Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento L.M.T., C.T. peirao Areal.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor R.H.Z.1 de 27 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña de saída do C.T. proxectado e final no tramo CAT 7010027. Centro de transformación de 1.000 kVA, R.T. 15 KV/400-230 V, situado no peirao do Areal, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 5 de xaneiro de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra