Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro que se cita (número 5.229 Cabrera), sito no concello de Baños de Molgas (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.229.

Nome: Cabrera.

Tipo de dereito: permiso de investigación

Peticionario: Cabrera y Trigo, S.L.

Enderezo: poligono 2, bloque 5-3.º D, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 1.

Recursos: recurso de sección C (rocha ornamental).

Concellos: Baños de Molgas (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

7º 42’ 00”

42º 12’ 00”

2

7º 41’ 40”

42º 12’ 00”

3

7º 41’ 40”

42º 11’ 40”

4

7º 42’ 00”

42º 11’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense