Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador INC-CO-0167/2007-IUL.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento sancionador INC-CO-0167/2007-IUL.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas na praza Luís Seoane s/n, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, consonte os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos os prazos a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-CO-0167/2007-IUL.

Interesado: Juan A. Calvo Pena.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: rúa Cardeita 8 esc.-baixo,15621 Cabanas (A Coruña).