Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2012 Páx. 4179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Troáns-sector II (Cuntis-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, notifícaselles aos propietarios da relación que se achega, cuxo domicilio é descoñecido ou porque, intentada a notificación polo servizo de Correos, esta non se puido practicar, na concentración parcelaria da zona de Troáns-sector II (Cuntis-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 302/1995, do 16 de novembro (DOG n.º 228, do 28 de novembro) e posteriormente dividida polo Decreto 249/1998, do 10 de setembro (DOG n.º 184, do 22 de setembro), o seguinte:

Primeiro. A xunta local da zona de Troáns-sector II, na súa reunión do día 20 de xullo de 2011, aprobou as bases definitivas da dita zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado das alegacións presentadas.

Segundo. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Cuntis-Pontevedra e nos lugares de costume da zona durante o período de interposición de recursos, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Terceiro. Contra estas bases, os interesados poderán interpoñer por si mesmos ou por representación recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os recursos poderanse presentar no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra –sito na rúa Fernández Ladreda, 43–, no Rexistro Xeral da Consellería do Medio Rural –sito no edificio administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela–, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 22 de decembro de 2011.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

N.º propietario

Nome e apelidos

14

Eva María Barros Aguiran

14

Manuel Ramón Barros Aguiran

44

Mario Camiña Iglesias

44

Sandra Camiña Iglesias

47

Antonio Campaño Fojo

79

Juan Castro Búa

134

Antonio Ferro Aboy

135

Isabel Ferro Aboy

138

José Manuel Fojo Martínez

141

José Manuel Fojo Rivas

146

Benjamín Folgar Blanco

146

María Luisa Folgar Martínez

168

Manuel Fontenla Iglesias

171

Celsa Fontenla Suárez

192

Luciano García Ojea

194

Luciano García Ojea

195

Maximina Gil Gómez

216

María Elena González García

235

María del Pilar Hervés Ferro

254

María de la Paz Mahía Iglesias

265

José Luis Méndez Búa

266

José Luis Méndez Búa

282

María Esther Monteagudo Touriño

407

María Isabel Martínez Folgar

421

Francisco Folgar Blanco

445

Bernarda Martínez Folgar

446

María Elena González Ares

454

Dolores Campaño Fojo

455

Pablo Gómez Ferro

457

Manuel Fontenla Iglesias

506

Sergio Martínez Gómez

531

Ana María González da Luna