Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4137

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar todas as reclamacións presentadas sobre as puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Segundo. Convocar os aspirantes que superaron o primeiro exercicio ou ben estaban exentos del, á realización da primeira proba do segundo exercicio, que terá lugar o día 1 de febreiro de 2012, na facultade de dereito de Santiago de Compostela na aula número 5, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Terceiro. Convocar os aspirantes que a continuación se relacionan –que non acreditaron en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo)– para a realización da segunda proba do segundo exercicio do proceso selectivo, que terá lugar no mesmo día e lugar unha vez rematada a primeira proba.

Relación de aspirantes convocados:

NIF

Apelidos e nome

32681212Y

Arnosa Casal, Juan Cirilo

53532978H

Barroso Ruiz, José Antonio

34891802C

Dans Galán, César Manuel

35323709X

Fernández Baladrón, Pablo

36082594X

Izquierdo Martínez, Santiago

44838576F

Matalobos González, Javier

34999049H

Vázquez Rodríguez, Cristina

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, consonte ao previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal