Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) no ámbito da dotación EU-7. A Choupana.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de novembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) no ámbito da dotación EU-7, A Choupana, formulado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), sen máis modificacións respecto do inicialmente aprobado que a incorporación do anexo xustificativo do cumprimento das condicións de accesibilidade.

O acordo notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada segundo o artigo 92 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do proxecto definitivamente aprobado.

O acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do plan parcial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 28 de novembro de 2011, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 238, do 16 de decembro de 2011.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Gerardo Conde Roa
Alcalde