Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2012 Páx. 4016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica nos concellos de Narón e San Sadurniño (expediente IN407A 2010/179).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Domicilio social: Vista Alegre, Doso, 15577 Narón.

Denominación: L.M.T. do C.T. Naveira a C.T. Marqués de Figueroa.

Situación: concellos de Narón e San Sadurniño.

Características técnicas: reforma L.M.T. aérea a 15/20 kV de 2.948 m de lonxitude, en condutor LA-110 cuberto, que parte do C.T. Nabeiras no concello de Narón e final no C.T. avda. de Marqués de Figueroa. Concello de San Sadurniño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña