Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira de Piquín (expediente IN407A 2011/75-2, 7913 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR caseta Ouviaña.

Situación: concello de Ribeira de Piquín.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente n.º 84/S-27331 da L.M.T.A. ST Meira-Fonsagrada e final no OCR Ouviaña proxectado, formada por tres circuítos, cunha lonxitude de 25 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-150.

OCR Ouviaña en edificio prefabricado tipo PF-201, no cal se instalan dúas celas de liña, unha cela de liña con interruptor automático motorizada e unha cela de liña con transformador de servizos auxiliares SS.AA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 3 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo