Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo) e non excedendo o número de recursos presentados os límites establecidos legalmente, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisoria dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 31 de xaneiro de 2012, para todo tipo de cultivos, agás para as árbores que será o 30 de setembro de 2012. A dita toma de posesión é obrigatoria para todas as persoas interesadas e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún/algunha propietario/a non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Segundo establece o artigo 46 da Lei do 14 de agosto de 1985, de concentración parcelaria para Galicia, as persoas interesadas poderán reclamar, ante esta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla n.º 70-1.º baixo de Lugo, xuntando ditame pericial, sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais, contados desde o 1 de febreiro de 2012.

Así mesmo, comunícase que a posesión dos predios de substitución outorga ás persoas que no acordo de concentración figuren como adxudicatarias os medios de defensa establecidos nas leis.

En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a persoa achegante e a adxudicataria. No caso contrario, poderán ser retiradas polos/as propietarios/as das parcelas de contribución tendo como data límite o 30 de setembro de 2012, logo da petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de seren especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ao/á propietario/a do novo predio.

Lugo, 21 de decembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo