Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

EDICTO de solicitude de licenza municipal para a construción dunha caseta destinada a almacén de biocidas e produtos para tratamento de augas.

Vázquez Arias, S.L. solicitou neste concello licenza municipal para a construción dunha caseta destinada a almacén de biocidas e produtos para tratamento de augas na rúa Milladoiro, n.º 24, finca Fierro.

Exponse ao público este edicto durante o prazo de 20 días, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello –desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– e formular as alegación ou observacións que coiden oportunas.

Barbadás, 22 de decembro de 2011.

O alcalde
Rubricado