Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2012 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/69/2011 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo instrutor do expediente do Servizo de Consumo do Instituto Galego de Consumo na Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2.º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2012.

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R002/69/2011.

Interesada: Reymomar Sur, S.L.

CIF: B38937603.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente.

Expediente: 15R002/90/2011

Interesada: Planetelekom 2010, S.L.

CIF: B24452468.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente.

Expediente: 15R002/96/2011.

Interesada: Valoro Málaga (Manuel Flores Mendoza).

Acto notificado: proposta de resolución de expediente.