Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 2012 Páx. 4543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2011/113-2, 7949 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Domicilio social: Fernando Casas Novoa, n.º 35, Portal B, 2.º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: entroncamento 220 kV L.A.T. en S.E.T. de Chantada (anexo ao proxecto L.A.T. Serra das Penas).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas: instalación para o entroncamento da liña eléctrica denominada L.A.T. 220 kV subestación Serra das Penas á subestación Chantada, con orixe no apoio de fin de liña (incluído illamento e conexión) e final nas terminais do módulo GIS da subestación eléctrica existente de Chantada (incluído botellas terminais e conexión), polo que consta basicamente dunha nova posición de 220 kV, formada por un módulo de liña (con transformadores de tensión e de intensidade intemperie, autoválvulas e terminais), embarrado e condutores, cadros de control e armarios de protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de novembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo