Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4107

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data
sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para prestación de asistencia sanitaria aos menores do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires en visita de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia en setembro de 2011.

Sen achega económica

1.9.2011

Quinto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001.

58.719,67
(bianual)

1.7.2011

Quinto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001.

1.174.564,83 (bianual)

1.7.2011

Convenio de colaboración entre as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e a Consellería de Sanidade para a colaboración no máster interuniversitario en Técnicas Estatísticas.

Sen achega económica

8.7.2011

Acordo entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional da familia de sanidade.

Sen achega económica

7.9.2011

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as universidades de Vigo e A Coruña para a colaboración no máster en Biotecnoloxía Avanzada.

Sen achega económica

27.7.2011

Acordo de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, o Consorcio Galego de Servizos Públicos de Igualdade e Benestar e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 para a implantación do programa Alerta Escolar na rede de escolas infantís de Galicia.

Sen achega económica

3.10.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de familiares enfermos de alzheimer de Ourense (Afaor) para a cesión do uso da piscina do Servizo de Rehabilitación do Hospital de Piñor-Complexo Hospitalario de Ourense.

Sen achega económica

9.8.2011

Sexto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001.

4.838.557,68

1.7.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para o mantemento da unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecoló-xica (matrona) de Galicia.

144.286,00

6.10.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Saúde Carlos III para o mantemento dun centro colaborador español co Instituto Joanna Briggs.

8.000,00 anuais (plurianual)

24.8.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Traballo e Benestar, polo que se establecen liñas de traballo conxuntas de apoio e atención sociosa-nitaria a pacientes con trastorno mental de duración prolongada e curso crónico, estabilizados desde o punto de vista sanitario.

Sen achega económica

12.9.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Galicia Europa para a colaboración en temas relacionados coa Unión Europea no eido sanitario.

8.100,00

5.9.2011

Convenio de colaboración para prestación farmacéutica entre o Servizo Galego de Saúde e o centro de maiores Geriatros Ourense (Barrocás).

Sen achega económica

10.10.2011

Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, a Consellería de Sanidade, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Balneario del Atlántico, S.L., Gacamar, S.A., Grupo Sanxenxo 2000, S.L., e Espacios Termolúdicos, S.A., para a revisión da lexislación en materia de talasoterapia.

Sen achega económica

15.11.2011

Acordo de intencións entre a Consellería e Economía e Industria, a Consellería de Sanidade, a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia para a revisión da lexislación en materia termal.

Sen achega económica

15.11.2011

Convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para o máster en Mediación para Formación de Mediadores.

9.600,00

22.7.2011

Convenio-addenda III ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento do Plan integral de eficiencia enerxética do Servizo Galego de Saúde.

Sen achega económica

16.11.2011

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Complexo Hospitalario de Ourense) e a Fundación Dorzan.

Sen achega económica

7.11.2011

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Servizo Galego de Saúde para a execución do Proxecto Innova-Saúde.

13.524.136,71 (plurianual)

28.11.2011

Convenio entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Servizo Galego de Saúde para a execución do proxecto Hospital 2050.

13.545.135,86 (plurianual)

28.11.2011

Addenda ao concerto para a prestación farmacéutica polas oficina de farmacia do 25 de setembro de 2009 entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia.

Sen achega económica

16.12.2011

Acordo entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia sobre colaboración na execución da prestación farmacéutica.

Sen achega económica

16.12.2011

Prórroga para o ano 2012 do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión da Dirección Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e a Consellería de Sanidade para a prestación de funcións de asesoramento e informe.

Sen achega económica

16.12.2011

Addenda IV, pola que se modifica o convenio-addenda III ao Acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento do plan integral de eficiencia enerxética do Servizo Galego de Saúde.

Sen achega económica

27.12.2011

Protocolo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE).

Sen achega económica

27.12.2011

Convenio específico para o ano 2011 do protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de decembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Sen achega económica

28.12.2011