Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4093

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2011 pola que se desenvolve o medio de comprobación de valores de prezos medios no mercado aplicable a determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia e se aproban os prezos medios no mercado aplicables no exercicio 2012.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG n.º 248, do 29 de decembro de 2011, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 38724 no título da orde, segunda liña onde di: «…valores de prezos medios de mercado…», debe dicir: «…valores de prezos medios no mercado…».

Na páxina 38725 no parágrafo 3, nas alíneas 6 e 7, onde di: «testemuños…», debe dicir: «testemuñas…».

Na páxina 38725 no parágrafo 4, na alínea segunda, onde di: «…pero con testemuños…», debe dicir: «…pero con testemuñas…».

Na páxina 38728 no artigo 3.2. na última liña, onde di: «…a non utilización do medio de valoración de prezos medios de mercado.», debe dicir: «…a non utilización do medio de valoración de prezos medios no mercado.».

Na páxina 38729 no anexo I, na penúltima liña do primeiro parágrafo, onde di: «…o medio de valoración consistente en presos medios no mercado.», debe dicir: «…o medio de valoración consistente en prezos medios no mercado.».

Na páxina 38730 na Norma 2.A), nas alíneas 2, 4 e 7, onde di: «plan», debe dicir: «planeamento».