Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración, mediante arrendamento con opción de compra, dun sistema de información para o Servizo de Mantemento nos distintos centros do Complexo Hospitalario de Pontevedra e as súas futuras ampliacións (AB-CHP1-11-022).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-CHP1-11-022.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto de servizos e subministración.

b) Descrición: subministración, mediante arrendamento con opción de compra, dun sistema de información para o Servizo de Mantemento nos distintos centros do Complexo Hospitalario de Pontevedra e as súas futuras ampliacións en relación coa Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, así como o seu servizo de implantación, mantemento e soporte.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72267100-0; 48420000-8.

e) Medio da publicación do anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 3.10.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 62.525,42 euros.

5. Orzamento base da licitación.

a) Importe neto: 60.000 euros.

b) Importe total: 70.800 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2011.

c) Contratista: Estudios Mega, S.L. (CIF: B36964542).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 54.000 euros.

Importe total: 63.720 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 13 de decembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés