Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4139

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCION do 17 de xaneiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 17 de xaneiro do 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de maio de 2011 (DOG núm. 96, do 19 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición terá lugar o día 8 de febreiro de 2012, no seminario C da Escola Galega de Administración Pública situada na rúa Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 9.30 horas. De ser necesario, continuarase co cuarto exercicio os días 9 e 10 de febreiro no mesmo lugar e á mesma hora; nese caso serán convocados no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no taboleiro de anuncios da EGAP e na páxina web da Xunta de Galicia, os aspirantes que deben concorrer o día seguinte.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.1.2 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

Ana M.ª Morato Miguel
Presidenta do tribunal