

Artigo 109. Resolución das axudas do contrato de explotación sustentable.

1. A resolución das solicitudes de pagamento das axudas no contrato de explotación sustentable, previstas no capítulo I do título III, axustarase aos principios de publicidade, transparencia, e obxectividade, segundo o artigo 5.2.º a) da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

O director do Fogga será competente para resolver as solicitudes de pagamento de axuda integradas no contrato de explotación sustentable.

2. O prazo máximo para ditar a correspondente resolución será de nove meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Transcorrido o prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o/a interesado/a poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

3. Na notificación de concesión destas axudas informarase aos/ás beneficiarios/as dos seguintes aspectos:

– Que a medida se enmarca dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia.

– Que a axuda corresponde á medida para a utilización sustentable de terras agrícolas incluída no eixo 2 de mellora do ambiente e o medio rural.

– A participación do Fondo Feader no financiamento da axuda.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta notificación especificarase a convocatoria, o/a beneficiario/a, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará ademais os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial perante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

Artigo 110. Resolución de solicitudes de indemnización compensatoria.

1. A concesión das axudas de indemnización compensatoria, recollidas no capítulo II do título III, axustarase aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia e obxectividade, segundo o artigo 5.2.º a) da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia. O procedemento de concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. O Fogga, unha vez realizados os controis administrativos e sobre o terreo, establecerá as superficies con dereito a percibir axuda en cada solicitude e o importe que lle corresponde.

3. Unha vez determinado o importe da axuda correspondente a todas as solicitudes recibidas e que cumpran todos os requisitos, se este supera o orzamento dispoñible previsto na alínea b) da disposición adicional primeira, incluídos os incrementos previstos, aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

a) Solicitantes que reúnan os requisitos de agricultor/a mozo/a. Intervalo de asignación: de 0,00 a 35,25 puntos. Asignaranse ao expediente 0,75 puntos por cada ano de diferenza entre 65 e a idade que lle corresponda cumprir ao/á solicitante no ano de campaña.

b) Solicitantes mulleres. Asignación de 5 puntos se o solicitante é muller.

c) Solicitantes que, como titulares exclusivos/as ou como cotitulares teñan subscrito un contrato de explotación sustentable ante a Administración: 5 puntos.

d) Solicitantes que, como titulares exclusivos/as ou como cotitulares da explotación, teñan aprobada no 30 de abril de 2012 algunha das liñas de axuda a produtores agrarios que establezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe previstas no artigo 84.a) segundo o seguinte baremo:

Submedida agroambiental

Puntos

1. Variedades autóctonas en risco de erosión xenética

 5

2. Control integrado e produción integrada

 5

3. Agricultura e gandaría ecolóxica

10

4. Loita contra a erosión en medios fráxiles

 5

5. Mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción

10

6. Utilización de recursos forraxeiros da explotación

 5

7. Apicultura para a mellora da diversidade en medios fráxiles

 5

8. Mellora e conservación do medio físico en zona de prado e pasteiro da Rede Natura 2000

10

e) Solicitantes cuxas explotacións estean total ou parcialmente localizadas en concellos onde haxa algunha zona pertencente á Rede Natura 2000, segundo o seguinte baremo:

• Se a superficie en concellos da Rede Natura e igual ou maior do 50 por cento da superficie total da explotación: 6 puntos.

• Se a superficie en concellos da Rede Natura é menor do 50 por cento da superficie total da explotación: 3 puntos.

f) Solicitantes que sexan titulares exclusivos/as ou cotitulares dunha explotación prioritaria: 8 puntos se a explotación do/da solicitante ten a cualificación de prioritaria.

De acordo coa puntuación obtida ordenaranse as solicitudes de maior a menor puntuación ata completar, cos importes das solicitudes de máis puntos, o orzamento dispoñible.

No caso de igualdade de puntos terá preferencia o/a solicitante de menor idade.

4. Establecida a priorización das solicitudes, os servizos territoriais do Fogga elevarán a correspondente proposta a través do subdirector xeral de Xestión da PAC ao director do organismo, que é a autoridade competente para resolver.

5. O prazo máximo para ditar a correspondente resolución será de nove meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Transcorrido o prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o/a interesado/a poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

6. Na notificación de concesión destas axudas informarase aos/ás beneficiarios/as dos seguintes extremos:

– Que a medida se enmarca dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia.

– Que a axuda corresponde á medida para a utilización sustentable de terras agrícolas incluída no eixe 2 de mellora do ambiente e o medio rural.

– A participación do Fondo Feader no financiamento da axuda.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta notificación especificarase a convocatoria, o/a beneficiario/a, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresará ademais os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial perante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

Artigo 111. Modificación da resolución.

1. O director do Fogga poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

2. A renuncia a un CES será obxecto de comunicación expresa por parte do/da interesado/a no prazo de 30 días hábiles contados desde a comunicación da resolución da concesión da axuda. Se esta se producise antes de finalizar o período obrigatorio de cumprimento do compromiso, a persoa beneficiaria verase obrigada a devolver todas as axudas percibidas, incrementadas cos xuros correspondentes ao tempo transcorrido, agás que obedeza a causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

3. Se durante a vixencia do CES a normativa comunitaria de aplicación relativa aos compromisos asumidos polo solicitante dese lugar a maiores exixencias, estas deberanse reflectir revisando os compromisos asumidos que serán exixibles para a percepción das axudas das anualidades posteriores á entrada en vigor da modificación da normativa.

Artigo 112. Recursos administrativos.

Contra as resolucións do director do Fogga caberá a interposición do recurso de alzada ante o presidente do citado organismo no prazo dun mes contado desde a notificación da resolución obxecto de recurso.

Artigo 113. Pagamento das axudas directas á agricultura e gandaría.

1. O Fogga realizará os trámites pertinentes para efectuar, cando finalizasen todos os controis establecidos nos artigos 28 ao 46 do Regulamento (CE) n.º 1122/2009 da Comisión, do 23 de novembro, con carácter xeral, o pagamento das axudas recollidas no punto 1.2 do artigo 1 entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de xuño de 2013.

2. Non obstante o disposto no punto 1 anterior, a partir do 16 de outubro de 2012 aboaranse anticipos das primas por vaca nutriz para todas aquelas solicitudes cuxos controis finalizasen de acordo co establecido no artigo 95 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro.

Artigo 114. Pagamento das axudas ao desenvolvemento rural.

O Fogga realizará os trámites pertinentes para efectuar, cando finalicen todos os controis establecidos, o pagamento das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas.

De acordo co artigo 75.1.c) i) do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, os beneficiarios destas axudas deben levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación.

Artigo 115. Recuperación dos pagamentos indebidos.

1. No caso de pagamento indebido, o/a produtor/a quedará obrigado a reembolsar ese importe máis os xuros calculados de acordo co punto 2, logo do procedemento establecido no capítulo II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a notificación da obriga de reembolso ao/á produtor/a e o reembolso ou a dedución.

O tipo de xuro aplicable será o previsto no artigo 34.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A obriga de reembolso establecida no punto 1 non se aplicará se o pagamento é froito dun erro da Administración xestora ou doutra autoridade e non podía ser razoablemente detectado polo/a produtor/a.

Porén, cando o erro estea relacionado con elementos factuais pertinentes para o cálculo do pagamento correspondente, o parágrafo primeiro deste punto 3 só se aplicará se a decisión de recuperación non se comunicase nun prazo de 12 meses a partir do pagamento.

4. O previsto no punto 3 anterior non se lles aplicará aos anticipos.

5. O Fogga poderá renunciar á recuperación dos importes iguais ou inferiores a 100 euros, xuros non incluídos, por produtor/a e por período de axuda. En todo caso, na recuperación de débedas teranse en conta as regras previstas no capítulo 1 bis do Regulamento (CE) n.º 885/2006 da Comisión, do 21 de xuño.

Artigo 116. Cesión da explotación.

1. Cando, despois de terse presentado unha solicitude de axuda e antes de que se cumprisen todas as condicións para a súa concesión, unha explotación sexa transferida dun/dunha produtor/a a outro/a na totalidade por venda, arrendamento ou calquera outro tipo de transacción similar, non se concederá axuda ningunha ao/á cedente en relación coa explotación cedida.

2. As axudas directas solicitadas polo/a cedente concederanse ao/á cesionario/a sempre que:

a) O/a cesionario/a informe o Fogga nun prazo non superior a 30 días a partir da data de cesión e antes do 31 de outubro de 2012 e solicite o pagamento da axuda.

b) O/a cesionario/a presente, no mesmo prazo, o documento de cambio de titularidade da explotación.

c) Se cumpran todas as condicións para a concesión da axuda respecto da explotación cedida.

3. Unha vez que o/a cesionario/a informase ao Fogga e solicitase o pagamento das axudas:

a) Todos os dereitos e obrigas do/a cedente relativas á solicitude de axuda recaerán sobre o/a cesionario/a.

b) Todas as actuacións da autoridade competente para a concesión das axudas e todas as declaracións realizadas polo/a cedente antes da transferencia asignaranse ao/á cesionario/a.

4. Sen prexuízo do cumprimento da obriga de informar na forma e no prazo indicados no punto 2 deste mesmo artigo, para as indemnizacións compensatorias a concesión da axuda ao/á cesionario/a estará supeditada á comprobación do cumprimento por este/a dos requisitos subxectivos unha vez que teña achegada a documentación pertinente.

5. En ningún caso serán de aplicación as disposicións sinaladas neste artigo cando a transferencia só afecte unha parte da explotación.

Artigo 117. Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan esixir os órganos competentes para a xestión de cada axuda ou prima, os/as solicitantes das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo Servizo de Auditoría Interna dos Fondos Agrarios Europeos do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Disposición adicional primeira.

1. Esta convocatoria tramítase de acordo co previsto no artigo 25 do Decreto 25/2009 polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito suficiente no momento da resolución da concesión.

A concesión destas axudas realizarase con cargo aos orzamentos de gastos do Fogga conforme os orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 2012, nas seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Para as axudas especificadas no título II desta orde:

– Aplicación 13.80.713F.779.0, superficies e intervención de mercado por importe de cen mil (100.000) euros.

– Aplicación 13.80.713F.779.1, primas gandeiras, por importe de corenta e nove millóns (49.000.000) euros.

b) Para as axudas especificadas no título III desta orde:

– Aplicación 13.80.712B.772.1, indemnización compensatoria, por importe de oito millóns oitocentos trinta e cinco mil douscentos corenta (8.835.240) euros.

2. A concesión e pagamento das axudas previstas nesta orde que se teñan que efectuar no exercicio seguinte realizaranse con cargo ao proxecto de orzamentos de gastos do Fogga dese exercicio, nas aplicacións orzamentarias sinaladas no punto 1 anterior.

3. As dotacións orzamentarias indicadas nas alíneas a) e b) do punto 1 poderán incrementarse, se fose procedente, con outros fondos do Feaga e do Feader, dos orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma. Nese suposto tramitarase o oportuno expediente de xeración, ampliación ou transferencia de crédito.

En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional segunda.

As oficinas agrarias comarcais responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Disposición adicional terceira.

En todo o non previsto nesta orde deberá respectarse a normativa comunitaria de aplicación e a normativa estatal de transposición.

Disposición adicional cuarta.

Sen prexuízo do previsto no capítulo VII do título II, e no capítulo III do título III, seralles de aplicación aos/ás beneficiarios/as das axudas reguladas nesta orde, o réxime de reintegro, así como o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional quinta.

Nos termos establecidos no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Fogga publicará no DOG as axudas concedidas, agás no suposto previsto no artigo 15.2.c) en que poderán utilizarse outros procedementos para darlle publicidade. En calquera caso, todas as axudas concedidas publicaranse na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega.

Disposición adicional sexta.

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, se for o caso.

Disposición transitoria primeira. Solicitudes formuladas en campañas anteriores.

As solicitudes formuladas ao abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora do réxime de pagamento único, das axudas a produtores/as de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos/das produtores/as de carne de ovino e cabrún, dos/das produtores/as de vacún, dos/das que manteñen vacas nutrices e das axudas específicas por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009 do Consello, en campañas anteriores, aos/as que non se lles concedeu a subvención solicitada, poderanse ter en conta nesta convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite no que se encontraban no momento da finalización do exercicio anterior.

Disposición transitoria segunda. Xustificación do cumprimento dos compromisos de solicitantes de axudas do CES.

O artigo 87 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2011, queda redactado da seguinte forma:

Artigo 87. Xustificación do cumprimento dos compromisos.

1. Os/as solicitantes con axudas apróbadas incluídas no marco do CES comunicarán ao Fogga o cumprimento dos compromisos asumidos para o ano natural 2011 antes do 28 de febreiro de 2012. Esta comunicación consistirá na presentación do caderno de explotación, actualizado, como mínimo, no 31 de decembro de 2011, no servizo territorial do Fogga correspondente á provincia da explotación.

2. Os/as solicitantes deberán conservar, á disposición dos/das inspectores/as do Fogga, as facturas, boletíns de análises e demais documentación xustificativa das anotacións feitas no caderno de explotación.

3. O Fogga solicitará calquera outra documentación que considere necesaria para xustificar o cumprimento dos compromisos asumidos.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas todas a disposicións de igual rango ou inferior a esta orde que non estean de acordo co establecido nela.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o director do Fondo Galego de Garantía Agraria, no ámbito da súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO 1
Documentación que debe acompañar a solicitude unificada de axudas PAC/DR-2012

a) Documentos constitutivos da solicitude:

Modelos indicados no cadro seguinte segundo o tipo de axuda solicitado.

En caso de presentarse co rexistro telemático, levará unha indicación de que a solicitude foi autenticada polo rexistro telemático baixo o identificador que figura na páxina do modelo DP1, certificando para todos os efectos a data de presentación que reflicte a antesinatura a salvo de invalidacións por documento posterior debidamente notificado. Baixo o devandito identificador custódiase un ficheiro informático non modificable que, en calquera momento, permite imprimir unha copia íntegra dos modelos indicados cos datos declarados polo solicitante na data de rexistro.

DP1:

Solicitude unificada de axudas PAC/DR-2012. Declaración de participación.

DA:

Declaracións e autorizacións na solicitude unificada de axudas PAC/DR-2012.

PA:

Relación de todas as parcelas agrícolas da explotación.

RS:

Resumo da solicitude única de superficies.

RG:

Resumo da explotación gandeira.

UTA:

Relación de unidades de traballo agrario ou de profesionais da agricultura da explotación.

PU:

Solicitude de admisión e solicitude da axuda do réxime do pagamento único.

DPU:

Relación de dereitos do réxime de pagamento único.

RN:

Solicitude á reserva nacional de dereitos de pagamento único. Campaña 2012.

VN:

Solicitude de primas en beneficio dos produtores que manteñan vacas nutrices.

VC:

Solicitude de axudas específicas aos agricultores do sector de vacún de carne (artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009).

OC:

Solicitude de axudas específicas aos agricultores dos sectores de ovino-cabrún (artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009).

VL:

Solicitude de axudas específicas aos agricultores no sector lácteo (artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009).

DP2:

Solicitude unificada de axudas PAC/DR-2012. Desenvolvemento rural.

IC:

Solicitude de indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas.

ICC:

Declaración de participación de socios en entidade asociativa para a solicitude de indemnización compensatoria.

RSA:

Resumo de superficies agroambientais.

PAG:

Parcelas agroambientais.

RGA:

Resumo de gando agroambiental-benestar animal.

COM:

Compromisos ambientais do contrato de explotación sustentable (CES).

TC:

Transferencia de compromisos do contrato de explotación sustentable (CES).

missing image file

b) Documentación complementaria:

b.1. En todas as axudas:

1. No caso de rexistro telemático, os exemplares para a Administración dos impresos DP1 e DA «Declaracións e autorizacións» asinados.

2. Impreso resumo de documentación asinado DC «Documentación da solicitude unificada 2012».

3. Fotocopia do CIF cando o solicitante non sexa persoa física.

4. Certificado emitido pola entidade financeira que acredite a conta corrente ou cartilla de beneficiario, ou selo da entidade financeira na solicitude.

5. Documentación de autorización de sinatura se o solicitante é persoa xurídica ou, sendo persoa física, non é quen presenta e asina a solicitude.

6. Copia do impreso de cambio de titularidade da explotación ou da solicitude de alta como explotación agraria no caso de novos solicitantes.

b.2. Réxime de pagamento único:

– No caso de ser cedente ou cesionario de dereitos de pagamento único, copia do impreso de cesión de dereitos de pagamento único.

– Copia do documento da asignación de dereitos cando a comunicación desta asignación non a fixese a Comunidade Autónoma de Galicia.

b.3. Nas solicitudes con declaración de parcelas:

– Certificado da autoridade competente, segundo o modelo do anexo 12, no caso de montes veciñais en man común, ou similares, onde existan as superficies forraxeiras utilizadas conxuntamente por varios produtores. No caso de montes que dispoñan de código, a relación de recintos Sixpac e os tipos de pasto que compoñen este poderá ser remitida polo responsable do monte ao servizo territorial do Fogga.

– Bosquexos cotados que permitan situar as parcelas agrícolas, no caso de recintos Sixpac declarados parcialmente.

– Documentación que xustifique a inscrición no sistema de calidade recoñecido oficialmente, no caso de solicitar a axuda específica á calidade dos legumes e non figurar nas bases de datos do Fogga como inscrito en ningún sistema de calidade.

b.4. Axudas específicas destinadas aos agricultores de ovino e cabrún. Artigo 68 do Regulamento (CE) n.º 73/2009.

– Fotocopias do libro de explotación, se existen unidades de produción noutra comunidade autónoma:

- Folla na que figuren os datos identificativos da explotación e do propietario.

- Folla na que figure o balance de reprodutoras da explotación en 1 de xaneiro de 2012.

– Documentación que xustifique a inscrición no sistema de calidade recoñecido oficialmente, no caso de solicitar a axuda para a mellora da calidade das producións de ovino e cabrún e non figurar nas bases de datos do Fogga como inscrito nalgún sistema de calidade.

– No caso da axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan os agricultores do sector ovino, o xefe do servizo territorial do Fogga, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e antes do 30 de xuño de 2012, requirirá ás sociedades ou agrupacións relacionadas polo agricultor na súa solicitude:

a) Estatutos da asociación.

b) Relación de socios pertencentes á sociedade ou agrupación co censo de reprodutores de ovino-cabrún de aptitude cárnica en 1 de xaneiro de 2012.

c) Compromiso por parte da agrupación de manter a súa actividade e o censo indicativo asociado durante os tres anos seguintes á data de percepción da última axuda, é dicir, durante o ano de percepción e os dous seguintes.

d) Compromiso individual dos produtores integrantes de permanecer polo menos 3 anos na agrupación e de comunicar a súa baixa cunha antelación mínima de 6 meses á súa data efectiva.

b.5. Nas solicitudes de pagamentos adicionais á produción de carne de vacún de calidade, e de non figurar nas bases de datos do Fogga como inscrito nalgún sistema de calidade, a documentación de inscrición en:

– Denominación de orixe protexida ou indicación xeográfica protexida, ou

– Gandaría ecolóxica ou integrada,

– Etiquetaxe facultativa recoñecida oficialmente.

b.6. Para acreditar a condición de profesional da agricultura nos pagamentos adicionais de vacún e logo da solicitude do xefe do servizo territorial do Fogga:

– Documentación xustificativa da condición de profesional da agricultura das persoas declaradas como tales: informe de vida laboral para xustificar a alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos ou no dito réxime pola actividade agraria, desde o 30 de abril de 2012. Non será exixible esta documentación xustificativa se cada un dos profesionais da agricultura declarados como tales autorizan o Fogga para solicitar directamente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a certificación ou información suficiente que xustifique tal circunstancia.

Os profesionais da agricultura que non cumpran o anterior poden xustificar a súa condición de profesional achegando a seguinte documentación:

- A declaración do IRPF 2010 de cada un dos que se declaran como tales así como o certificado de rendementos do traballo, de ser o caso, e

- O/s informe/s de vida laboral que acrediten as UTA o 30.4.2012; se as UTA corresponden a traballadores asalariados presentaranse as fotocopias dos NIF/NIE e os contratos de cada un deles, e o informe de vida laboral da empresa.

– No caso de que non se trate dunha explotación asociativa, a documentación que xustifique a relación de cónxuxe ou familiar de primeiro grao co titular da explotación (libro de familia).

– No caso de cooperativas agrarias de produción, SAT, sociedades civís, comunidades de bens e outras persoas xurídicas, a documentación que relacione e xustifique o número de membros e fotocopia do NIF/NIE (anverso e reverso) de todos eles.

b.7. Nas solicitudes á reserva nacional do RPU

1. No caso de sentenzas xudiciais ou actos administrativos firmes:

- Copia da sentenza ou acto administrativo.

2. No caso de agricultores mozos que realizaran a primeira instalación no ámbito dun programa de desenvolvemento rural no marco do Regulamento (CE) n.º 1698/2005:

a) Copia da alta ou cambio de titularidade da explotación.

b) Relación de NIF/CIF dos familiares de primeiro grao incorporados á actividade agraria.

3. No caso de agricultores con explotación en zonas suxeitas a programas de reestruturación:

– Xustificación da circunstancia relativa á inclusión da explotación dentro dun programa obxecto de reestruturación ou desenvolvemento (asignación de cota láctea, dereitos de ovino/cabrún ou dereitos de prima por vacas nutrices).

b.8. Axudas ao desenvolvemento rural

b.8.a) En todos os casos.

1. No caso de rexistro telemático, impreso DP2, exemplar para a Administración.

2. Impreso DC, resumo de documentación.

b.8.b) Nas solicitudes de indemnización compensatoria:

– Copia da portada e folla do censo de animais do libro de explotación, se existen unidades de produción noutra comunidade autónoma.

– Copia da declaración do IRPF do ano 2010, ou compromiso de presentar a do ano 2011, se é novo solicitante.

– Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren tales.

b.8.c) Contrato de explotación sustentable:

– Para acreditar a condición de profesional da agricultura e logo da petición do xefe do servizo territorial do Fogga:

- Cando o solicitante é unha persoa física:

• Se o solicitante figura de alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos:

- Informe de vida laboral do solicitante. Non será exixible esta documentación xustificativa se o solicitante autoriza o Fogga para solicitar directamente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a certificación ou información suficiente que xustifique tal circunstancia.

• Se o solicitante non figura de alta no sistema especial para traballadores por conta propia agrarios do réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos, para acreditar que a explotación require un volume de emprego de cando menos media unidade de traballo agrario e que obteña cando menos o 25 por cento da súa renda de actividades agrarias ou complementarias:

1. Copia da declaración do IRPF do ano 2010 do solicitante, ou compromiso de presentar a do ano 2011, se é novo solicitante.

2. Certificación que acredite a procedencia dos rendementos do traballo do declarante, cónxuxe ou de ambos os dous, no caso de que na declaración do IRPF presentada figuren tales.

3. Vida laboral dos familiares (só válidos familiares ata o segundo grao) que traballan na explotación do solicitante.

4. Vida laboral e copia do DNI dun familiar que, sen estar obrigado a afiliarse ao correspondente réxime da Seguridade Social, traballa na explotación (só válidos familiares ata o segundo grao) e está ao seu cargo como beneficiario na Seguridade Social e na declaración do IRPF.

5. Declaración xurada da persoa titular da explotación, relacionando os familiares que traballan na explotación e non cotizan á Seguridade Social.

6. No caso de que existan traballadores asalariados: copia do NIF/NIE, contrato de traballo e informe de vida laboral da empresa.

- Cando o solicitante sexa unha entidade asociativa agraria e para acreditar que require un volume de traballo de cando menos unha unidade de traballo anual:

• No caso de que existan socios traballadores:

1. Documentación que relacione e xustifique o número de membros e fotocopia do NIF/NIE.

2. Vida laboral dos socios traballadores da empresa.

3. Declaración do IRPF dos socios traballadores.

4. Certificados dos rendementos do traballo.

• No caso de existiren traballadores non socios:

1. Fotocopia do NIF/NIE de cada traballador.

2. Contrato de traballo de cada un deles.

3. Vida laboral da empresa.

- Cando o solicitante sexa unha comunidade de bens, utilizaranse os mesmos criterios que no caso de que o solicitante sexa unha persoa física e deberase acreditar que a explotación require un volume de emprego de cando menos media unidade de traballo agrario (UTA) e as persoas físicas que conforman a comunidade de bens obteñan cando menos o 25 por cento da su renda de actividades agrarias ou complementarias. Ou ben, polo menos unha delas figura de alta no Sistema Especial para Traballadores por conta propia agrarios do réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos.

– No caso de entidades asociativas agrarias distintas de SAT e cooperativas agrarias:

- Estatutos da entidade asociativa que xustifiquen a actividade agraria.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO 6
Usos definidos no Sixpac

Código

Descrición

AG

Correntes e superficies de auga

CA

Vías

CI

Cítricos

ED

Edificacións

FL

Asociación froitos secos - oliveiral

FO

Forestal

FS

Froitos secos

FV

Asociación froitos secos - viña

FY

Froiteiras

IM

Improdutivos

IS

Illas

IV

Invernadoiros e cultivos baixo plástico

OF

Asociación oliveiral - froiteira

OV

Oliveiral

PA

Pasto con arboredo

PR

Pasto arbustivo

PS

Pasteiro

TA

Terra arable

TH

Horta

VF

Asociación viña - froiteira

VI

Viña

VO

Asociación viña - oliveiral

ZC

Zona concentrada non incluída na ortofoto (*)

ZU

Zona urbana (**)

ZV

Zona censurada

(*) Este uso poderase utilizar cando nunha zona dun concello exista unha concentración parcelaria e non se poida contar con unha ortofoto actualizada que reflicta a dita concentración. Nestas zonas poden existir diferentes usos da terra, é dicir, existe a posibilidade de ser ou non consideradas como terra arable, ou ter ou non aproveitamento mediante pastoreo.

(**) Se unha zona urbana inclúe parcelas con declaración de cultivo das cales se presente bosquexo suficientemente claro, gravaranse as citadas parcelas co seu correspondente uso Sixpac.

ANEXO 7
Plantas forestais de ciclo curto admisibles para o RPU, densidade mínima de plantación e ciclo máximo de colleita

Árbores forestais de ciclo curto

Densidade mínima de plantación (plantas/hectárea)

Ciclo máximo de colleita

Eucalyptus (eucalipto)

5.000

18 anos

Paulownia

1.500

5 anos

Populus sp (chopo)

1.100

15 anos

Salix sp (salgueiros e vimbios)

5.000

4 anos

Robinia pseudoacacia L

5.000

14 anos

ANEXO 8
Leguminosas e denominacións de calidade do programa nacional para a calidade dos legumes recolligo na sección 1.ª do capítulo VI do título II

Parte I. Leguminosas elixibles:

– Garavanzo: Cicer arietinum

– Lentella: Lens sculenta

Lens culinaris

– Feixón: Phaseolus vulgaris

Phaseolus lunatus

Phaseolus coccineus

Parte II. Denominacións de calidade:

– Agricultura ecolóxica

– Denominacións de orixe protexidas e indicacións xeográficas protexidas

IXP Alubia de La Bañeza-León

IXP Faba Asturiana

IXP Faba de Lourenzá

IXP Garbanzo de Fuentesaúco

IXP Judías de El Barco de Ávila

IXP Lenteja de La Armuña

IXP Lenteja Pardina de Tierra de Campos

DOP Judía del Ganxet Vallès-Maresme

– Outras denominacións de calidade

Alubia de Guernika

Alubia de Tolosa

Alubia Pinta Alavesa

Garbanzo de Pedrosillo

ANEXO 9
Codificación de produtos e grupos de cultivo

Código

Descrición

Grupos de cultivo

Admisibilidade R.P.U.

01

Trigo (***)

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

04

Millo (**)

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

04

Millo regadío (**)

R32 millo regadío/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

05

Orxo

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

06

Centeo

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

08

Avea

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

13

Triticale

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

19

Outros cereais

R10 cereais gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

20

Barbeito tradicional (*)

R61 barbeito - abandono forestación

Si

26

Abandono para forestación

R61 barbeito - abandono forestación

Non

33

Xirasol

R34 oleaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

34

Soia

R34 oleaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

35

Colza

R34 oleaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras

Si

40

Chícharos

R35 proteaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

41

Faballóns

R35 proteaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

42

Faballóns (variedade minor)

R35 proteaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

43

Tremoceiros doces

R35 proteaxinosas gran/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

50

Garavanzos (*)

R36 ax. calidade legumes/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

51

Lentellas (*)

R36 ax. calidade legumes/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

52

Veza

R60 outras utilizacións

Si

53

Ervella forraxeira

R40 dec. sup. forraxeiras/R60 outras utilizacións

Si

54

Outras leguminosas

R40 dec. sup. forraxeiras/R60 outras utilizacións

Si

60

Alfalfa

R40 dec. sup. forraxeiras

Si

61

Veza forraxeira

R40 dec. sup. forraxeiras

Si

62

Pastos permanentes de 5 ou máis anos (*)

R40 dec. sup. forraxeiras

Si

63

Prados de menos de 5 anos

R40 dec. sup. forraxeiras

Si

65

Tomate aire libre

R60 outras utilizacións

Si

66

Tomate baixo plástico

R60 outras utilizacións

Si

68

Festuca

R40 dec. sup. forraxeiras

Si

69

Raigrás

R40 dec. sup. forraxeiras

Si

77

Feixón seco (*) (***)

R36 ax. calidade legumes/R40 dec. sup. forraxeiras/R65 sen ax. ligada

Si

78

Pemento (***)

R60 outras utilizacións

Si

79

Grelos (***)

R60 outras utilizacións

Si

82

Remolacha

R60 outras utilizacións

Si

90

Outras hortalizas

R60 outras utilizacións

Si

91

Flores

R60 outras utilizacións

Si

92

Outros cultivos herbáceos

R60 outras utilizacións

Si

93

Pataca (***)

R60 outras utilizacións

Si

94

Outros tubérculos

R60 outras utilizacións

Si

97

Cogomelos

R60 outras utilizacións

Si

101

Oliveira

R60 outras utilizacións

Si

102

Viña vinificación (***)

R60 outras utilizacións

Si

103

Uva de mesa

R60 outras utilizacións

Si

104

Amendoeira

R60 outras utilizacións

Si

105

Pexegueiro

R60 outras utilizacións

Si

106

Nectarineira

R60 outras utilizacións

Si

107

Albaricoqueiro

R60 outras utilizacións

Si

108

Pereira

R60 outras utilizacións

Si

109

Maceira

R60 outras utilizacións

Si

110

Cerdeira

R60 outras utilizacións

Si

111

Ameixeira

R60 outras utilizacións

Si

112

Nogueira

R60 outras utilizacións

Si

113

Outras froiteiras

R60 outras utilizacións

Si

114

Superficies forestais madeireiras

R60 outras utilizacións

Non

115

Outras superficies forestais

R60 outras utilizacións

Non

116

Chopo

R60 outras utilizacións

Non

117

Castiñeiro

R60 outras utilizacións

Si

118

Especies aromáticas leñosas

R60 outras utilizacións

Non

119

Viveiro

R60 outras utilizacións

Si

125

Outras hortalizas baixo plástico

R60 outras utilizacións

Si

126

Outros cítricos

R60 outras utilizacións

Si

127

Kiwi

R60 outras utilizacións

Si

128

Framboeseira

R60 outras utilizacións

Si

206

Laranxeira

R60 outras utilizacións

Si

207

Limoeiro

R60 outras utilizacións

Si

211

Marmeleiro

R60 outras utilizacións

Si

214

Nespereira

R60 outras utilizacións

Si

215

Amorodo aire libre

R60 outras utilizacións

Si

216

Amorodo baixo plástico

R60 outras utilizacións

Si

217

Amorodo grande

R60 outras utilizacións

Si

218

Sebe arbustiva

R60 outras utilizacións

Si

237

Superficies forestais de rotación curta (*)

R60 outras utilizacións

Si

(*) Consultar variedades no anexo 10.

(**) No caso de ser modificado xeneticamente, poñer variedade 1.

(***) Consultar no anexo 24 as variedades específicas para o caso de solicitar axuda agroambiental para variedades autóctonas en risco de erosión xenética.

ANEXO 10
Variedades que se indicarán no impreso PA

1. Variedades de barbeito tradicional

Código

Variedade

901

Sen cuberta vexetal

902

Con cuberta vexetal

2. Variedades de pastos permanentes (≥ 5 anos) (produto 62)

Código

Variedade

902

Pasto arbustivo

903

Pasto con arboredo

905

Pasteiros

906

Prado ≥ 5 anos

3. Variedades para a axuda a legumes de calidade (feixón seco, garavanzos e lentellas)

Código

Variedade

801

Axuda a legumes de calidade por IXP Faba de Lourenzá

802

Axuda a legumes de calidade por agricultura ecolóxica

4. Variedades para superficies forestais de rotación curta

Código

Variedade

100

Eucalyptus (eucalipto)

101

Paulownia

102

Populus sp (chopo)

103

Salix sp (salgueiros e vimbios)

104

Robinia pseudoacacia L

ANEXO 11
Zonas de concentración parcelaria en que se admiten referencias identificativas correspondentes a planos de concentración

Código

Provincia

Municipio

Código zona

Nombre de la zona

15

A Coruña

026

Cesuras

03

Filgueira de Traba

15

A Coruña

029

Coristanco

01

Couso

15

A Coruña

046

Mazaricos

01

Arcos

15

A Coruña

060

Ordes

01

Ardemil

15

A Coruña

060

Ordes

03

Buscás ii

15

A Coruña

060

Ordes

04

Leira

15

A Coruña

060

Ordes

06

Montaos ii

15

A Coruña

060

Ordes

08

Barbeiros ii-Vilamaior

15

A Coruña

072

Porto do Son

01

Nebra

15

A Coruña

080

Santiso

01

Arcediago-Mourazos-Rairiz-Santiso

15

A Coruña

080

Santiso

05

Pezobre

15

A Coruña

080

Santiso

07

Visantoña

27

Lugo

001

Abadín

04

Baroncelle

27

Lugo

002

Alfoz

01

Pereiro-As Oiras

27

Lugo

004

Baleira

01

Esperela

27

Lugo

004

Baleira

02

Librán

27

Lugo

004

Baleira

03

Fonteo

27

Lugo

004

Baleira

04

Pousada

27

Lugo

010

Castro de Rei

01

Ramil

27

Lugo

010

Castro de Rei

02

San Xiao de Mos

27

Lugo

015

Cospeito

01

Goá

27

Lugo

021

Xermade

02

Candamil

27

Lugo

030

Mondoñedo

01

Zona Norte

27

Lugo

048

A Pontenova

07

Bogo

27

Lugo

054

Riotorto

01

A Órrea-Galegos

27

Lugo

061

Trabada

05

Monte de Trabada

32

Ourense

002

Allariz

01

San Vitoiro

32

Ourense

006

Baltar

03

Niñodaguia

32

Ourense

070

Ribadavia

01

Santo André de Camporredondo

32

Ourense

083

Trasmiras

08

Vilar de Lebres

32

Ourense

086

Verín

01

Cabreiroá

32

Ourense

086

Verín

02

Mourazos-Tamagos-Tamaguelos

36

Pontevedra

002

Barro

01

Agudelo-Barro-Valiña

36

Pontevedra

005

Caldas de Reis

01

Saiar

36

Pontevedra

006

Cambados

01

Vilariño (sector 1)

36

Pontevedra

013

Covelo

01

Prado-Godóns

36

Pontevedra

013

Covelo

02

A Graña-Campo

36

Pontevedra

013

Covelo

03

Barciademera

36

Pontevedra

018

Forcarei

01

Pereira

36

Pontevedra

052

Silleda

04

Parada

ANEXO 12 - A
Certificación de aproveitamento de pastos permanentes de uso en común en monte veciñal en man común ou similar
Axudas PAC, indemnización compensatoria e CES, campaña 2012

Don/Dona ..............................................., DNI ......................., teléfono .............................., presidente/a secretario/a da xunta reitora da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común (CIF Comunidade..........................., código monte ...........) do lugar............................................, parroquia de....................................................., concello de .................................................

CERTIFICO:

Primeiro:

A superficie total de pastos permanentes de uso en común no dito monte é de ........ ha.

Segundo:

Que ...................................................................................., co DNI..............................., aproveita neste monte as superficies de:

Utilización

Superficie (ha) (*)

A. Pasteiros ou prados ≥ 5 anos (R40/62/905, 906)

B. Pasto arbustivo ou pasto con arboredo (R40/62/902, 903)

E para que así conste, e unicamente para os efectos de declaración de pastos permanentes para a obtención de primas gandeiras previstas na normativa comunitaria, nacional e autonómica, expido esta certificación.

...........................................,....... de ............................... de 2012.

Sinatura

(*) Superficies de pasto permanente totais individuais, dependendo da porcentaxe que lle corresponda da superficie total de pastos en cada utilización.

missing image file

ANEXO 13
Razas de vacún non cárnicas segundo o anexo IV R (CE) 1121/2009

Angler Rotvieh (Ageln) - Rød dansk mælkerace (RMD). German Red - Lithuanian Red

Ayreshire.

Armoricaine.

Bretonne Pie-noire.

Fries-Hollands (FH), Francaise frisonne pie noire (FFPN), Friesian-Holstein, Holstein, Black and White Friesian, Red and White Friesian, Frisona española, Frisona Italiana, Zwartbonten van België/pie noire de Belgique, Sortbroget dansk mælkerace (SDM), Deutsche Shwarzbunte, Shwarzbunte Milchrasse (SMR), Czarno-biala, Magyar Holstein-Friz, Dutch Black and White, Estonian Holstein, Estonian Native, Estonian Red, British Friesian, črno-bela, German Red and White, Holstein Black and White, Red Holstein.

Groninger Blaarkop.

Guernsey.

Jersey.

Malkeborthorn.

Reggiana.

Valdostana nera.

Itäsuomenkarja.

Länsisuomenkarja.

Pohjoissuomenkaja.

ANEXO 14
Datos mínimos que conterá o ficheiro informático cos animais bovinos sacrificados baixo sistemas de vacún de calidade

O ficheiro informático terá formato Access, en calquera das súas versións, e incluirá os seguintes campos:

A. Identificación do sistema de calidade diferenciada:

1. Denominación do sistema de calidade.

2. CIF/NIF/NIE do titular do sistema de calidade.

3. Teléfono, fax e enderezo de correo e electrónico do sistema de calidade.

B. Identificación dos animais bovinos sacrificados durante o ano da presentación da solicitude única por parte do produtor:

1. Código do brinco de bovino sacrificado, conforme o establecido polo Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro.

2. Código REGA da explotación, conforme o establecido no artigo 5 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo.

3. CIF/NIF/NIE do titular da explotación.

ANEXO 15
Datos mínimos que conterá o ficheiro informático que deberán remitir os
responsables dos consellos reguladores, pregos facultativos e produción
gandeira ecolóxica e integrada, coas explotacións e titulares dos agricultores de ovino e cabrún que comercialicen parte da súa produción baixo os sistemas de calidade considerados no artigo 68

O ficheiro informático terá formato Access, en calquera das súas versións e incluirá os seguintes campos:

A. Identificación do sistema de calidade diferenciada:

1. Denominación do sistema de calidade.

2. NIF do titular do sistema de calidade.

3. Teléfono, fax e enderezo de correo e electrónico do sistema de calidade.

B. Identificación das explotacións que comercializaron a súa produción ao abeiro das denominacións de calidade indicadas no artigo 69.2 durante o ano da presentación da solicitude única por parte do agricultor:

1. Cantidade expresada en litros de leite ou en número de años e/ou cabritos comercializados pola explotación durante o ano anterior completo ao abeiro destes programas de calidade dos cales sexan responsables.

2. Código REGA da explotación, conforme o establecido no artigo 5 do Real decreto 79/2004, do 26 de marzo.

3. NIF do titular da explotación.

ANEXO 16
Coeficientes de conversión para determinar o número de reprodutoras en ovino-cabrún

1. Para a produción de leite, a cantidade expresada en litros comercializada pola explotación ao abeiro dos programas de calidade correspondentes durante todo o ano da solicitude dividirase entre a cifra que corresponda a cada raza considerada:

a) Razas ovinas.

Raza

Índice de conversión

Churra

135

Manchega

175

Latxa

120

Castelá

130

Assaf

190

Carranzana

130

Outras

80

b) Razas cabrúas.

Raza

Índice de conversión

Murciano-granadina

730

Majorera

550

Malagueña

700

Tinerfeña

600

Verata

600

Pirenaica

550

Palmera

550

Payoya

650

Guadarrama

650

Florida

655

Branca andaluza

650

Branca celtibérica

600

Outras

550

2. Non obstante, o Fogga poderá utilizar calquera documento recoñecido por el para certificar un rendemento medio do gando leiteiro diferente para cada agricultor.

Para a produción de carne, o número de años e/ou cabritos comercializados, ao abeiro dos programas de calidade correspondentes, pola explotación durante todo o ano da solicitude dividirase entre 0,9.

ANEXO 17
Datos mínimos que conterá o ficheiro informático que deben remitir os
responsables das denominacións de calidade e da etiquetaxe facultativo co
logotipo Letra Q, coas explotacións e titulares dos produtores de vacún de leite
que comercializaron toda ou parte da súa produción baixo os sistemas considerados no artigo 80

O ficheiro informático terá formato Access en calquera das súas versións, e incluirá os seguintes campos:

A. Identificación do sistema (marca/prego de condicións/logotipo):

1. Denominación do sistema.

2. NIF do titular do sistema.

3. Teléfono, fax e enderezo de correo e electrónico do sistema de calidade.

B. Identificación das explotacións que comercializaron a súa produción ao abeiro dos sistemas establecidos no artigo 81 durante o ano da presentación da solicitude única por parte do produtor:

1. Cantidade expresada en quilogramos de leite comercializado pola explotación ao abeiro do sistema correspondente durante o ano da solicitude.

2. Código REGA da explotación, conforme o establecido no artigo 5 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo.

3. NIF do titular da explotación.

C. Cantidade total expresada en quilogramos de leite comercializado polo responsable do sistema correspondente durante o ano da solicitude, en cumprimento do terceiro parágrafo do número 3 do artigo 83. ISSN: 0212-033X.

missing image file
missing image file

ANEXO 19
Cálculo da indemnización compensatoria

1. Superficie indemnizable (SI):

Para os efectos do cómputo da superficie indemnizable, exclúense as superficies de regadío superiores a 5,00 hectáreas.

A superficie indemnizable obterase aplicando os seguintes coeficientes redutores sobre as superficies consideradas en cada categoría de aproveitamento (Si):

Categoría aproveitamento II.CC.

Coeficiente redutor Ci

(a) Pastos e forraxes

1,00

(b) Barbeitos, restrebeiras e pasto arbustivo e pasto con arboredo

0,15

(c) Cultivos de regadío

1,00

(d) Cultivos extensivos e plantacións de secaño

0,50

(e) Plantacións non madeireiras, forestais e arbustivas

0,30

A superficie indemnizable resulta de: SI (en ha) = S Si x Ci.

2. Coeficientes correctores do módulo de base.

– Coeficiente C1: en función da superficie indemnizable.

Superficie indemnizable da
explotación

C1 aplicable ao módulo base

M.B. de z.d. montaña

M.B. de z.d. distinta de montaña

Menor ou igual a 5,00 ha

1,00

Máis de 5,00 e ata 25,00 ha

0,75

Máis de 25,00 e ata 50,00 ha

0,50

Máis de 50,00 e ata 100,00 ha

0,27

0,45

Máis de 100,00 ha

0,00

– Coeficiente C2: en función da base impoñible xeral declarada polo solicitante.

Base impoñible xeral declarada polo solicitante

C2 aplicable ao módulo base

Menor ou igual ao 50% da renda de referencia

1,20

Maior do 50% da renda de referencia

1,00

– Coeficiente C3: en función das condicións socioeconómicas do concello en que está situada a explotación.

Para os efectos de aplicar este coeficiente, considerarase situada a explotación no concello onde radique o CEA principal utilizado na súa solicitude unificada. Os valores que tomará este coeficiente serán de 1 se o CEA se atopa nun concello non incluído na lista de zonas desfavorecidas e os seguintes valores no caso de atoparse na lista:

Provincia 15: A Coruña.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

15.003

Aranga

1,15

15.044

Mañón

1,15

15.080

Sobrado

1,15

15.006

Arzúa

1,15

15.046

Melide

1,10

15.081

Somozas (As)

1,10

15.010

Boimorto

1,15

15.047

Mesía

1,15

15.083

Toques

1,15

15.018

Capela (A)

1,10

15.050

Monfero

1,15

15.084

Tordoia

1,15

15.022

Cedeira

1,05

15.059

Ordes

1,00

15.085

Touro

1,15

15.024

Cerceda

1,00

15.060

Oroso

1,00

15.086

Trazo

1,15

15.025

Cerdido

1,15

15.061

Ortigueira

1,10

15.088

Val do Dubra

1,10

15.027

Coirós

1,00

15.066

Pino (O)

1,15

15.090

Vilasantar

1,15

15.032

Curtis

1,15

15.070

Pontes de García Rodríguez (As)

1,05

15.091

Cariño

1,10

15.038

Frades

1,15

15.076

San Sadurniño

1,10

15.039

Irixoa

1,15

15.079

Santiso

1,15

Provincia 27: Lugo.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

27.001

Abadín

1,10

27.022

Guitiriz

1,10

27.044

Pastoriza (A)

1,15

27.002

Alfoz

1,15

27.023

Guntín

1,15

27.045

Pedrafita do Cebreiro

1,10

27.003

Antas de Ulla

1,15

27.024

Íncio (O)

1,15

27.046

Pol

1,15

27.004

Baleira

1,15

27.026

Láncara

1,15

27.047

Pobra do Brollón (A)

1,10

27.901

Baralla

1,15

27.028

Lugo

1,00

27.048

Pontenova (A)

1,10

27.006

Becerreá

1,10

27.029

Meira

1,10

27.049

Portomarín

1,15

27.007

Begonte

1,15

27.030

Mondoñedo

1,10

27.050

Quiroga

1,10

27.008

Bóveda

1,10

27.031

Monforte de Lemos

1,05

27.056

Rábade

1,00

27.009

Carballedo

1,15

27.032

Monterroso

1,15

27.052

Ribas de Sil

1,15

27.010

Castro de Rei

1,15

27.033

Muras

1,10

27.053

Ribeira de Piquín

1,10

27.011

Castroverde

1,15

27.034

Navia de Suarna

1,10

27.054

Riotorto

1,10

27.012

Cervantes

1,15

27.035

Negueira de Muñiz

1,15

27.055

Samos

1,15

27.016

Chantada

1,10

27.037

Nogais (As)

1,10

27.057

Sarria

1,00

27.014

Corgo (O)

1,15

27.038

Ourol

1,15

27.058

Saviñao (O)

1,10

27.015

Cospeito

1,10

27.039

Outeiro de Rei

1,05

27.059

Sober

1,15

27.017

Folgoso do Courel

1,15

27.040

Palas de Rei

1,15

27.060

Taboada

1,15

27.018

Fonsagrada (A)

1,10

27.041

Pantón

1,10

27.062

Triacastela

1,10

27.020

Friol

1,15

27.042

Paradela

1,15

27.063

Valadouro (O)

1,10

27.021

Xermade

1,10

27.043

Páramo (O)

1,15

27065

Vilalba

1,10

Provincia: 32-Ourense.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

32.001

Allariz

1,00

32.033

Gomesende

1,15

32.063

Pobra de Trives (A)

1,10

32.002

Amoeiro

1,05

32.034

Gudiña (A)

1,10

32.065

Punxín

1,1

32.003

Arnoia

1,10

32.035

Irixo (O)

1,10

32.066

Quintela de Leirado

1,15

32.004

Avión

1,10

32.036

Xunqueira de Ambía

1,15

32067

Rairiz de Veiga

1,15

32.005

Baltar

1,10

32.038

Larouco

1,10

32.068

Ramirás

1,10

32.006

Bande

1,15

32.039

Laza

1,15

32.069

Ribadavia

1,05

32.007

Baños de Molgas

1,10

32.040

Leiro

1,10

32.070

Río (San Xoán de)

1,10

32.008

Barbadás

1,05

32.041

Lobeira

1,15

32.071

Riós

1,15

32.009

Barco de Valdeorras (O)

1,00

32.042

Lobios

1,15

32.072

Rúa (A)

1,05

32.010

Beade

1,10

32.043

Maceda

1,10

32.073

Rubiá

1,10

32.011

Beariz

1,10

32.044

Manzaneda

1,10

32.074

San Amaro

1,15

32.012

Blancos (Os)

1,15

32.045

Maside

1,10

32.075

San Cibrao das Viñas

1,00

32.013

Boborás

1,15

32.046

Melón

1,15

32.076

San Cristovo de Cea

1,15

32.014

Bola (A)

1,15

32.047

Merca (A)

1,10

32.077

Sandiás

1,15

32.015

Bolo (O)

1,10

32.048

Mezquita (A)

1,15

32.078

Sarreaus

1,15

32.016

Calvos de Randín

1,10

32.049

Montederramo

1,15

32.079

Taboadela

1,10

32.017

Carballeda de Valdeorras

1,10

32.050

Monterrei

1,15

32.080

Teixeira (A)

1,15

32.018

Carballeda de Avia

1,15

32.051

Muíños

1,10

32.081

Toén

1,10

32.019

Carballiño (O)

1,00

32.052

Nogueira de Ramuín

1,15

32.082

Trasmiras

1,15

32.020

Cartelle

1,15

32.053

Oímbra

1,15

32.083

Veiga (A)

1,15

32.022

Castrelo de Miño

1,10

32.054

Ourense

1,05

32.084

Verea

1,15

32.021

Castrelo do Val

1,15

32.055

Paderne de Allariz

1,10

32.085

Verín

1,00

32.023

Castro Caldelas

1,10

32.056

Padrenda

1,15

32.086

Viana do Bolo

1,10

32.024

Celanova

1,00

32.057

Parada de Sil

1,15

32.087

Vilamarín

1,10

32.025

Cenlle

1,10

32.058

Pereiro de Aguiar (O)

1,05

32.088

Vilamartín de Valdeorras

1,15

32.029

Chandrexa de Queixa

1,15

32.059

Peroxa (A)

1,15

32.089

Vilar de Barrio

1,15

32.026

Coles

1,05

32.060

Petín

1,10

32.090

Vilar de Santos

1,05

32.027

Cortegada

1,10

32.061

Piñor

1,15

32.091

Vilardevós

1,15

32.028

Cualedro

1,15

32.064

Pontedeva

1,10

32.092

Vilariño de Conso

1,10

32.030

Entrimo

1,10

32.062

Porqueira

1,15

32.032

Xinzo de Limia

1,00

32.031

Esgos

1,15

32.034

Gudiña (A)

1,10

32.037

Xunqueira de Espadanedo

1,15

Provincia: 36-Pontevedra.

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

Código

Nome

C3

36.001

Arbo

1,10

36.016

Dozón

1,15

36.034

Neves (As)

1,10

36.007

Campo Lameiro

1,15

36.017

Estrada (A)

1,05

36.037

Pazos de Borbén

1,05

36.009

Cañiza (A)

1,10

36.018

Forcarei

1,15

36.043

Ponte Caldelas

1,05

36.011

Cerdedo

1,15

36.019

Fornelos de Montes

1,15

36.047

Rodeiro

1,15

36.012

Cotobade

1,15

36.020

Agolada

1,15

36.052

Silleda

1,05

36.013

Covelo

1,15

36.024

Lalín

1,00

36.059

Vila de Cruces

1,15

36.014

Crecente

1,10

36.025

Lama (A)

1,10

36.015

Cuntis

1,10

36.030

Mondariz

1,10

3. Cálculo das axudas.

As axudas por explotación calcularanse como segue:

IC (en euros) = S.I. × M.B. × C1 × C2 × C3

De existir en superficies consideradas, cuantificables para os efectos destas axudas, en ambos os tipos de zonas desfavorecidas, obteranse dous importes.

ANEXO 21
Condicionalidade: boas condicións agrarias e ambientais

1. Normas exixibles para evitar a erosión.

a) Cobertura mínima do solo.

i. Cultivos herbáceos.

Nas parcelas agrícolas de secaño que se sementen con cultivos herbáceos de inverno non se deberá labrar co vesadoiro entre a data de recolección da colleita anterior e o 1 de setembro, data que se establece como referencia do inicio da presementeira, excepto para realizar cultivos secundarios, tal como se recolle no Real decreto 1612/2008, do 3 de outubro, sobre aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría.

Para favorecer a implantación da cuberta vexetal con cultivos herbáceos, e por razóns agronómicas, como as dobres colleitas, climáticas e de tipoloxía dos solos, na C.A. de Galicia establécese o 1 de agosto como data de referencia do inicio da presementeira.

ii. Cultivos leñosos.

No caso de oliveira sen pendente igual ou superior ao 10%, no que se manteña o solo nu nos rodos das oliveiras mediante a aplicación de herbicidas, será necesario manter unha cuberta vexetal de largo mínimo de 1 metro nas rúas transversais á liña de máxima pendente ou unhas rúas paralelas á dita liña, cando o deseño da parcela ou o sistema de rega impidan o seu establecemento noutra dirección. No entanto, no momento en que poida competir co cultivo, a dita cuberta poderá eliminarse mediante métodos químicos ou mecánicos, e poderá ser incorporada mediante un labor superficial, respectando en todo caso o establecido na epígrafe de “cultivos leñosos” deste anexo.

Non se arrincará ningún pé de cultivos leñosos situado en recintos con pendente igual ou superior ao 15%, salvo que sexa obxecto de reposición autorizada pola autoridade competente e naquelas zonas en que así se estableza, e nestes casos respectaranse as normas destinadas á súa reconversión cultural e varietal e aos cambios de cultivo ou aproveitamento.

O disposto nos dous parágrafos anteriores non será de aplicación cando a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

iii. Terras de barbeito e de retirada.

Nas terras de retirada ou barbeito realízanse opcionalmente algunha das seguintes prácticas: as tradicionais de cultivo, as de mínima labra ou mantemento dunha cuberta vexetal axeitada, ben sexa espontánea ben mediante a sementeira de especies mellorantes.

De xeito alternativo ao mantemento dunha cuberta vexetal, ou para complementar a labra tradicional ou a mínima labra e con fins de fertilización, poderase incorporar unha cantidade máxima total de 20 toneladas por hectárea (t/ha) de esterco ou 40 m3/ha de xurro cada tres anos, cando estea prevista a inmediata sementeira ou implantación dun cultivo, e de conformidade co disposto no Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro, sobre a protección de augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

b) Ordenación mínima da terra que respecte as condicións específicas do lugar.

Labra adaptada ás condicións da pendente.

i. Cultivos herbáceos.

Nas superficies que se destinen a cultivos herbáceos, non se labrará co vesadoiro a terra na dirección da máxima pendente cando, nos recintos cultivados, a pendente media do recinto exceda o 10%, salvo que a pendente real do recinto estea compensada mediante socalcos ou bancais.

ii. Cultivos leñosos.

En cultivos de viñedo, oliveiras e froitos secos non se labrará co vesadoiro a favor da pendente a terra en recintos con pendentes superiores ao 15%, salvo que se adopten formas de cultivo especiais como socalcos ou bancais, cultivo en faixas, se practique unha labra de conservación ou se manteña unha cobertura de vexetación total do solo. No caso de existencia de bancais, será obrigatorio evitar calquera tipo de labores que afecten a estrutura dos noiros existentes.

O disposto nos parágrafos i e ii non será de aplicación no caso de parcelas de cultivo de superficie igual ou inferior a unha hectárea, no caso de parcelas de cultivo irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal a pendente sexa inferior a 100 metros e cando, por razóns de mantemento da actividade produtiva tradicional sexan determinadas e autorizadas pola Administración competente aquelas técnicas de agricultura de conservación que se consideren axeitadas. En todos os supostos, a implantación do cultivo farase o máis rapidamente posible, para evitar que o solo poida verse afectado pola erosión.

iii. Zonas de elevado risco de erosión.

Deberanse adoptar as medidas necesarias para evitar a degradación e perda de solo nas áreas da C.A. de Galicia definidas como zonas de elevado risco de erosión no Inventario Nacional de Erosión de Solo (2002 – 2012) do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, ou no Mapa de Estados Erosivos (1986-1990) do Ministerio de Medio Ambiente.

c) Socalcos de retención.

Os socalcos de retención deberán manterse en bo estado de conservación, coa súa capacidade de drenaxe, evitando os enterramentos e derrubamentos e, en calquera caso, a aparición de cárcavas.

2. Normas exixibles para conservar a materia orgánica.

Xestión de restrollos.

i. Non se queimarán restrollos en todo o ámbito da C.A. de Galicia, salvo que, por razóns fitosanitarias, a queima estea autorizada pola autoridade competente; neste caso estará condicionada ao cumprimento das normas establecidas en materia de prevención de incendios e, en particular, as relativas ao largo mínimo dunha franxa perimetral cando os terreos estremen con terreos forestais.

ii. Cando se eliminen restos de colleita de cultivos herbáceos e dos de poda de cultivos leñosos, realizarase sempre consonte a normativa establecida.

3. Norma para evitar a compactación e manter a estrutura dos solos: utilización da maquinaria axeitada.

En solos saturados, así como en terreos enchoupados, salvo os de arroz, ou con neve, non deberá realizarse a labra nin pasar ou permitir o paso de vehículos sobre o terreo, salvo naqueles casos considerados de necesidade pola autoridade competente.

Para estes efectos, considéranse casos de necesidade os relacionados coas operacións de recolección de colleitas, fertilización de coberteira, de tratamentos fitosanitarios, de manexo e subministración de alimentación ao gando, que coincidan accidentalmente con épocas de choivas.

4. Normas para garantir un nivel mínimo de mantemento e previr a deterioración dos hábitats.

a) Mantemento dos pastos permanentes.

As superficies de pastos permanentes deberán manterse en condicións axeitadas, evitando a súa degradación e invasión pola matogueira. Para iso poderase optar por un nivel mínimo de carga gandeira efectiva, que será sempre igual ou superior a 0,4 UGM/ha nas zonas de montaña, 0,7 UGM/ha nas zonas desfavorecidas e 0,9 UGM/ha no resto das zonas de Galicia.

De xeito alternativo, no caso de non acadar os oportunos niveis de carga gandeira efectiva, será requisito obrigatorio realizar un labor de mantemento axeitado que evite a degradación do pasto permanente de que se trate e a súa invasión por matogueira.

b) Protección dos pastos permanentes.

Non se queimarán nin decruarán os pastos permanentes, salvo para labores de rexeneración da vexetación e, no caso de rexeneración mediante queima será necesaria a autorización previa e o control da Administración competente. En todo caso, será obrigatoria a adopción de medidas destinadas á protección do arboredo na zona da queima e no seu contorno.

c) Mantemento dos elementos estruturais.

Non se efectuará unha alteración dos elementos estruturais, definidos no artigo 2 do Real decreto 486/2009, sen a autorización da autoridade competente. Exceptúanse desta obriga a construción de paradas para corrección de corgos, regueiros e bancais, así como as operacións de refinación de terras que se realicen naquelas parcelas que se vaian dedicar ao cultivo de arroz e outros de regadío.

d) Prohibición de arrincar oliveiras.

Cando o órgano competente considere que existe un elevado risco de abandono da produción agraria, de despoboamento ou outras razóns que así o aconsellen, poderán establecerse zonas en que non se poidan arrincar oliveiras sen que sexan substituídas.

e) Prevención da invasión das terras agrícolas por vexetación espontánea non desexada.

Será obrigatorio o mantemento das parcelas en condicións axeitadas para o seu cultivo, mediante o control da vexetación espontánea non desexada, evitando en particular a invasión das parcelas de cultivo polas seguintes especies: Senecio spp, Rumex spp, Cirsium spp.

Tal obriga quedará sen efecto unicamente naquelas campañas excepcionais en que, como consecuencia de condicións meteorolóxicas adversas, resultase imposible proceder no momento axeitado á súa eliminación.

f) Mantemento das oliveiras e viñedos en bo estado vexetativo.

i. Realizar as podas coa frecuencia tradicional de cada zona para o mantemento das oliveiras en bo estado vexetativo.

ii. Realizar as podas coa frecuencia tradicional de cada zona para o mantemento dos viñedos en bo estado vexetativo.

g) Mantemento dos hábitats.

i. Non se abandonarán ou verterán materiais residuais procedentes de actividades agrícolas ou gandeiras sobre terreos enchoupados ou con neve nin sobre augas correntes ou estancadas.

ii. Non se aplicarán produtos fitosanitarios, fertilizantes, lodos de depuradora, composta, xurros ou estercos nin se limpará a maquinaria empregada para estas aplicacións sobre terreos enchoupados ou con neve nin sobre augas correntes ou estancadas. Exceptúase desta prohibición a aplicación de fertilizantes e tratamentos fitosanitarios en parcelas de cultivo de arroz.

iii. Para evitar o risco de filtración e contaminación das augas superficiais e subterráneas, as explotacións gandeiras en estabulación permanente ou semipermanente deberán dispor e utilizar tanques de almacenamento ou fosas, esterqueiras e balsas impermeabilizadas natural ou artificialmente, estancas e con capacidade axeitada ou, de ser o caso, dispor da xustificación dun sistema de retirada de estercos e xurros da explotación.

5. Normas para garantir a protección e xestión da auga: protección da auga contra a contaminación e os escorrementos e xestión do seu uso.

a) Creación de franxas de protección nas marxes dos cursos de auga:

Tanto dentro como fóra das zonas vulnerables designadas conforme o número 2 do artigo 3 da Directiva 91/676/CEE, nas marxes das augas correntes ou estancadas, consideradas a partir da ribeira, non se poderán aplicar fertilizantes nin produtos fitosanitarios nunha franxa ocupada por vexetación espontánea, evitando calquera goteo nelas. O largo da franxa será de entre dous e 10 metros de largo en función da altura da cuberta vexetal, a menos altura máis largo.

Para os efectos do parágrafo anterior, considerarase a definición de fertilizantes da letra e) do artigo 2 da Directiva 91/676/CEE, e entenderase por augas correntes, os mananciais, regueiros, regatos e ríos e por augas estancadas os lagos, lagoas, charcas e pantanos, excluíndose as balsas ou canles de rega e as canles.

b) Cumprimento dos procedementos de autorización, cando o uso da auga para a rega o precise.

1.º Para as superficies de rega o agricultor deberá acreditar o seu dereito de uso da auga de rega concedido pola Administración hidráulica competente.

2.º Os titulares das concesións administrativas de augas e todos aqueles que por calquera outro título teñan dereito ao seu uso privativo estarán obrigados a dispoñer dos sistemas de control da auga de rega establecidos polas respectivas administracións hidráulicas competentes, de xeito que garantan unha información precisa sobre os caudais de auga efectivamente utilizados.

ANEXO 22
Condicionalidade: normas mínimas sobre utilización de fertilizantes e fitosanitarios para beneficiarios de axudas agroambientais

1. Fertilizantes:

1.1. Normativa xeral sobre utilización de fertilizantes.

Real decreto 824/2005, do 8 de xullo, sobre produtos fertilizantes, que regula os aspectos do Regulamento (CE) n.º 2003/2003 do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de outubro de 2003, relativo aos fertilizantes. Esta disposición ten por obxecto previr os riscos para a saúde e o ambiente polo uso de determinados produtos fertilizantes; para tal fin, define e tipifica os produtos fertilizantes, regula o procedemento para a inscrición previa á posta no mercado destes produtos e crea o Rexistro de Produtos Fertilizantes.

1.2. Protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias.

En aplicación da Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro, relativa á protección de augas contra a contaminación producida por nitratos utilizados na agricultura, trasposta ao ordenamento xurídico español a través do Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias, aprobouse mediante Orde do 7 de setembro de 1999, o Código galego de boas prácticas agrarias (DOG núm. 181, do 17 de setembro de 1999), que aconsella unha serie de actuacións nas prácticas agrícolas e gandeiras máis comúns, tendentes á diminución da incidencia ambiental dos fertilizantes nitroxenados, e propón unha serie de medidas e prácticas dirixidas a reducir a contaminación por nitróxeno. Entre estas prácticas recomendadas propóñense actuacións relacionadas cos seguintes aspectos:

– Períodos en que é recomendable a aplicación de fertilizantes ás terras: os fertilizantes deberanse distribuír cando se prevexa a súa posible utilización polas plantas, é dicir, coa antelación suficiente para que a planta en desenvolvemento sexa capaz de aproveitalos. Para isto terase en conta o tempo da transformación das distintas formas de nitróxeno en formas nítricas e amoniacais que son as máis asimilables.

– Detalla as épocas máis aconsellables para a fertilización en diferentes cultivos, atendendo ao seu estado fenolóxico e ao tipo de fertilizante.

– Aplicación de fertilizantes aos terreos pendentes:

• En función do grao de pendente que teñan, da cuberta vexetal existente, se é pradaría permanente ou cultivos anuais, ou do tipo de terreo, areoso ou compacto, da forma da parcela e sentido de traballo, utilizaranse fertilizantes ou non.

• A aplicación de xurros deberá facerse, tendo en conta os períodos do punto anterior, cando non haxa perigo de choivas fortes, sen ventos secos e/ou fortes e, se é posible, cunha choiva lixeira que fixe os gases.

• Procurar non utilizar xurros nin tampouco fertilizantes minerais cando se vaian dar regas fortes.

• Non utilizar para a distribución de xurros canóns de aspersión de alta presión (máis de 3 bares no aspersor).

• Logo dun incendio forestal, sementar especies sen realizar fertilización.

• Aplicación de fertilizantes a terras en terreos hidromorfos, alagados, xeados ou cubertos de neve.

• Condicións de aplicación de fertilizantes en terras próximas a cursos de auga: como normas xerais, e respectando tanto as doses fertilizantes como as épocas de aplicación indicadas, aconséllase:

- Non aplicar efluentes orgánicos nun raio de 35-50 m ao redor dunha fonte, pozo ou perforación que subministre auga para consumo humano. Se o terreo é moi permeable, aumentar o raio.

- Non establecer patios de exercicio, sen pavimento, nin parcelas de castigo (zonas ao aire libre onde pasa longos períodos o gando concentrado) nas proximidades das mesmas fontes de auga.

• Capacidade e deseño dos tanques de almacenamento de esterco e medidas para evitar a contaminación da auga por escorremento e filtración, en augas superficiais ou subterráneas, de líquidos que conteñan esterco e residuos procedentes de produtos vexetais almacenados.

• Xestión do uso das terras con referencia aos sistemas de rotación de cultivos e á proporción da superficie de terras dedicadas a cultivos permanentes en relación con cultivos anuais. Mantemento durante períodos chuviosos dun manto mínimo de vexetación que absorba o N do solo, que pola contra podería causar fenómenos de contaminación de auga por nitratos.

• Establecemento de plans de fertilización acordes coa situación particular de cada explotación e a consignación en rexistros do uso de fertilizantes.

• Prevención da contaminación das augas debido ao escorremento e á lixiviación nos sistemas de rega.

1.3. Outras normas relativas á utilización de fertilizantes.

Ademais dos anteriores, outros requisitos en relación coa utilización de fertilizantes e fitosanitarios establécense nas seguintes normas:

– Real decreto 1310/1990, do 29 de outubro, sobre utilización de lodos de depuración no sector agrario.

– Orde do 26 de outubro de 1993 que desenvolve o Real decreto 1310/1990, do 29 de outubro, sobre utilización de lodos de depuración no sector agrario.

1.4. Outras condicións que cómpre ter en conta para a utilización de fertilizantes.

A nutrición vexetal, factor básico para un óptimo desenvolvemento dos cultivos, depende da capacidade do solo para subministrar todos e cada un dos elementos nutritivos en forma, cantidade e momento adecuado ás súas exixencias. A situación do solo en relación con esta capacidade de abastecer as necesidades das plantas nos diferentes elementos nutritivos é o que se denomina fertilidade do solo, e é un dato fundamental para o establecemento da dose de fertilización. Será, pois, obrigatoria a realización de analíticas de solos para establecer a programación anual de fertilización, e os seus resultados incorporaranse ao caderno de explotación. Así mesmo, utilizaranse preferentemente fertilizantes orgánicos en substitución de fertilizantes nitroxenados de síntese, e non se permitirá o uso de estercos frescos. Para rematar, fíxase un valor numérico de 150 unidades fertilizantes de N como límite superior, que está por baixo do límite de 170 unidades existente.

2. Fitosanitarios:

2.1. Disposicións xerais sobre utilización de fitosanitarios:

A Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, establece expresamente entre os seus obxectivos o de previr os riscos para a saúde das persoas e animais e contra o ambiente que poidan derivar do uso dos produtos fitosanitarios. Para tal fin, exixe unha serie de condicións xerais para o uso de medios de defensa fitosanitaria. Cabe destacar as seguintes disposicións relacionadas coa utilización de produtos fitosanitarios:

Define os medios de defensa fitosanitaria como os produtos, organismos, equipamento, maquinaria de aplicación, dispositivos e elementos destinados a controlar os organismos nocivos, evitar os seus efectos ou incidir sobre o proceso vital dos vexetais de forma diferente aos nutrientes. Sinala que os medios de defensa fitosanitaria deberán ser utilizados adecuadamente, tendo en conta as boas prácticas fitosanitarias e demais condicións determinadas na súa autorización e, de ser o caso, de acordo cos principios da loita integrada (definida como a aplicación racional dunha combinación de medidas biolóxicas, biotecnolóxicas, químicas, de cultivo ou de selección de vexetais, de modo que a utilización de produtos fitosanitarios se limite ao mínimo necesario para o control das pragas).

No artigo 23 indica as condicións xerais de comercialización e uso dos medios para a defensa fitosanitaria:

– Estar autorizados conforme as disposicións da lei, salvo as excepcións previstas nos artigos 44 e 45, en que será suficiente a comunicación previa á autoridade competente.

– Estar, de ser o caso, etiquetados, incluíndo polo menos a información necesaria sobre a súa identidade, riscos, precaucións que hai que adoptar e para a súa correcta utilización.

– Cando, pola súa natureza, non corresponda a súa etiquetaxe, deberán ir acompañados da información necesaria para a súa correcta utilización e mantemento.

No artigo 24 regúlase o rexistro e información sobre medios de defensa fitosanitaria nos seguintes termos:

– As autorizacións, comunicacións e decisións de recoñecemento de autorizacións inscribiranse de oficio no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

– No rexistro manterase actualizada a información relativa aos medios de defensa fitosanitaria legalmente utilizables en España, dos seus posibles usos, das características e condicións que limitan a súa utilización e dos requisitos que determinan as boas prácticas fitosanitarias.

En canto á utilización de produtos fitosanitarios, o seu artigo 41 establece que os usuarios e os que manipulen produtos fitosanitarios deberán:

– Estar informados das indicacións ou advertencias que figuren nas etiquetas e instrucións de uso ou, de ser o caso, mediante o asesoramento adecuado, sobre todos os aspectos relativos á custodia, adecuada manipulación e correcta utilización destes produtos.

– Aplicar as boas prácticas fitosanitarias, atendendo ás indicacións ou advertencias sinaladas, entendendo por boas prácticas a utilización dos produtos fitosanitarios e demais medios de defensa fitosanitaria baixo as condicións de uso autorizadas.

– Cumprir os requisitos de capacitación establecidos pola normativa vixente, en función das categorías ou clases de perigo dos produtos fitosanitarios.

– Observar, de ser o caso, os principios da loita integrada que resulten aplicables.

– Cumprir as disposicións relativas á eliminación dos envases baleiros de acordo coas condicións establecidas e, en todo caso, con aquelas que figuren nas súas etiquetas.

Ademais, os que presten servizos de aplicación de produtos fitosanitarios, ademais de cumpriren os requisitos xerais anteriores, deberán:

– Dispor de persoal cos niveis de capacitación exixibles.

– Dispor dos medios de aplicación adecuados e manter un réxime de revisións periódicas do funcionamento deles.

– Realizar en cada caso un contrato no que deberán constar, polo menos, os datos da aplicación a realizar e as condicións posteriores que, de ser o caso, corresponda cumprir ao usuario do servizo.

2.2. Normas específicas sobre a autorización e uso de produtos fitosanitarios.

Real decreto 2163/1994, do 4 de novembro, polo que se implanta o sistema harmonizado comunitario de autorización para comercializar, utilizar produtos fitosanitarios: entre outros aspectos, recolle disposicións relativas á utilización de produtos fitosanitarios, dispón que só se poderán utilizar os produtos autorizados. Ademais, os produtos fitosanitarios deben utilizarse adecuadamente, o que supón o cumprimento das condicións da súa autorización indicadas na súa etiqueta, a aplicación dos principios das boas prácticas fitosanitarias e, sempre que sexa posible, dos relativos á loita integrada. Para garantir a correcta utilización dos produtos fitosanitarios, cada comunidade autónoma establecerá un programa de vixilancia da súa correcta utilización no cal, polo menos, se determinará a natureza e frecuencia dos controis que se deban levar a cabo, os cales deberán ser conformes cos requisitos de información requiridos pola Comisión Europea. Os resultados dos controis efectuados deberán ser remitidos ao MAPA para elaborar a información que se fornecerá á Comisión Europea.

2.3. Obrigas dos titulares de explotacións agrarias en materia de rexistro do uso de información sobre o uso de produtos fitosanitarios.

Orde APA/326/2007, do 9 de febreiro, pola que se establecen as obrigas dos titulares de explotacións agrarias e forestais en materia de rexistro do uso da información sobre o uso de produtos fitosanitarios: establece os datos que se deben rexistrar como consecuencia da utilización de produtos fitosanitarios e outros praguicidas para a protección das colleitas destinadas a seren consumidas como pensos ou alimentos, incluídas as fases de cultivo, almacenamento e transporte, para cumprir o Regulamento (CE) n.º 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene nos produtos alimenticios, e o Regulamento (CE) n.º 183/2005 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de xaneiro de 2005, polo que se fixan os requisitos en materia de hixiene dos pensos. Esta norma obriga os agricultores a levaren un rexistro de datos da explotación no cal deben facer constar unha serie de datos en relación a cada tratamento praguicida realizado (cultivo, praga, motivo do tratamento, produto utilizado e número de rexistro), para cada control de praguicida realizado (cultivo mostrado, substancias activas detectadas, número do boletín de análise e laboratorio que o realiza) e para cada colleita comercializada (produto vexetal, cantidade expedida, nome do cliente).

2.4. Outra normativa relacionada cos produtos fitosanitarios:

– Real decreto 1416/2001, do 14 de decembro, sobre envases de produtos fitosanitarios.

– Real decreto 280/1994, do 18 de febreiro, polo que se establecen os límites máximos de residuos de praguicidas e o seu control en determinados produtos de orixe vexetal.

– Orde do 1 de febreiro de 1991 pola que se modifica o anexo da do 7 de setembro de 1989, sobre a prohibición da comercialización e utilización de certos produtos fitosanitarios en aplicación das directivas 90/335/CEE e 90/533/CEE.

– Orde do 7 de setembro de 1989 sobre prohibición de comercialización e utilización de produtos fitosanitarios que conteñen certos ingredientes activos, en aplicación da Directiva 79/117/CEE do Consello das Comunidades Europeas e as súas posteriores modificacións.

– Orde do 28 de febreiro de 1986 relativa á prohibición da comercialización e utilización de produtos fitosanitarios que conteñen certas substancias activas, en aplicación das directivas 79/117/CEE do Consello, e 83/131/CEE e 85/298/CEE da Comisión das Comunidades Europeas.

– Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

– Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

– En canto a produtos de protección de plantas, só estarán permitidos aqueles que posúan a clasificación toxicolóxica «Xn» ou «T», pero admitiranse produtos que inclúan entre as súas frases de risco o termo de «moi tóxico». Utilizaranse preferentemente produtos biolóxicos ou biorracionais. Así mesmo, empregaranse técnicas de loita oportuna para o establecemento do momento óptimo de tratamento.

2.5. Normas sobre capacitación e formación para a utilización de fitosanitarios.

A regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas, aprobada polo Real decreto 3349/1983, do 30 de novembro, e modificada polos reais decretos 162/1991, do 8 de febreiro, e 443/1994, do 11 de marzo, establece que o persoal de empresas que preste servizos de tratamentos con praguicidas debe superar os correspondentes cursos de capacitación homologados, e que cando se deban utilizar praguicidas clasificados, conforme a devandita regulamentación como moi tóxicos, así como os tóxicos autorizados para uso ambiental, os aplicadores deberán superar os correspondentes cursos de capacitación, no caso de que o mesmo tratamento se realice para fins propios. Pola súa banda, a Directiva 91/414/CEE do Consello, do 15 de xullo, prevé a adaptación das normativas nacionais en materia de subministración de certos produtos fitosanitarios a determinadas clases de usuarios, polo que é necesario diferenciar distintos niveis de capacitación.

A nivel estatal, a Orde do 8 de marzo de 1994, modificada pola Orde PRE2922/2005, que establece a normativa reguladora da homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, define, no número un do punto segundo, os niveis de capacitación, especificando os programas no seu anexo.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, establece a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas así como para a obtención do carné de manipulador destes produtos. No seu artigo 9 establece a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar. Os cursos están dirixidos ás persoas que queiran adquirir un dos seguintes niveis de capacitación:

– Nivel básico: dirixido a agricultores que realizan na súa explotación os tratamentos fitosanitarios sen persoal auxiliar, persoal de establecementos fitosanitarios e persoal auxiliar de empresas de tratamentos fitosanitarios.

– Nivel cualificado: dirixido a agricultores que realizan na súa explotación os tratamentos fitosanitarios con persoal auxiliar, responsables de empresas de tratamentos fitosanitarios e responsables de empresas de distribución de fitosanitarios.

ANEXO 23
Contía máxima das primas unitarias no contrato de explotación sustentable

Primas unitarias máximas nas distintas submedidas agroambientais.

Código

Submedida/prima

Ud.

Prima €

1

Variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética

1.1

Cultivos herbáceos

ha

302,5

1.2

Cultivos leñosos

ha

522,5

2

Control integrado de tratamentos fitopatolóxicos e produción integrada

2.1

Control integrado

2.1.1

Herbáceos de secaño

ha

59

2..12

Herbáceos de regadío

ha

84

2..13

Froiteiras de secaño

ha

70

2.1.4

Froiteiras de pebida

ha

141

2.1.5

Froiteiras de carabuña

ha

177

2.1.6

Oliveiral

ha

125

2.1.7

Hortícolas ao aire libre

ha

198

2.1.8

Hortícolas baixo plástico

ha

420

2.1.9

Viña para vinificación

ha

369

2.1.10

Cítricos

ha

273

2.2

Produción integrada

2.2.1

Herbáceos de secaño

ha

77

2.2.2

Herbáceos de regadío

ha

109

2.2.3

Froiteiras de secaño

ha

91

2.2.4

Froiteiras de pebida

ha

183

2.2.5

Froiteiras de óso

ha

230

2.2.6

Oliveiral

ha

163

2.2.7

Hortícolas ao aire libre

ha

257

2.2.8

Hortícolas baixo plástico

ha

545

2.2.9

Viñedo para vinificación

ha

480

2.2.11

Cítricos

ha

355

3

Agricultura e gandaría ecolóxica

3.1

Agricultura ecolóxica

3.1.1

Herbáceos de secaño

ha

182

3.1.2

Herbáceos de regadío

ha

259

3.1.3

Froiteiras de secaño

ha

120

3.1.4

Froiteiras de pebida

ha

328

3.1.5

Froiteiras de carabuña

ha

364

3.1.6

Oliveira

ha

264

3.1.7

Hortícolas ao aire libre

ha

310

3.1.8

Hortícolas baixo plástico

ha

504

3.1.9

Viña para vinificación

ha

765

3.1.10

Cítricos

ha

450

3.2

Gandaría ecolóxica

3.2.1

Pastos e restrebeiras

ha

126

3.2.2

Prados e pasteiros

ha

180

3.3

Apicultura ecolóxica

ha

28,5

3.4

Transición agricultura ecolóxica

3.4.1

Herbáceos de secaño

ha

209

3.4.2

Herbáceos de regadío

ha

298

3.4.3

Froiteiras de secaño

ha

138

3.4.4

Froiteiras de pebida

ha

377

3.4.5

Froiteiras de carabuña

ha

419

3.4.6

Oliveira

ha

304

3.4.7

Hortícolas ao aire libre

ha

357

3.4.8

Hortícolas baixo plástico

ha

580

3.4.9

Viña para vinificación

ha

880

3.4.10

Cítricos

ha

518

3.2

Transición gandaría ecolóxica

3.2.1

Pastos e restrebeiras

ha

145

3.2.2

Prados e pasteiros

ha

207

3.3

Transición apicultura ecolóxica

ha

33

4

Loita contra a erosión

4.1

Cultivos herbáceos

ha

60

4.2

Cultivos leñosos

ha

140

5

Mantemento de razas autóctonas puras en perigo de extinción

UGM

150

6

Utilización racional de recursos forraxeiros na explotación

6.0.1

Prima base xeral

ha

100

6.0.2

Prima base de bovino

ha

155

6.1.1

Prima complementaria de roza con menos do 50% de matogueira (adicional á prima base)

ha

120

6.1.2

Prima complementaria de roza con máis do 50% de matogueira (adicional á prima base)

ha

180

6.1.3

Prima complementaria de sementeira posterior á roza (adicional á prima base)

ha

44

6.2

Prima complementaria de pastoreo con razas autóctonas (adicional á prima base)

ha

14

6.3.1

Prima complementaria por redución de carga bovina (adicional á prima base de bovino)

ha

180

6.3.2

Prima complementaria por redución de carga ovina e cabrúa (adicional á prima base xeral)

ha

63

6.4

Prima base de sistemas extensivos en vacún de leite e ceba

ha

112

6.5

Prima base de utilización de sistemas de pastoreo en vacún de leite e ceba

ha

218

7

Apicultura para a mellora da biodiversidade en medios fráxiles

ha

10,5

8

Mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos incluídas na rede natura 2000

8.0.1

Prima base bovino

ha

270

8.0.2

Prima base ovino

ha

148

8.1.1

Prima complementaria de roza con menos do 50% de matogueira (adicional á prima base)

ha

140

8.1.2

Prima complementaria de roza con máis do 50% de matogueira (adicional á prima base)

ha

200

8.1.3

Prima complementaria de sementeira posterior á roza (adicional á prima base)

ha

64

8.2

Prima complementaria de pastoreo con razas autóctonas (adicional á prima base)

ha

24

Primas unitarias máximas nas submedidas de benestar animal.

1

Aves de curral (carne)

UGM

58,33

Axuda máxima por explotación

2.500

2

Explotacións de porcino ao aire libre

2.1

Porcas nai

UGM

70,00

2.2

Porcos de ceba

UGM

135,14

Axuda máxima por explotación

2.500

ANEXO 24
Variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética
(Variedades que se deberán indicar no impreso PAG)

Produto

Cód. produto

Variedades vexetais

Cód. variedade

Trigo

1

Trigo Callobre

901

Feixón seco

77

Faba galaica (clase comercial Fabada)

901

Faba do marisco ou verdiña

902

Faba de ril (clase comercial White Kidney)

903

Pemento

78

Pemento de Arnoia

901

Pemento de Herbón

902

Pemento do Couto

903

Pemento de Oímbra

904

Grelos

79

Grelo de Santiago

901

Grelo branco de Lugo

902

Pataca

93

Fina de Carballo

901

Viñedo vinificación

102

Merenzao, María Ordoña, T.

901

Brancellao, T.

902

Sousón, T.

903

Ferrón, T.

904

Espadeiro, torneiro, T.

905

Caíño tinto, T.

906

Loureira, loureiro branco, marqués, B.

908

Caíño branco, B.

909

Branca de Monterrei, B.

910

ANEXO 25
Especies e razas autóctonas en perigo de extinción

Raza

Especie animal

Cachena

Vacún

Caldelá

Limiá

Vianesa

Frieiresa

Ovella galega

Ovino

Cabalo de pura raza galega

Equino

Porco celta

Porcino

Galiña de Mos

Galináceas

ANEXO 26

1. Densidades de plantación para cultivos leñosos en pendentes e socalcos.

Viñedo.

Denominación

Densidade de plantación (cepas/ha)

Mínimo

Máximo

Rías Baixas

600

4.500

Ribeiro

---

7.000

Valdeorras

1.500

4.500

Ribeira Sacra

1.500

5.500

Monterrei

3.000

5.000

Barbanza e Iria

---

---

Betanzos

1.000

4.000

Val do Miño-Ourense

---

---

2. Densidades mínimas de plantación en froiteiras.

– Pereira e maceira: 150 árbores/ha.

– Castiñeiro e nogueira: 70 árbores/ha.

ANEXO 27
Criterios para a aplicación de produtos químicos de síntese na loita contra
a varroase

Criterios para a aplicación de produtos químicos de síntese na loita contra a varroase.

Permitirase aplicar os produtos químicos de síntese se a carga de varroa na alvariza supera certos límites, con calquera dos tres procedementos seguintes:

a) Reconto de ácaros sobre as celas de cría operculada. Se o % infestación > 15% (% infestación = n.º varroas/n.º ninfas x 100).

b) Reconto de ácaros sobre as abellas adultas. Se o % infestación > 3% (% infestación = n.º de ácaros/n.º de abellas x 100).

c) Reconto de ácaros adultos caídos sobre o fondo da colmea, caída por morte natural de varroa. Se > de 5 varroa/día..

Aínda que os dous últimos métodos resultan máis doados de empregar, por fiabilidade e anticipación no tempo recoméndase empregar o primeiro método.

a) Reconto de ácaros sobre as celas de cría operculada:

Para determinar o grao de parasitación desopercularanse aproximadamente 100 celas de cría, un cadrado de 10 cm × 10 cm. Cóllese un panal que teña a maioría de cría operculada, para evitar que coas manipulacións posteriores se perdan as larvas desoperculadas. Pódense desopercular celas en diagonal, pero nas nosas colmeas é mellor desopercular a zona superior dianteira da cría operculada, posto que é a zona máis quente e activa do panal, onde as posibilidades de que se localice varroa en primeiro lugar son máis altas, detectando así de xeito máis precoz a infestación.

% infestación = n.º varroas/n.º ninfas x 100

– Indicacións para o tratamento:

- ≤5 %: non é necesario o tratamento inmediato.

- 5-15%: moderada; valorar en función da época do ano.

- 15-30%: alta ou perigosa para a supervivencia da colmea, débese tratar.

- ≥30%: risco de colapso e perda da colmea. Débese dar un tratamento inmediato. A colmea entra en estado terminal de non retorno; aínda que conseguísemos controlar a varroa os danos colaterais provocados non se reverterían.

– Outras recomendacións:

- Repetir este procedemento cada dous ou tres meses e, se é posible, sobre as mesmas colmeas.

- Facer a mostraxe como mínimo sobre o 10% da alvariza, elixindo sempre as dúas colmeas dos extremos da primeira fila (xa que é por onde entra primeiro a varroa por pillaxe ou deriva) e nas que se vexa maior actividade na piqueira (son as máis activas e as de maior posibilidade de contraer varroa) (A.G. Pajuelo).

- Observar a poboación de varroa extraída, posto que proporciona información complementaria interesante como a seguinte:

- Se só se recollen varroas adultas é síntoma de que se está ao principio da infestación, polo que o ritmo de crecemento de varroa vai ser máis lento.

- Se hai moita varroa, indica pillaxe masiva a colmeas e colmeas moi infestadas.

- Se se observa moita cantidade de varroas inmaturas ou as súas fases larvarias (brancas), a situación é moito máis perigosa, xa que a infestación xa leva tempo e vai haber unha explosión demográfica de varroa (A.G. Pajuelo).

b) Reconto de ácaros sobre as abellas adultas:

O procedemento consiste en tomar unha mostra de entre 100 a 300 abellas adultas, se pode ser que estivesen sobre tres cadros de cría distintos, introducilas nun envase con azucre en po, axitar e despois verter sobre unha malla que deixe pasar os ácaros pero non as abellas. Posteriormente faise o reconto.

% infestación = n.º de ácaros/n.º de abellas x 100

– Indicacións para o tratamento:

- Se a porcentaxe de infestación > 3%, a colonia require tratamento.

- A partir dun 5% requírese tratamento urxente das colmeas para evitar posibles colapsos.

- É necesario repetir o procedemento cada dous ou tres meses e, se é posible, sobre as mesmas colmeas.

c) Reconto de ácaros adultos caídos sobre o fondo da colmea, caída por morte natural de varroa:

Utilízanse fondos sanitarios ou cartolinas impregnadas con vaselina ou sebo, que se deixan na colmea entre catro e sete días. Unha vez recollidas, faise o reconto de ácaros dividindo entre o número de días.

– Indicacións para o tratamento:

- A partir de 5 varroas/día, a colonia require tratamento.

- A partir de 10-15 varroas/día, a taxa de infestación xa é moi alta, polo que se debería facer tratamento inmediato para evitar a perda das colmeas.

– Outras recomendacións:

- Deberíase facer o reconto, como mínimo, unha vez por mes.

- Todos estes métodos se deben realizar sobre, polo menos, un 15-20% das colonias dunha alvariza, para que sexa representativo.

- Para obter unha mellor referencia sobre o grao de infestación, cómpre facer tanto o reconto sobre as celas de cría como sobre as abellas adultas para cada colmea elixida.

missing image file
missing image file