Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO relativo á ampliación do Parque Tecnolóxico de Galicia, situado no concello de San Cibrao das Viñas.

Con data do 3.1.2012 foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico para levar a cabo a xestión do planeamento relativo á ampliacion do Parque Tecnolóxico de Galicia por M. Pedro Fernández Moreiras, alcalde do concello de San Cibrao das Viñas e por Ricardo Capilla Pueyo, en nome e representación da sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., propietaria do terreo afectado polo convenio. Por providencia da Alcaldía do 5.1.2012, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais arriba citadas, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

San Cibrao das Viñas, 5 de xaneiro de 2012.

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde