Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado a un afectado, como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Pousada (Baleira-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, o trámite de audiencia realizado como consecuncia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Pousada (Baleira-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Jesús Prieto Fernández.

Último enderezo coñecido: praza Lasarte, 20018 Donostia, San Sebastián, Guipuzkoa.

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por Filomena Fernández Pérez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Pousada (Baleira-Lugo), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á data de recepción desta notificación, poderá vostede alegar todo o que considere conveniente. No caso de que non se reciba contestación pola súa parte, entenderase a súa completa conformidade coa modificación.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e que está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural e do Mar, edificios administrativos San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 54 39 70.

Modificación que se propón:

Modificar a configuración do predio n.º 277 do polígono 5 do acordo, de Jesús Prieto Fernández (prop. n.º 143), que quedará cunha superficie de 22.855 m2 e un valor de 1.764.545 puntos.

Xúntanse planos de antes e despois e ficha de atribucións actualizada.