Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 20 de xaneiro de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea E.N.O. II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea E.N.O. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 21.10.2011, Ramón Suárez Hermo solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea E.N.O. II.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos, sobre as características da batea, e do Servizo Técnico Xurídico, sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica e coa Orde do 10 de xaneiro de 2012, de delegación temporal de competencias nos órganos superiores e directivos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Pablo Suárez Miranda (52937032W), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: E.N.O. II.

Situación:

Cuadrícula n.º: 106.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.3.1972.

Actuais titulares: Ramón Suárez Hermo (33181986R) e Carmen Miranda Quintáns (76493548X).

Novo titular: Pablo Suárez Miranda (52937032W).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de xaneiro de 2012.

P.D. (Orde 10.1.2012; DOG núm. 8, do 12 de xaneiro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo