Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual da ordenanza 3 do Plan parcial das Fontiñas.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 10 de outubro de 2011, adoptou entre outros o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial das Fontiñas para a incorporación do uso asistencial á ordenanza 3 do conxunto urbanístico de Área Central, segundo o proxecto presentado o 25 de maio de 2011 pola representante de Escolas Infantiles Os Pequerrechos, S.L.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo dun mes, con citación persoal dos propietarios das parcelas afectadas e anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

Gerardo Conde Roa
Alcalde